Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

P2022104 - Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía (Módulo Obrigatorio Común) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES.NON
FACAL MAYO, DAVID.NON
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE.NON
REY MENDEZ, MANUEL.SI
REY MENDEZ, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta asignatura abordará a metodoloxía da investigación aplicada á Xerontoloxía para poder resolver problemas da disciplina, obtendo resultados válidos e fiables. Comprenderá dúas partes principais, a investigación (metodoloxía e manexo de instrumentos, técnicas, deseño, etc.) e a documentación (artigos, presentación e redacción de traballos, xestión de citas bibliográficas, etc.)
    Contidos
    PARTE I. DOCUMENTACIÓN EN XERONTOLOXÍA. FORMAS DE COMUNICACIÓN CIENTÍFICA
    Tema 1. Documentación científica
    1.1 Tipos de documentación científica
    1.2 Factor de impacto
    1.3 Bases de dados e revistas electrónicas
    1.4 Internet

    Tema 2. O artigo científico
    2.1 Cómo escribir un artigo científico
    2.2 Estilo Vancouver/APA
    2.3 Recomendacións xerais para a publicación de orixinais
    2.4 Requisitos comúns das revistas biomédicas
    2.5 Referencias bibliográficas
    2.6 Citas electrónicas

    Tema 3. Outras formas de diseminación da investigación
    3.1 Presentación de resultados: ponencias e pósteres en eventos científicos. Comunicación oral e/ou escrita
    3.2 Técnicas e habilidades de presentación de resultados

    PARTE II. A INVESTIGACIÓN EN XERONTOLOXÍA
    Tema 4. A investigación científica
    4.1 Conceptos e fundamentos
    4.2 Informes propios: Caracterización e soportes. Caderno de laboratorio. Informes. Rexistro de material
    4.3 Metodoloxía científica
    4.4 Epidemioloxía
    4.5 Tipos de investigación
    4.6 Técnicas para a recollida de datos
    4.7 Tamaño da mostra

    Tema 5. Deseño da investigación
    5.1 Etapas do traballo científico: Identificación do problema, formulación de hipóteses
    5.2 Variables e probas estatísticas para o análise dunha investigación
    5.3 Determinación de factores de risco da enfermidade
    5.4 A investigación en Xerontoloxía
    5.5 O doutorado
    5.6 Financiamento de proxectos

    Bibliografía básica e complementaria
    -American Psychological Association (2006). Manual de estilo de publicaciones de la APA (adaptado para el español). México: El Manual Moderno.

    -Burgos Rodríguez, R. (1998). Metodología de investigación y escritura científica en clínica. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública.

    -Carrasco, J.L. (1995). El método estadístico en la investigación médica. Madrid: Ciencia 3.

    -Domenech, J.M. (1999). Métodos estadísticos en ciencias de la salud. Barcelona: Signo.

    -García Roldán, J.L. (1995). Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante: Universidad de Alicante.

    -Hulley, S.B. & Cummings, S.R. (1993). Diseño de la investigación clínica-un enfoque epidemiológico. Barcelona: Doyma.

    - Lodeiros Seijo, C. (2002). Manual práctico para la redacción y crítica de un artículo científico. Venezuela: Ediciones UDO / Fundacite Anzoategui.
    -Millán Calenti, J.C. (2006). Principios de Gerontología y Geriatría. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.

    -Mira, J.J., Gómez, J., Aranaz, J. & Pérez, E. (1998). Auditoría de historias clínicas: ¿cuál es el tamaño adecuado de la muestra? Todo Hospital, 140: 58-64.

    -Pita, S. (actualizado el 29 de marzo de 2009). Metodología de la investigación. Disponible en: http://www.fisterra.com/mbe/investiga/index.asp

    -Rius, F. & Barón, F.J. (2005). Bioestadística. Madrid: Thomson.

    -Sentís, J., Pardell, H., Cobo, E. & Canela, J. (2003). Manual de bioestadística (3ª ed.). Barcelona: Masson.


    Competencias
    - Comprender os aspectos metodolóxicos a seguir no plantexamento e desenvolvemento da investigación en Xerontoloxía.
    - Aplicar dito coñecemento na investigación en Xerontoloxía, utilización de técnicas estatísticas, deseño de experimentos, etc.
    - Razoar cientificamente traballos do área de Xerontoloxía, sendo capaces de discutir a información, interactuar e sacar conclusións, presentando informes e traballos concluintes.
    - Comunicar de forma científica, coñecementos do área de Xerontoloxía en todos os ámbitos, docentes, sociais, de investigación, de forma escrita, oral ou visual en artigos científicos, seminarios, congresos, ponencias, clases maxistrais.
    - Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudios e investigacións no área da Xerontoloxía, con capacidade para deseñar e estruturar un traballo de investigación

