
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 31/07/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Enfermaría
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Enfermaría
Avda. de Xoán XXIII, s/n. Campus norte.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: D. 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE do 5 de marzo de 2010 (corrección de erros 13/07/2010)
Data da última acreditación: 22/06/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: NUÑEZ IGLESIAS, MARIA JESUS
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
Formar profesionais capaces de prestaren unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada, consonte o estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos en cada momento, con coñecemento dos principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
1. Planificar e prestar coidados de enfermería dirixidos ás persoas, familia ou grupos.
2. Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermería.
3. Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
4. Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
5. Basear as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
6. Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e o consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas.
7. Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
8. Protexer a saúde e o benestar das persoas, familia ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade.
9. Establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
10. Coñecer o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
11. Traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
12. Coñecer os sistemas de información sanitaria.
13. Realizar os coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
14. Coñecer as estratexias para adoptar medidas de confortabilidade e atención de síntomas, dirixidas ao paciente e familia, na aplicación de coidados paliativos que contribúan a aliviar a situación de enfermos avanzados e terminais.
1. Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano. Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos.
2. Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría.
3. Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos.
5. Coñecer e valorar as necesidades nutricionais das persoas sas e con problemas de saúde ao longo do ciclo vital, para promover e reforzar pautas de conduta alimentaria saudable.
6. Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
7. Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar ao estudante na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
8. Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
9. Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
10. Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
11. Coñecer as alteracións de saúde do adulto.
12. Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden.
13. Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento.
14. Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecer e a súa repercusión na saúde.
15. Coñecer o Sistema Sanitario Español. Identificar as características da función directiva dos servizos de enfermería e a xestión de coidados. Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas de dirección de grupos.
16. Coñecer os problemas de saúde mental máis relevantes nas diferentes etapas do ciclo vital, proporcionando coidados integrais e eficaces, no ámbito da enfermaría.
17. Coñecer os coidados paliativos e control da dor para prestar coidados que alivien a situación dos enfermos avanzados e terminais.
O Ministerio de Ciencia e Innovación estabelece os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enfermeiro/a mediante a Orde CIN/2134/2008, do 3 de xullo.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Enfermaría [pdf - 1232 kb][Actualizado: 8/9/10]
Modificación da resolución de adaptación ao Grao en Enfermaría [pdf - 195 kb][Actualizado: 8/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 150
Demanda do ano anterior: 8.974 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión: REQUISITOS DE ACCESO AO TÍTULO
Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: CURSO PONTE:
No caso dos/as diplomados/as en Enfermaría, poderán incorporarse ao Grado de Enfermería realizando las Prácticas Tututeladas V, Prácticas Tuteladas VI e Traballo Fin de Grado. Os/as diplomados/as con 3 anos de experiencia profesional a tempo completo (o proporcional a tempo parcial), valorada dacordo co que estableza a Universidade de Santiago de Compostela para estes casos, poderán adaptar as materias Prácticas Tuteladas V e Prácticas Tuteladas VI.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun Título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo dos ensinos que iniciasen os seus estudantes ata o seu finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que facilitan aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Ofertarase no derradeiro cuadrimestre do plan de estudos.
Prácticas en empresas: Prográmanse con carácter obrigatorio 84 créditos distribuídos nas materias Prácticas Tuteladas I, II, III, IV, V e VI, atendendo a criterios de planificación e mecanismos para garantir a calidade e o aproveitamento máis adecuado por parte dos/as estudantes.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de Intercambios Interuniversitarios”.
A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matricula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno na Universidade de Santiago de Compostela aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G2021101 | Anatomía Humana | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G2021102 | Bioloxía | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G2021103 | Estatística e Metodoloxía da Investigación | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G2021104 | Fisioloxía Humana | 9.00 | FB | ANG | OFERTA.1 | G2021105 | Ciencias Psicosociais Aplicadas | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G2021106 | Bioquímica | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G2021107 | Bases para os Coidados da Saúde | 4.50 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G2021121 | Fundamentos de Enfermaría | 12.00 | OB | ANG | OFERTA.1 | G2021141 | Anatomía Clínica para Enfermaría | 4.50 | OP | 2SG | OFERTA.1 | G2021142 | Coidados de Enfermaría en Patoloxías Buco-Dentarias | 4.50 | OP | 2SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G2021201 | Informática Aplicada á Enfermaría | 6.00 | FB | 1SG | G2021202 | Farmacoloxía | 6.00 | FB | 2SG | G2021203 | Nutrición e Dietética | 4.50 | FB | 2SG | G2021221 | Enfermaría Comunitaria I | 6.00 | OB | 1SG | G2021223 | Enfermaría Clínica I | 12.00 | OB | ANG | G2021225 | Xestión sanitaria | 4.50 | OB | 2SG | G2021222 | Prácticas Tuteladas I | 6.00 | OB | 1SG | G2021224 | Prácticas Tuteladas II | 6.00 | OB | 2SG | G2021241 | Técnicas Fisioterapéuticas Básicas | 4.50 | OP | 1SG | G2021242 | Coidados de Enfermaría en Rehabilitación Psiquiátrica | 4.50 | OP | 1SG | G2021243 | Coñecementos de Enfermaría en Radioloxía Especializada | 4.50 | OP | 1SG | G2021243 | Coñecementos de Enfermaría en Radioloxía Especializada | 4.50 | OP | 2SG | G2021244 | Enfermaría de Saúde Laboral | 4.50 | OP | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G2021321 | Aspectos Éticos Legais da Profesión | 4.50 | OB | 1SG | G2021322 | Enfermaría do Ciclo Vital: Materno-Infantil I | 4.50 | OB | 1SG | G2021323 | Enfermaría Comunitaria II | 6.00 | OB | 1SG | G2021325 | Enfermaría Clínica II | 12.00 | OB | ANG | G2021326 | Enfermaría do Ciclo Vital : Xeriatría | 4.50 | OB | 2SG | G2021327 | Enfermaría do Ciclo Vital: Materno-Infantil II | 4.50 | OB | 2SG | G2021328 | Enfermaría da Saúde Mental | 6.00 | OB | 2SG | G2021324 | Prácticas Tuteladas III | 9.00 | OB | 1SG | G2021329 | Prácticas Tuteladas IV | 9.00 | OB | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G2021421 | Prácticas Tuteladas V | 30.00 | OB | 1SG | G2021422 | Prácticas Tuteladas VI | 24.00 | OB | 2SG | G2021423 | Traballo Fin de Grao | 6.00 | OB | TFGM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable