Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

P2022216 - Psicobioloxía do Envellecemento (Módulo Optativas USC) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
  • Áreas: Psicobioloxía
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer as principais teorías e modelos psicobiolóxicos do envellecemento.
    Coñecer as bases biolóxicas da psicopatoloxía e da saúde mental na vellez
    Acadar competencias básicas no entorno da psicobioloxía do avellentamento que permitan actualizar os coñecementos adquiridos e continuar a formarse ao longo de toda a vida profesional



    Contidos
    INTRODUCCIÓN Ó ESTUDIO PSICOBIOLÓXICO DO ENVELLECEMENTO
    1. Psicobioloxía do envellecemento. Distintas abordaxes metodolóxicas en psicobioloxía do envellecemento.
    MÓDULO DE PRÁCTICA 1. FONTES DE PSlCOBlOLOXÍA
    Aproximación as fontes documentais en psicobioloxía. Principais publicacións periódicas e outras fontes de documentación. Traballo de revisión.
    NEUROBIOLOXÍA DO ENVELLECEMENTO.
    2. Cambios na neuroquimica sináptica. Plasticidade sináptica no envellecemento.
    3. Cambios na arquitectura e función do sistema nervioso. Aspectos xerais
    4. Sistemas sensoriais e motores no envellecemento.
    5. Sistemas neurohumorais e envellecemento. Sistemas corticais no envellecemento
    MÓDULO DE PRÁCTICA 2. FUNDAMENTOS DE PSICOBIOLOXÍA
    Aspectos morfolóxico-funcionais do sistema nervoso central: aproximacións microscópicas, aproximacións macroscópicas, maquetas. Morfoloxía de sistemas sensoriais: aproximacions macroscópicas
    PSICOFISIOLOXÍA DO ENVELLECEMENTO
    6. Rexistros de neuroimaxe funcional e Rexistros electrofisiolóxicos
    PROCESOS COMPORTAMENTAIS NO ENVELLECEMENTO
    7. Sono, e despertar. Cambios nos ritmos biolóxicos. Emoción e estrés no envellecemento.
    NEUROPSICOLOXÍA NO ENVELLECEMENTO
    8. Introducción á avaliación neuropsicolóxica. Principais baterías de exploración.
    9. Avaliación das principais entidades en patoloxía neuroxeriátrica e psicoxeriátrica.
    MÓDULO DE PRÁCTICA 3. AVALIACIÓN NEUROPSICOLÓXICA DO ENVELLECEMENTO
    Exploración neuropsicolóxica xeral: Estudio e manexo de exemplos de test e baterías de avaliación empregados na avaliación de maiores.

    Bibliografía básica e complementaria
    LIBROS DE TEXTO ESPECIALMENTE RECOMENDADOS:
    • Cardinali, D.P. (2007): Neurociencia aplicada. Sus fundamentos. Buenos Aires. Panamericana.
    • Crossman, A. R. ; Neary, D. (2007): Neuroanatomía. Barcelona. Masson
    • Carlson, N.R. (1999): Fisiología de la Conducta. Barcelona: Ariel Psicología
    • Birren J.E.(2001)ed.: The Handbooks of Aging. (3 vol) New York. Academic Press
    • The Handbook of the biology of Aging (5ª ed)
    • The Handbook of the Psychology of Aging (5ª ed)

    Competencias
    ACADAR COMPETENCIAS NO MARCO DA XERONTOLOXIA CLÍNICA QUE TE PERMITAN

    • Identificar os principais elementos e procesos biolóxicos e psicolóxicos que sustentan as modificacións do comportamento ao envellecer.
    • Participar na toma de decisións acerca da indicación e emprego de procedementos diagnósticos na avaliación dos suxeitos atendidos
    • Participar na toma de decisións terapéuticas para un tratamento combinado
    • Participar no seguimento e avaliación da resposta terapéutica global
    • Informar e asesorar dun modo integral ao paciente a respeito do plan de atención xerontolóxica
    • Identificar os posibles efectos colaterais, indesexables ou tóxicos da medicación ou de outros procedementos terapéuticos no curso das sucesivas visitas
    • Indicar a oportunidade dunha revisión por calquera dos profesionais responsables da intervención xerontolóxica
    • Asesorar a familiares e/ou acompañantes sobre tódolos aspectos do seguimento a que está sendo sometido o paciente
    • Apoiar o cumprimento do plan terapéutico
    • Participar na investigación clínica sobre as doenzas dos pacientes atendidos