    Metodoloxía da ensinanza
    Sesión maxistral
    Impartición da parte teórica da materia con axuda de medios audiovisuais e facilitando posteriormente os contidos impartidos a través dunha plataforma de teleformación. Paralelamente a ditas sesións abriranse foros de discusión na dita plataforma

    Discusión dirixida
    Os/as alumnos/as deberán ler artigos referentes á teoría impartida nas clases maxistrais para posteriormente organizar discusións grupais e moderadas polo profesor

    Presentación oral
    Os/as alumnos/as deberán presentar un traballo oralmente, de temática relacionada cas competencias da asignatura e novedoso, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación

    Prácticas de laboratorio
    No laboratorio de informática da facultade impartiránse clases de apoio para formar ao alumno/a na metodoloxía da investigación, principalmente en aqueles programas informáticos necesarios para realizar os seus traballos e na busca de información en bases de dados científicas

    Recensión bilbiográfica
    Os/as alumnos/as deberán ler artigos que o profesor lles facilitará mediante a plataforma de teleformación e presentarán unha breve recensión sobre o mesmo ou cubrirán un cuestionario de avaliación

    Seminario
    Impartiranse seminarios de apoio ás clases maxistrais para completar e mellorar a comprensión da docencia impartida nas sesións maxistrais

    Traballos tutelados
    O/a alumno/a deberá realizar un traballo de investigación tutelado durante o curso. O profesor avaliará e realizará un seguimento continuo de dito traballo propoñendo as melloras que o/a alumno/a ten que facer para poder entregar un traballo apto.

    Solución de problemas
    O profesor responsable da asignatura estará dispoñible para o/a alumno/a axudando a resolver aqueles problemas e/ou dúbidas que aparezan na realización das actividades propostas

    Proba de resposta múltiple
    A través da plataforma de teleformación, o/a alumno/a deberá completar exercicios que o profesor propoñerá en base á docencia impartida. Ditos exercicios serán de tipo test, preguntas cortas ou longas

    Proba obxectiva
    Ao finalizar a asignatura, o/a alumno/a pode presentarse a unha proba final, exame, para avalialo da docencia impartida ao longo do curso
    Sistema de evaluación
    Asistencia a clases e seminarios
    O/a alumno/a deberá asistir ás clases e seminarios propostos. En caso de que o/a alumno/a teña mais de 3 faltas, deberá facer un traballo de investigación mais extenso: menos ou igual de 3 faltas- 20 citas; 4- 6 faltas: 40-citas; 7-9 faltas: 60 citas; +10 faltas: 80 citas. Darase un 10% da nota final a aqueles/as alumnos/as con 3 ou menos faltas.

    Presentación oral
    O/a alumno/a deberá realizar unha presentación oral dun traballo de investigación en formato póster. Esta presentación terá un valor do 30% sobre a nota final total, avaliando a organización e información, pronunciación e entoación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas

    Prácticas de laboratorio
    O/a alumno/a deberá asistir ás prácticas de laboratorio impartidas, valorándose especialmente a asistencia ás mesmas dentro do apartado xeral de asistencias a clases e seminarios.

    Traballos tutelados
    O/a alumno/a, ao finalizar o curso deberá entregar un traballo de investigación ou de revisión bibliográfica de alta calidade, avaliándose a estrutura e forma do mesmo, o uso de traballos científicos relevantes (mínimo de 20 referencias bibliográficas, das cales ao menos o 80% serán en inglés) e a calidade e innovación do tema proposto. Este traballo terá un valor do 50% sobre a nota final total.

    Proba de resposta múltiple
    O/a alumno/a deberá realizar obrigatoriamente exercicios relacionados coa docencia impartida no curso. Estes exercicios terán unha valoración dun 10% sobre a nota final total.

    Proba obxectiva
    En caso necesario (por non superar o/a alumno/a a asignatura mediante os sistemas de avaliación anteriores, ou en caso de querer mellorar a nota final), realizarase un exame global da asignatura

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Dado que é unha asignatura eminentemente práctica, donde a superación da mesma está ligada ao uso correcto da información recibida na presentación de traballos de investigación, o traballo persoal do/a alumno/alumna é unha parte fundamental da avaliación da mesma, supoñendo un número de horas (mínimo) similar ás horas presenciais no aula. A atención persoalizada ao alumno/a axudará a completar de forma individualizada a súa formación, principalmente na utilización das bases de dados científicas necesarias para a realización dos traballos tutelados, a realización e discusión das probas propostas durante o curso, así como do exame e dos comentarios de texto a presentar. No caso dos traballos tutelados esta atención cobra especial relevancia para que o/a alumno/a poda entregar un traballo apto para superar a asignatura.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Libros e manuais adaptados á materia e outras referencias bibliográficas, medios informáticos e medios audiovisuais

    Observacións
    O traballo tutelado, é dicir, o 50% da nota total da asignatura, poderá convalidarse no caso de que o/a alumno/a preparara un artigo científico para publicar nunha revista de prestixio ou ben xa o teña publicado.