Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

P2022105 - Traballo Fin de Máster (Módulo de Actividades Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 15.00
  • Total: 15.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 105.00
  • Horas de Titorías: 360.00
  • Total: 465.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Común, Economía Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Enfermaría, Ciencias Morfolóxicas
  • Áreas: Dereito Civil, Economía Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Teoría e Historia da Educación, Enfermaría, Anatomía e Embrioloxía Humana
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FACAL MAYO, DAVID.NON
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION.NON
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER.NON
QUINTANS RODRIGUEZ, MAXIMINO.NON
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Iniciarse na investigación por medio de un traballo que, mediante o uso da metodoloxía de investigación pertinente, responda ao análise conceptual, ao coñecemento do estado actual da cuestión plantexada e á posibilidade de formular preguntas, hipóteses ou cuestións que abran líñas de investigación futura de valor para a tese de doutoramento ou para a profesión xerontolóxica.
    Contidos
    Os contidos do traballo fin de master vincularanse ás temáticas das lineas de investigación desenvolvidas por cada un dos grupos que participan no mesmo.
    Bibliografía básica e complementaria
    Será a que lle recomende a cada alumno o traballo, en función do tema ou dos temas elixidos.
    Competencias
    Procurarase que o alumnado logre:
    - Desenvolver a capacidade de aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos do campo xerontóloxico e da pedagoxía xerontolóxica.
    - Fomentar destrezas e habilidades para desenvolver e validar modelos de investigación no ámbito da xerontoloxía
    - Aplicar procedementos metodológicos na investigación xerontolóxica
    - Intervir desde as perspectivas da Pedagogía Gerontológica a favor do colectivo dos maiores en diversos ámbitos: servizos sociais, educativos, culturais e tempo libre, participación comunitaria, satisfacción de necesidades económicas etc.

    O alumnado atoparase facultado para:
    - Afianzarse no dominio das tarefas de detección documental, consulta de fontes, provisión de datos e tratamento da información no área socio-histórico-educativa da xerontoloxía.
    - Deseñar e desenvolver un modelo de investigación aplicado a unha temática definida de carácter xerontolóxico.
    - Elaborar un modelo de actuación destinado a ser implementado nun centro ou residencia de maiores.
    - Dominar a construción de instrumentos asociados coas técnicas de investigación básica no enfoque cualitativo: caderno de campo, deseño de protocolos e realización de entrevistas, observación.
    - Establecer pautas de planificación no marco das políticas socio- educativas relacionadas coa xerontoloxía.
    - Planificar e acompañar procesos participativos de acción congruentes coa perspectiva do desenvolvemento integral das persoas maiores e comunidades en que se insertan.

    Metodoloxía da ensinanza
    A precisar polos titores encargados da súa dirección, de acordo coas directrices xerais establecidas pola USC
    Sistema de evaluación
    O fixado pola universidade para os tribunais encargados de avaliar estes traballos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES FORMATIVAS E TRABALLO DO ALUMNO HORAS

    Titorias obrigatorias 40
    Deseño do traballo e elaboración de instrumentos 30
    Procura bibliográfica e documental 50
    Recollida de datos 50
    Análises e tratamento da información 90
    Redacción do informe 100
    Defensa do traballo 15
    TOTAL 375

    Observacións
    En relación á presentación dos traballos, deberáse ter en conta as seguintes indicacións, relacionadas coa responsabilidade medioambiental:

    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grapas e pegado en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.