P2022219 - Ocio e Tempo Libre en Xerontoloxía (Módulo Optativas USC) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Enfermaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia ten como obxectivo principal afondar nas posibilidades de ocio activo na terceira idade e que o alumnado se inicie na intervención socio-educativo neste ámbito de traballo.
É por isto polo que se favorecerá o coñecemento de diferentes metodoloxías (didácticas adaptadas, modelos de prevención, alternativas de intervención), segundo o entorno no que se desenvolvan as persoas maiores e segundo as súas necesidades específicas, especialmente, aquelas que teñen que ver cos hábitos de vida saudables.
ContidosOs Estilos e condicións de vida na Terceira Idade
O Ocio e o Tempo Libre durante o envellecemento
O Ocio e o Tempo Libre no Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013
O aproveitamento do tempo lecer dende unha perspectiva saudable: implicacións socio-educativas.
A Intervención socio-educativa en Ocio e Tempo Libre na Terceira Idade
Os programas de Ocio e Tempo Libre na Terceira Idade: aspectos fundamentais
Bibliografía básica e complementaria•De Castro, A.: “La Tercera edad: tiempo de ocio y cultura: Proyecto y experiencia de animación cultural”. Nancea. Madrid. 1990
•Mayán Santos, J.M. y Millán Calenti, J.C.: "Tratado de actividad física y ocio para la tercera edad". Ed. Institituto Gerontológico Gallego. Santiago de Compostela 1996.
•Mayán Santos, J.M. (Ed.), "Gerontología Social". Sega Ediciones (ISBN: 84-921989-5-8), Santiago de Compostela 2000.
•Meil Landwerlin, G.: "Imágenes de la solidaridad familiar". Centro de Investigaciones Sociológicas, Madrid 2000.
•Pont, P.: Tercera edad. Actividade física e saúde. Paidotribo. Barcelona. 2000.
•Rodríguez Rodríguez, P. et al.: "Cuidados en la vejez. El apoyo informal". Ministerio de Asuntos Sociales-INSERSO, Madrid 1.995.
•Sáez Carreras, J.: Tercera edad y animación sociocultural. Dykinson. Madrid. 1997
•Sánchez Vera, P. y Bote Díaz, M.: "Los mayores y el amor. Una perspectiva sociológica".Nau Libres, Valencia 2007
•Sancho Castiello, M.: "Las Personas Mayores en España. Informe 2000" (Vol. I y II). Ed. Mº Trabajo y Asuntos Sociales-IMSERSO, Madrid 2000.
•Sancho Castiello, M.: "Las Personas Mayores en España. Informe 2004" (Vol. I, II y III). Ed. Mº Trabajo y Asuntos Sociales-IMSERSO, Madrid 2005.
•Xunta de Galicia: "Plan Galego de Persoas Maiores 2001-2006". Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Santiago de Compostela (La Coruña) 2001.
•Silva Piñeiro, R.; Beiras Sarasquete, A.; Mayán Santos, J.M.: “Actividad física y ocio en gerontología II: Aplicaciones prácticas”. Sega, D.L. 2002.
CompetenciasNesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, específicas, propias da actividade física en xeneral e específicas da actividade física xerontolóxica en particular. Dentro del cadro de competencias que se deseñóu para a titulación, se instruirá a los alumnos nas seguintes competencias:
Xerais:
•Compromiso cun estilo de vida saudable e activo
•Traballar eficazmente en equipos multidisciplinares
•Valorar situacións e resolver problemas eficazmente
Específicas:
Coñecer os aspectos fundamentais que inciden nos estilos e condicións de vida na Terceira Idade
Adquirir destrezas que favorecen a intervención no ocio e no tempo libre na terceira idade
Adaptar metodoloxías e actividades en función das características de cada ancián.
Valorar o aproveitamento do ocio e do tempo libre na terceira idade.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía que presidirá o traballo nesta materia combinará unha dobre vertente. Terá, por unha banda, carácter expositivo, na medida en que, a través dos documentos básicos da materia que se facilitará ao alumnado, se abordarán as temáticas principais incluídas no programa. E, pola outra, a metodoloxía será inequivocamente activa, participativa, posto que cada alumno/a terá un alto grao de responsabilidade no propio proceso de aprendizaxe.
Neste senso, xunto coa lectura dos documentos que se facilitarán ao alumnado, estes deberán analizar os temas principais do programa practicando estratexias de indagación cooperativa. Estas propostas poderán adaptarse ou modificarse en función de intereses persoais, preferencias temáticas, ou posibilidades de mellor implicación no tratamento dun problema determinado.
Sistema de evaluaciónA avaliación do alumno farase en función dos seguintes aspectos:
- A participación e interese pola materia.
-A implicación na materia a través de titorías individuais.
- A realización das actividades que se soliciten en cada un dos temas.
- A realización dunha proba obxectiva que versará sobre os contidos teórico-prácticos da materia.
Os alumnos repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
Tempo de estudo e traballo persoalActividade Horas presenciais Traballo persoal
Teoría 9 5
Prácticas 14 7
Exame 1 6
TOTAL 24 18
Recomendacións para o estudo da materiaA USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia