Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Enfermaría (Santiago)  »  Información da Materia

P2022209 - Dereito e Responsabilidade Civil Xerontolóxica (Módulo Especialidade Xerontoloxía Social (USC)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Común
  • Áreas: Dereito Civil
  • Centro: Facultade de Enfermaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
TRIGO GARCIA, MARIA BELEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Familiarizar aos alumnos co sistema xudicial español.
    - Adquisición de coñecementos básicos sobre cuestións xurídicas substantivas que afectan ao exercicio profesional do xerontólogo.
    - Aprendizaxe da busca de fontes xurídicas (leis, sentenzas...) pola internet.
    Contidos
    1. Conceptos sobre responsabilidade civil.
    2. Obrigacións do xerontólogo.
    3. Valoración e indemnización do dano.
    4. Sistema da Seguridade Social.
    5. Réxime xeral da Seguridade Social.
    6. Protección por desemprego e Lei da dependencia.
    7. Dereito civil: persoa e familia.
    8. Dereito civil: obrigacións e contratos.
    9. Dereito civil: dereitos reais.
    10. Dereito civil: sucesións.
    Bibliografía básica e complementaria
    - AA.VV., Derecho y responsabilidad civil gerontológica, (coords. Iglesias Redondo, J. I., e Requeixo Souto, X. M.), ed. Mayán Santos, Santiago de Compostela, 2007.
    - REQUEIXO SOUTO, X. M., Fundamentos de Dereito, Unidixital, Santiago de Compostela, 2010.
    Competencias
    1. Comprensión do léxico xurídico básico.
    2. Identificación e interpretación da normativa e da xurisprudencia sobre a materia.
    3. Consulta de fontes xurídicas pola internet.
    4. Valoración crítica da lexislación e xurisprudencia sobre a materia.
    5. Exposición de problemas xurídicos e presentación de solucións xurisprudenciais.

    Metodoloxía da ensinanza
    1. Clases teóricas. O docente non se limitará a expor a materia da disciplina de maneira clásica ou maxistral, senón que actuará como principal responsable para que sexa posible o intercambio de ideas entre o profesor e os estudantes.
    2. Formularanse cuestións co fin de identificar os problemas básicos da disciplina.
    3. Será obxectivo primordial familiarizar aos estudantes coa terminoloxía propia do Dereito civil.
    4. Fomentarase a participación activa dos alumnos.
    5. Clases prácticas. As clases teóricas completaranse co estudo de casos nos que será necesario empregar para a súa resolución non só a lexislación en vigor, senón tamén a xurisprudencia máis recente.
    6. Fomentarase o uso dos fondos legais e xurisprudenciais por medios informáticos.

    Sistema de evaluación
    1. Exames finais de xuño e xullo.
    2. Realización de traballos e actividades.
    3. Asistencia e participación nas aulas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Trátase dunha disciplina de 9 créditos. Correspóndenlle 27 horas dedicadas á docencia expositiva e 36 horas á interactiva, así como 9 horas de titorías. Este tempo ha de completarse co traballo persoal do alumno calculado en 153 horas.
    Total do volume de traballo do alumno: 225 horas (9 créditos x 25 horas).
    Esta carga de traballo terá distinta intensidade nos períodos de docencia expositiva e interactiva, e a súa graduación atenderá ás orientacións do profesor.


    Recomendacións para o estudo da materia
    1. Asistencia regular ás aulas.
    2. Participación activa dos alumnos na clase.
    3. Dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia).
    4. Estudo regular da materia.
    5. Uso das titorías.