Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

P2022208 - Demografía da Ancianidade (Módulo Especialidade Xerontoloxía Social (USC)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MARTINEZ ROGET, FIDEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS XERAIS:

    Familiarizar ao alumno co coñecemento das técnicas estatísticas e matemáticas necesarias para o estudo da poboación.
    Preténdese que o alumno aprenda a medir os aspectos máis importantes en relación cos principais fenómemos demográficos: fecundidade, natalidade, nupcialidade e mortalidade.
    Ao mesmo tempo, ofrecerase unha visión das características de cada un deses fenómenos demográficos na actualidade en España e a súa evolución nos últimos anos. Faise unha especial referencia ao resultado de dita evolución reflexado no intenso proceso de envellecemento da poboación española e galega na actualidade.

    OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

    Facilitaránselle ao alumno unha serie de conceptos, definicións e instrumentos de medición relacionados coa poboación e a demografía, ao mesmo tempo que información sobre as principais fontes de información estatística existentes en España e Europa, co obxectivo de que saiba analizar as características e evolución dos principais fenómenos demográficos

    Contidos
    BLOQUE I: ESTUDO DA POBOACIÓN. CONSIDERACIÓNS XERAIS

    TEMA 1: Descrición e contidos
    TEMA 2: Dispoñibilidade de información
    TEMA 3: Conceptos e definicións

    BLOQUE II: COMPOSICIÓN E CARACTERÍSTICAS DA POBOACIÓN
    TEMA 4: Composición da poboación por sexo e idade
    TEMA 5: Características relativas á actividade económica
    TEMA 6: As pirámides de idades

    BLOQUE III: ESTUDO DOS PRINCIPAIS FENÓMENOS DEMOGRÁFICOS
    TEMA 7: Natalidade e fecundidade
    TEMA 8: Nupcialidade
    TEMA 9: Mortalidade

    BLOQUE IV: ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN
    TEMA 10: Envellecemento da poboación en Galicia e España

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    Martínez Roget, F. (2002): Demografía Gerontológica. Sega Ediciones. Santiago de Compostela

    Bibliografía complementaria:

    Arroyo, A. (Coord.) (2003): Tendencias demográficas durante el siglo XX en España. Universidad de Sevilla-Instituto Nacional de Estadística.
    Entremont, A. (2001): Diez temas de demografía. Ediciones Internacionales Universitarias. Madrid.
    Fernández Leiceaga, X. (Dir) (2000): Avellamento demográfico e consecuencias socioeconómicas. Edicións Xerais de Galicia. Vigo.
    Gómez, R.; Hernández, R. (2004): “Demographic maturity and economic performance : the effect of demographic transitions on per capita GDP growth”. Servicio de Estudios del Banco de España.
    Hinde, A. (1998): Demographic methods. Arnold. London.
    Livi-Bacci, M. (1993): Introducción a la demografía. Editorial Ariel. Barcelona
    Nyce, Steven A.; Schieber, Sylvester, J. (2005): The economic implications of aging societies : the costs of living happily ever after. Cambridge University Press. Cambridge, UK .
    Onofri, P. (Editor) (2004): The economics of an ageing population : macroeconomic issues.Cheltenham : Edward Elgar
    Pressat, R. (1989): Introducción a la demografía. Ariel. Barcelona.
    Preston, S. H.; Heuveline, P.; Guillot, M. (2001): Demography : measuring and modeling population processes. Ed. Blackwell. Oxford.
    Reher, D.; Valero, A. (2005): Fuentes de información demográfica en España. Centro de Tapinos, G. (1990): Elementos de demografía. Espasa Calpe, D.L
    Investigaciones Sociológicas. Madrid.
    Vallin, J. (1995): La Demografía. Alianza, D.L. Madrid
    Vinuesa, J. et al. (1994): Demografía. Análisis y proyecciones. Ed. Síntesis. Madrid

    Competencias
    Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da xerontoloxía en xeral e da demografía da ancianidade en particular. Os alumnos serán orientados para que poidan acadar as seguintes competencias:
    Xerais:
    • Desenvolver a capacidade analítica e comparativa
    Específicas:
    • Acadar un coñecemento xeral e global da situación demográfica en España e Galicia
    • Coñecer as principais fontes de información estatística demográfica
    • Coñecer os principais instrumentos para a análise demográfica da poboación

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases expositivas explicaranse os contidos teóricos da materia. Estas clases apoiaránse na utilización de presentacións en PowerPoint e farase referencia ás páxinas web nas que se pode atopar información estatística para a análise da poboación.
    Nas clases interactivas os alumnos deberán realizar exercicios nos que deberán empregar as ferramentas descritas nas clases teóricas. Nestas clases tamén se lles pedirá aos alumnos que comenten aspectos de actualidade relacionados coa demografía. Ademais, antes de que finalicen as clases da materia, farase un test que será avaliable e servirá para que o alumno ademais de familiarizarse coa metodoloxía de de avaliación estudie os contidos vistos ata ese momento.
    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación realizarase de dúas formas distintas e complementarias:
    1) Por un lado, realizarase un exame final, de tipo test, sobre os contidos da materia. Este exame representará o 70% da nota final.
    2) Por outro lado, realizarase unha avaliación continua que consistirá en tres tipos de probas:
    a) A realización das prácticas nas clases interactivas. A realización destas prácticas, asistencia á clase para a realización e entrega nos prazos estabrecidos, son criterios de cumprimento obrigatorio (15% da nota final);
    b) A realización dun test sobre os contidos da materia (10% da nota final);
    c) A participación nas distintas actividades que se realicen nas clases interactivas (5% da nota final).
    Os alumnos repetidores poderán optar por este sistema de avaliación, ou por realizar únicamente o exame final, co que poderían obter o 100% da nota final. En cualquera caso, deberán comunicar, dentro do primeiro mes de clase, a elección do sistema polo que desexan ser avaliados.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia equivale a 75 horas de traballo para o alumno, das cales 24 serán de traballo presencial na aula e 51 de traballo persoal.
    As horas de traballo presencial inclúen as clases expositivas, as interectivas e a avaliación na aula. Mentras que as horas de traballo persoal distribúense en: estudo autónomo, lecturas, realización de exercicios e traballos, redacción de conclusións e preparación da materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia regular ás clase.
    Realización das prácticas.
    Estudo diario dos materiais impartidos e da bibliografía básica.
    Consulta da bibliografía complementaria recomendada.
    Participación e discusión activa nas actividades que se organicen.
    Realización das pobras obxectivas que se vaian facendo.
    Inicio no manexo da folla de cálculo Excell de Microsoft.
    Observacións
    Será convinte que o alumno se familiarice co manexo da folla de cálculo excel e na consulta de páxinas web específicas para desenvolver contidos do temario da materia e buscar a información estatísca precisa para elo. Algúns exemplos poden ser:

    http://www.ine.es (Páxina web do Instituto Nacional de Estatística)
    http://www.ige.eu/ga/index.htm (Páxina web do Instituto Galego de Estatística)
    http://epp.eurostat.cec.eu.int/portal/page (Páxina web de Eurostat, Oficina de estatísticas da UE).
    http://www.imsersomayores.csic.es/ (Páxina web do Portal Maiores. Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais)
    http://www.bde.es/ (Páxina web do Banco de España)