
A especialidade de enfermería obstétrico-xinecolóxica matronas creouse a través do Real Decreto 992/1987, de 3 de julio (B.O.E. de 1 de agosto de 1987. ) A unidade docente da CA galega xorde en febreiro de 1995 trala publicación da Orden de 1 de junio de 1992 (B.O.E. de 2 de junio de 1992) pola que se aproba, con carácter provisional, o programa de formación e establécense os requisitos mínimos das unidades docentes e do sistema de acceso para a obtención do título de enfermera/o especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica (matrona).
Para acceder ao sistema de residencia é necesario superar unha proba de carácter estatal, que convoca anualmente o Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad . Para acceder á devandita convocatoria requírese estar en posesión do título de Diplomada/o en Enfermería, ou o seu equivalente recoñecido ou homologado en España e posuír a nacionalidade española ou exercer o dereito á libre circulación de traballadores dacordo a súa definición no Tratado da Comunidade Europea ou outros tratados ratificados por España, ou ter recoñecido tal dereito por norma legal