Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

P2022106 - Prácticum (Prácticas Externas) (Módulo de Actividades Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 15.00
  • Total: 15.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 60.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Común, Economía Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Enfermaría, Ciencias Morfolóxicas
  • Áreas: Dereito Civil, Economía Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Teoría e Historia da Educación, Enfermaría, Anatomía e Embrioloxía Humana
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FACAL MAYO, DAVID.NON
GANDOY CREGO, MANUEL.SI
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION.NON
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER.NON
QUINTANS RODRIGUEZ, MAXIMINO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Identificar e coñecer a asistencia ao maior prestada a través dos diversos niveis asistenciais.
    - Favorecer o coñecemento da organización en canto a planificación e xestión da mesma.
    - Afondar no coñecemento das realidades sociais e institucionais que configuran a profesión xerontolóxica: persoas, centros, servizos, programas, ámbitos de intervención, problemáticas, metodoloxías, etc., de maneira directa e participante.
    - Ampliar os coñecementos, habilidades e destrezas adquiridas na formación teórica do máster co fin de acadar mellores e máis axustados niveis de cualificación teórica, técnica e profesional.



    Contidos
    - Observación e análise das realidades sociais e institucionais que configuran as institucións especializadas en práctica xerontolóxica
    - Organizacións e relacións laborais da súa familia profesional.
    - Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas ou proxectos de intervención.
    - Procesos de inserción profesional.

    Bibliografía básica e complementaria
    Castillo, S. e Cabrerizo, J. (2006). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: agentes y ámbitos. Madrid: Pearson Educación.
    García Herrero, G. A. e Ramírez, J. M. (2002). Diseño y evaluación de Proyectos sociales. 3ªed. Zaragoza: Libros Certeza.
    Gavari, E. (Coord.) (2007). Estrategias para la intervención educativa: Practicum. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.
    Santibáñez, R. e Montero, D. (Coords.) (1998). Practicum de Educación. Materiales de trabajo. Cuadernos monográficos del ICE. Nº 8. Bilbao: Universidad de Deusto.

    A bibliografía ampliarase e concretarase durante o desenvolvemento da materia.
    Competencias
    Prácticum contribúe á adquisición e desenvolvemento das competencias profesionais propias do título:

    - Desenvolvemento do saber facer baseado na inserción preprofesional en contextos reais de xerontoloxía.
    - Saber ser e estar nun escenario de traballo institucional ou privado de atención aos maiores.
    - Ser capaces de desenvolver un traballo en equipos de carácter interdisciplinar, de acordo coas tarefas e funcións propias.
    - Ser capaces de tomar decisións a partir da análise das necesidades e/ou demandas da realidade na que se desenvolve o Prácticum.
    - Ser capaces de deseñar unha Proposta de Intervención Sociopedagóxica.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Explicacións ao alumnado por parte do/a coordinador/a e dos/as supervisores/as sobre o proceso, desenvolvemento e institucións nas que se vai facer a experiencia preprofesional que supón as Prácticas Externas do Master de Xerontoloxía.
    - Contacto e coordinación entre o/a supervisor/a e o/a titor/a na institución.
    - Estadía dos/as alumnos/as nas institucións.
    - Seguimento e titoría do alumnado nas institucións.
    - Titoría e seguimento para a elaboración da Memoria.
    - Avaliación das Prácticas Externas.

    Sistema de evaluación
    A avaliación dos/as estudantes matriculados nas Practicas Externas do Master de Xerontoloxía desenvolverase tomando en consideración cinco niveis de referencia:

    1. Seguimento do Prácticum. Fundaméntase nunha avaliación continuada do/a estudante polo seu correspondente profesor/a supervisor/a, a través de titorías individualizadas ou en grupo que se convocarán ou acordarán coa suficiente antelación. O número estimado de titorías presenciais necesarias para un bo seguimento é de tres.

    2. Informe avaliativo do titor-colaborador. Permitirá tomar en consideración as valoracións realizadas polos responsables institucionais das Practicas, nos centros colaboradores. A tal efecto, cada titor/a disporá dun modelo de Informe no que deberá expresar os seus xuízos sobre o labor desenvolto polo/a estudante no período de prácticas.

    3. Diario de prácticas. Cada alumna/o un diario de prácticas no que se recolla información de carácter descritivo sobre a súa estadía na institución (filosofía, actividades, organización, clima, etc.). Extensión variable en función das anotacións introducidas.

    4. Memoria das Prácticas Externas: consiste nun documento no que o/a estudante presentará: 1) Contextualización das Practicas 2) Descrición da experiencia das Practicas Externas (período de estadía na institución; actividades específicas realizadas; recursos e técnicas empregados; actividades de seguimento, etc.) 3) Reflexións e valoracións sobre a túa aportación a institución así como viceversa, desde un punto de vista académico 4) Autoavaliación na que consten referencias aos obxectivos acadados, grao de implicación persoal, etc. O traballo será realizado con rigor académico (cuidando especialmente o léxico e a redación) e seguindo unha apropiada sistematización (incluirá índice, introdución, bibliografía, anexos...). Extensión aproximada de 20 folios.


    No seu conxunto, as diferentes actividades e tarefas de avaliación serán tomadas en consideración polo profesorado supervisor das prácticas ao seguinte:
    - MEMORIA ata 4 puntos
    - DIARIO DE PRÁCTICAS ata 2 punto.
    - SEGUIMENTO e TITORÍAS ata 1 punto.
    - INFORME AVALIATIVO Da/DO TITORA/OR ata 2 punto.

    Para superar a materia o/a alumno/a deberá cumprir as titorías establecidas, as horas sinaladas de permanencia na institución e entregar toda a documentación que xa se citou, nun único volume e baixo a denominación de INFORME FINAL DE PRACTICUM (prácticas externas) ao seu profesor de Practicum.

    Aqueles/as alumnos/as que deban concorrer á convocatoria extraordinaria seguirán as mesmas pautas sinaladas neste programa, adaptadas fundamentalmente ás datas desa convocatoria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Fase preparatoria: explicación; cuestionario de preferencias; selección e adxudicación da institución.
    - Titorías individuais ou en grupo co/coa supervisor/a antes, durante e despois da estadía na institución: 3 horas.
    - Análise de documentación: 30 horas.
    - Dedicación presencial na institución seleccionada: ***** horas.
    - Dedicación á elaboración do diario de prácticas: 25 horas.
    - Dedicación á elaboración da Memoria das Prácticas Externas: 45 horas.
    - Seguimento e avaliación: 30 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para a realización correcta das Prácticas e o seu desenvolvemento axeitado, recoméndase ao alumno cumprir os horarios e tarefas acordadas co profesor/a titor/a respecto do desenvolvemento das prácticas, respectar a normativa de convivencia e utilización do centro e os seus recursos, así como elaborar e entregar ao titor/a a memoria de prácticas nas datas fixadas.

    É aconsellable que o alumno reflexione sobre as aprendizaxes desenvolvidas e adquiridas no prácticum, o que pode facer mediante unha autoavaliación que se centrará, fundamentalmente, no grao de competencias profesionais adquiridas.
    Observacións
    Cada alumno/a, unha vez asignado a un/ha supervisor/a, deberá, obrigatoriamente, poñerse en contacto con el/a antes de comezar a fase de prácticas. Cada supervisor/a decidirá as pautas concretas de desenvolvemento: datas e tipo de titorías, etc.

    Tanto o Diario como a Memoria do PRÁCTICUM teñen, en todos os casos, carácter individual.

    A data de entrega é improrrogable. Só en casos excepcionais (principalmente cuestións relativas á propia institución de acollida ou en situación grave por parte do/a alumno/a) poderá ser ampliado o prazo polo supervisor, sempre que esta consulta se faga coa suficiente antelación e as causas estean debidamente xustificadas.