P2022103 - Xerontoloxía Clínica I (Módulo Obrigatorio Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enfermaría
- Áreas: Enfermaría
- Centro: Facultade de Enfermaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO propósito básico é a capacitación do alumno tanto científica como técnica e humanitariamente para o adecuado desempeño das súas funcións. Os obxectivos xerais deberán ir dirixidos cara a formación que contemple ao paciente xeriátrico, no seu entorno, seguindo unha cadea que empece nos cambios morfolóxicos, psicolóxicos e funcionais causados polo avellentamento, que continúe ca prevención e o manexo das distintas situacións de enfermidade e incapacidade e que remate ca actuación interdisciplinar nos distintos niveis asistenciais.
Os obxectivos describen de forma concreta o que o alumno debe coñecer despois do aprendizaxe, o que denominamos coñecementos, o que o alumno debe saber facer, obxectivos procedimentales, e os obxectivos actitudinais que fan referencia a actitude con que se abordan determinadas situacións, saber ser, saber estar, valorar.
Deben posuir unha serie de características como as de ser pertinentes, precisos, realizables, lóxicos e observables.
ContidosO programa que se propón nesta guía docente toma como referencia o programa existente na titulación de Xerontoloxía. Este programa inclúe 16 temas que se reparten da seguinte forma:
Lección 1.- Xerontoloxía. Introducción. A xerontoloxía como novo xacemento ocupacional. Xerontoloxía clínica A multidisciplinariedade na asistencia xerontolóxica. Datos de interese xerontolóxico. Niveles de benestar.
Lección 2.- Concepto de saúde no ancián. Influencia dos hábitos hixiénico -dietéticos. Datos morfolóxicos e funcionais do avellentamento. Saúde e avellentamento. Características da lonxevidade.
Lección 3.- Limitacións das capacidades do ancián. Recursos humanos e asistenciais. Servicios directos e indirectos. N.A.E. Xerontolóxico. Valoración do ancián. Programas de avaliación xerontolóxica.
Lección 4.- A comunicación e interacción en xerontoloxía. Fases de interrelación: comunicación dos profesionais co ancián. Linguaxe verbal e non verbal. Niveles habilidades e técnicas de conversación xerontolóxicas
Lección 5.- Grandes síndromes xeriátricos: Etioloxía. Patoloxía. Cadro clínico. Síntomas e signos. Terapéutica e Educación para a Saúde. Economía da atención sociosanitaria.
Lección 6.- Deterioro cognitivo. Valoración neurolóxica do paciente ancián. Principais alteracións neurolóxicas do paciente ancián. Repercusións sociofamiliares.
Lección 7.- Demencias. Clasificación. Epidemioloxía. Outras demencias. Repercusións sociofamiliares. Centros sociosanitarios específicos.
Lección 8.- Trastornos do estado de ánimo do ancián. Clasificación. Prevención. Factores de risco. Suicidio. Factores de risco. Plans de actuación.
Lección 9.- O sono. Trastorno do sono. Importancia do sono. Hábitos saudables. Implicación no ciclo de actividades cotidiás.
Lección 10.- Sistema nervioso. Alteracións do sistema nervioso máis frecuentes nos anciáns.
Lección 11.- O dolor. Natureza e características do dolor. Fisiopatoloxía do dolor. Aspectos psicolóxicos do dolor. Abordaxe multidisciplinar do dolor. Planes de actuación. Influencia do apoio social.
Lección 12.- Alteracións dos órganos dos sentidos. Saúde bucal. Alteracións do tacto, gusto e olfacto na vellez. Alteracións da visión e auditivas máis frecuentes no ancián. Repercusións sobre a calidade de vida do paciente maior.
Lección 13.- Aparato cardiovascular: factores de risco. Fisiopatoloxía das doenzas cardiovasculares máis frecuentes no ancián. Insuficiencia cardíaca do ancián. Implicacións asistenciais. Recursos sociosanitarios.
Lección 14.- Aparato respiratorio. Factores de risco. Fisiopatoloxía das doenzas respiratorias máis frecuentes no ancián. Implicacións asistenciais. Xestión de recursos.
Lección 15.- Aparato dixestivo. Factores de risco. Fisiopatoloxía das doenzas dixestivas máis frecuentes no ancián. Implicacións na asistencia sociosanitaria. Dietas, adherencia ao tratamento.