    ACADAR COMPETENCIAS NO MARCO DA XERONTOLOXIA SOCIAL QUE TE PERMITAN

    • Identificar e recoñecer as características psicobiolóxicas da persoa e entorno dun maior e facer previsión das súas implicacións sociais
    • Identificar os efectos comportamentais dos cambios nas variables socioambientais a que está sometido un maior.
    • Identificar os efectos (directos e colaterais) dos procedementos terapéuticos a que está sometido un maior. Considerar as suas implicacións na evolución, rendemento e interacción familiar e social do maior.
    • Informar á familia e discutir e orientarlles arredor do tratamento integral
    • Informar a outros profesionais (coidadores, responsables dos centros e outros membros dos equipos multidisciplinares)
    • Participar nas accións encamiñadas o cumplimento terapéutico e na supervisión profesional do seguimento.
    • Identificar e recoñecer a sintomatoloxía propia do uso de sustancias ou de medicación inadecuada
    • Identificar e recoñecer unha situación de entornos ou conductas pouco saudables
    • Participar nos labores de información aos maiores, aos seus familiares ou persoas responsabeis, e aos membros do equipo de atención multidisciplinar, etc. para a prevención e, no seu caso, detección destas conductas



    ACADAR COMPETENCIAS NO MARCO DA INVESTIGACIÓN XERONTOLÓXICA QUE TE PERMITAN

    • Participar na execución de proxectos e deseños experimentais sobre problemas xerontolóxicos en modelos animais:
    a. No deseño experimental e elaboración de modelos comportamentais en ensaios con animais de experimentación
    b. Na avaliación e, no seu caso, validación dos modelos comportamentais implementados
    • Participar na execución de proxectos de xerontoloxía en humáns
    a. No deseño e elaboración de estudios comportamentais en ensaios preclínicos e clínicos de psicofármacos
    b. Na avaliación, seguimento e, no seu caso, validación dos estudios comportamentais implementados

    ACADAR COMPETENCIAS E ACTITUDES PROFESIONAIS TRANSVERSAIS QUE TE PERMITAN

    • Valorar a calidade e independencia das fontes de información científica e das fontes de formación posgraduada.
    • Ter conciencia crítica acerca da magnitude dos intereses económicos da industria de servicios xerontolóxicos no mundo en xeral e, en particular, no mundo occidental.
    • Ter conciencia crítica acerca da capacidade de influencia da acción publicitaria sobre os profesionais,
    • Ter conciencia crítica acerca da calidade, independencia e validez da información que reciben os profesionais da saúde sobre productos terapéuticos, de parte das propias compañías fabricantes
    • Manter un compromiso coa formación continuada responsable
    • Exercer unha colaboración interdisciplinar na actividade profesional
    • Ter conciencia do propio papel profesional do xerontólogo, da necesidade de interacción en pé de igualdade e da coordenación con outros profesionais responsables no plan terapéutico, particularmente médicos, psicólogos, enfermeiras, traballadores sociais e terapeutas ocupacionais.
    • Asumir a delimitación das funcións e roles atribuidos aos profesionais que interactúan nos equipos de traballo na actualidade
    • Formarte opinión e tomar postura acerca das modificacións que na atribución de funcións e roles profesionais poideran plantexarse no futuro, en función das novas competencias acadadas ou os cambios nas condicións de traballo.
    • Emitir informes técnicos, comunicar e difundir os resultados derivados da actividade profesional desenvolvida
    • Participar na educación para a saúde do conxunto da poboación e, no seu caso, en tarefas de divulgación científica nos medios de comunicación
    • Manter un compromiso ético en tódalas intervencións profesionais

    Metodoloxía da ensinanza
    Actividades
    Clases teóricas
    Expositivas
    Debates
    Autoavaliación
    Prácticas
    Expositivas: diapositivas e comentarios
    Debates
    Manexo de fontes
    Resolución de problemas
    Creación de tablas de recursos
    Busca de datos en rede
    Traballo en grupo
    Titoría
    Exames
    Revisión exames

    Sistema de evaluación
    • Avaliación continua do traballo de curso tanto teórico como práctico.
    • Exame final tipo “proba obxectiva” –test de resposta múltiple- ó remate do programa teórico-práctico
    • Avaliación do traballo de revisión bibliográfica proposto nas prácticas.

    Tempo de estudo e traballo persoal


    9 horas de clases teóricas
    12 horas de interactivas/ prácticas
    3 horas titorias
    51 horas de traballo persoal da alumna/o
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia as sesións interactivas é obrigatoria para a supervisión persoalizada das actividades realizadas.
    Observacións
    A asignatura impartirase en GALEGO