Lección 16.- Estreñimento e incontinencia fecal. Prevención. Repercusións. Implicacións socioeconómicas.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Mayan Santos JM y otros. Gerontología Clínica. Ediciones SEGA. I.S.B.N. 84-607-7397-3, 2003
Bibliografía complementaria:
Abrams W B y Cols. El Manual de Merck de Geriatría. Barcelona. Ed. Doyma. 1992
Alarcón MT. Gerontología 1993. Barcelona. Ediciones Científicas y técnicas. 1992
Alberto Salgado Alba. Tratado de Geriatría y Asistencia Geriátrica. Salvat
Alsina. Atlas práctico médico general. Nefrología, urología. 1988
Arbelo A. Demografía sanitaria de la ancianidad. Madrid. Ministerio de Sanidad y Consumo. 1989
Arguabella y cols. Análisis de las necesidades de personas adultas con grave discapacidad. Instituto Nacional de Servicios Sociales. 1996
Arroyo MP, Serrano A. Ética y Legislación en Enfermería. Madrid. Ed Interamericana. 1987
Barber A. Ponz F. Principios de Fisiología Animal. Ed. Síntesis 1998
Bazo MT. La ancianidad del futuro. Barcelona. Ed. SG. 1992
Bekding S. Cuidados geriátricos en enfermería. Barcelona. Ed. Doyma. 1987
Belsky JK. Psicología del envejecimiento: teoría, investigaciones e intervenciones. Barcelona. Masson. 1996
Bock CD, Simpson WM. ¿Demencia, depresión o reacción de duelo?. Burns Cape R. Geriatría. Salvat. 1982
Carnevali D y cols. Tratado de geriatría y gerontología. México. Ed Interamericnaa. 1992
Carstensen, Edelstein. Gerontología clínica. El envejecimiento y sus trastornos. Ed. Martínez Roca SA 1989
Cruz Jentoft AJ. Síndromes geriátricos específicos. 1996
De Nicola P. Fundamentos de gerontología y geriatría. Barcelona. JIMS. 1978
De Nicola P. Geriatría. El manual moderno. México. Interamericana. 1992
Fernández A y cols. Aspectos actuales del envejecimiento normal y patológico. Madrid Ela. 1990
Fernández Ballesteros R. Calidad de vida en la vejez en distintos contextos. 1996
Forbes. Atlas de medicina interna. 1999
Friedman HH. Manual de diagnóstico médico (3ª edición) Edit. Salvat. Barcelona 1989
Fundación Mapfre medicina. Actualización clínica: El dolor crónico y los diversos profesionales implicados en su asistencia. Ed Mapfre 2000
García M. Y cols. Enfermería geriátrica. Barcelona. Masson-Salvat. 1992
Garther. Atlas color de la histología. 1995
González merlo. Atlas práctico médico general: Ginecología, 1983
Guillén F, Pérez del Molino J. Síndromes y cuidados en el paciente geriátrico. Barcelona Masson 1994
Guyton. Tratado de Fisiología Médica. McGraw Hill. Interamericana de España 1995
Hall. Atlas a color de endocrinología
Hayflick L. Biología celular y bases del envejecimiento humano. Barcelona. Martínez Roca. 1989 Pp 15-30
Hurst. Atlas del corazón. 1989
Isadore Rossman. Geriatría clínica. Salvat 1974
Jiménez C, Sepúlveda D. El paciente anciano. Madrid. McGraw-Hill 1998
Jiménez Herrero F. Gerontología. Barcelona. Masson-Salvat 1992
Jiménez Herrero F. Iniciación en geriatría y gerontología I. Ferrer Internacional SA. 1981
Juncos O. Lenguaje y envejecimiento. Bases para la intervención. Barcelona. Masson. 1998
Kamal A. Ilustraciones diagnósticas en medicina geriátrica. Buenos Aires. Ed. Interamericana 1991
Kane R. Evaluación de las necesidades en los ancianos. Barcelona. SG editores 1993
Kane R. Geriatria clínica, 1997
Langarica R. Gerontología y geriatría. México. Nueva editorial Interamericana. 1987
Leblanc, A. Atlas de órganos de la audición y el equilibrio. Guía práctica. 1998
Los segundos 50 años. Barcelona. Ed Ancora SA 1992
Mace, Ravins V. 36 horas al día. Guía para los familiares de los pacientes de Alzheimer. Barcelona. Ancora. 1990.
Manual de patología general. Etiología. Fisiepatología. Semiología. Sindromes..Ediciones Científicas y Técnicas S.A. Barcelona. 1993. (reimpresión 1996).
Marriner A. El proceso de atención de enfermería. México. El Manual Moderno. 1983.
Martín A, Gambrill EC. Geriatría. Madrid. Aula médica. Saned. 1989.
Martín Martín F. Medicina Interna en el Paciente Geriátrico. Saned S.A. Ed. Volúmenes 1 y 11. 1989
Norman Exton-Smith-Marc E. Weksler. Tratado de geriatría. JIMS. 1987.
Paola S. Trmiras. Bases Fisiológicas del Envejecimiento y Geriatría. Masson, S.1997.
Pathy M.S.J. Principios y práctica de la medicina geriátrica I y II. Ed. CEA Madrid-Barcelona. 1988.
Pathy M.S.J. Principios y práctica de la medicina geriátrica III yIV.Ed.CEA S.A.Madrid-Barcelona. 1989.
Pathy M. S.J. Principios y práctica de la medicina geriátrica V yVI. Ed.CEA S.A.Madrid-Barcelona. 1990.
Pérez Melero, A. Guía de cuidados de personas mayores. 2000.
Perlado Fernando. Teoría y Práctica de la Geriatría. Ed. Díaz de Santos. 1995.
Pichot Pierre et als. DSM-IV. Barcelona. Masson. 1995.
Piedrola G y cols. Medicina preventiva y salud pública. Barcelona.Ediciones Científicas y Técnicas. 199 1.
Polaino A. La depresión. Barcelona. Ed. Martínez Roca. 1985.
Reichart. Atlas de patología oral. 2000.
Ribera Casado, Gil Gregorio. Factores de riesgo en la patología geriátrica. 1996.
Ribera JM y cols. Enfermería geriátrica. Madrid. Idepsa. 1991
Ribera JM, Cruz AJ. Geriatría. Barcelona. Uriach. 1991.
Rodríguez R. Geriatría. 2000
Rodríguez Rodríguez P. Personas mayores en España. Instituto Nacional de Servicios Sociales, 1996
Rodríguez Rodríguez, P. Residencias para personas maiores. 2000.
Rozadilla. Atlas de reumatología del adulto. 1993.
Ruipérez, Baztán, Jiménez, Sepúlveda. El paciente anciano.50 casos clínicos. McGraw-Hill Interamer.Madrid. 1998.
Salgado A, Guillén F. Manual de geriatría. Barcelona. Masson-Salvat. 1994.
Salgado A. Valoración del paciente anciano. Barcelona. Masson. 1993.
Salgado Alba A, Guillén F, Díaz de la Peña J. Tratado de geriatría y asistencia geriátríca. Salvat. 1986.
Selmes J, Selines M. Vivir con la enfermedad de Alzheimer. Madrid. Meditor. 1990.
Serna, P.Manual de psicogeriatría clínica.2000.
Shapiro.Atlas en color de insuficiencia cardíaca. 1992.
Subhash C. Bhatnagar. Orlando J. Andy.Neurociencia para el Estudio de las Alteraciones de la Comunicación. Barcelona. Masson. 1997.
Tasman. Atlas de oftalmología clínica (The Wills Eye Hospital). 1998.
Trastornos del sueño e insomnio en el anciano. 1998.
Williams. Atlas de enfermedades del riñón. 1973.
Wilson PauweIs/Akesson/Steward. Nervios Craneanos. Anatomía Clínica. Ed. Médica Panamericana.
Wirhed. Atlas de anatomía del movimiento. 1986.
Atouroff. Atlas de signos fisicos en medicina general. 1997.
Ziegler. Atlas de endoscopia digestiva. 1993.
CompetenciasNesta materia o alumno adquirirá unha serie de competencia xenéricas, desexable en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da xerontoloxía. Dentro do cadro de competencias, destacamos as seguintes:
Xerais:
1.- Recoñecer a repercusión que está ocasionando o aumento da poboación ancián.
2.- Describir as características xerais do proceso do avellentamento no ser humano, identificando as consecuencias que ten sobre os aspectos físicos, psíquicos e sociais.
3.- Coñecer ao ancián san, identificando os cambios fisiolóxicos, psicolóxicos e funcionais que ocorren durante o proceso do avellentamento.
4.- Distinguir cáles son as peculiaridades das doenzas nos anciáns.
5.- Comprender os factores desencadeantes das diversas patoloxías.
6.- Interpretar e valorar os signos e síntomas que presente o paciente.
7.- Integrar os coñecementos adquiridos noutras áreas.
8.- Adquisición de coñecementos tendentes a adopción de medidas preventivas e rehabilitadoras.
9.- Colaborar na educación e ensinanza ao paciente, familia e comunidade.
Específicas:
1.-Coñecer o concepto e diferenciar xerontoloxía, xeriatría e xerontoloxía clínica.
2.- Valorar a importancia da Xerontoloxía Clínica como novo recurso ocupacional.
3.- Recoñecer os factores que están condicionando o avellentamento poboacional.
4.- Diferenciar os conceptos de saúde e doenza.
5.- Coñecemento dos grandes síndromes xeriátricos.
6.- Coñecer e describir os cambios psicolóxicos que acontecen no proceso do avellentamento.
7.- Factores que interveñen na satisfacción da necesidade de descanso e sono.
8.- Definir cada unha das doenzas mentais.
9.- Coñecer e describir os cambios biolóxicos e funcionais, que se producen no proceso do avellentamento.
10.- Coñecer e describir as doenzas que afectan a cada uno dos aparatos e sistemas de maior prevalencia nos anciáns tendo en conta as incapacidades que producen.
Metodoloxía da ensinanza As propostas na metodoloxía da ensinanza-aprendizaxe deberían incluír situacións interactivas nas que o coñecemento dos alumnos se contraste cos feitos permitindo a construcción de conceptos máis avanzados, sendo moi importante a reflexión sobre a propia práctica docente. A metodoloxía a utilizar sería a clase maxistral na que o profesor diserta sobre un tema teórico e os alumnos son, fundamentalmente, receptores da información emitida. O profesor utiliza unha linguaxe verbal pero tamén un linguaxe non verbal, o que implica que ademais de contidos, ideas, reflexións ou conceptos transmite tamén actitudes, sentimentos, opinións e dúbidas. Os alumnos responden na súa actitude física e mental, interactuando co profesor, indicando o seu grado de comprensión, de recepción da mensaxe, de interese. Esta resposta retroalimenta a actuación do profesor, é dicir, a súa motivación, dedicación e rendemento.
A clase maxistral é un método adecuado para transmitir moitos contidos teóricos a un número elevado de alumnos nun tempo corto. Ademais, pode ser facilmente acompañada de outros medios audiovisuais, técnicos ou seminarios e prácticas.
Tamén é convinte utilizar formas alternativas de docencia na aula, é dicir, sesións de clase dedicadas a discusión de temas , resolución de dúbidas, realización de exercicios ou cuestionarios sobre un determinado tema, exposición oral de traballos realizados polos alumnos. É unha actividade interesante que, en determinadas ocasións a o largo do curso se plantexa como necesaria aínda que está fortemente limitada pola dispoñibilidade de tempo.
Ademais entraría dentro da docencia alternativa a sesión previa a as datas de exame ónde o alumno xa ten estudiado a materia e centra os puntos básicos desta mediante a resolución de dúbidas. Se se pode completar esta sesión con outra posterior na que se expliquen as respostas do exame, se reforza o aprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA xerontoloxía clínica é unha materia teórico-práctica. As prácticas son un reforzo da parte teórica que esixe unha planificación e preparación meticulosa da secuencia de actividades que se van desenvolver. A ensinanza práctica permite e obriga aos alumnos a realizar algo por si mesmos no canto de seren simples espectadores, ao mesmo tempo que complementa a lección teórica máis pasiva.
A avaliación é un proceso sistemático e multidimensional de recollida de información, mediante instrumentos válidos e fiables, ca finalidade de mellorar os procesos de ensinanza-aprendizaxe.
Realizarase un exame final da materia, de acordo co temario presentado, nas datas e aulas fixadas ao efecto pola Xunta de Facultade.
A avaliación personalizada da asistencia e a corrección das libretas de prácticas completa o proceso e permite aquilatar a cualificación final.