
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Xerontoloxía
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Enfermaría
Avda. de Xoán XXIII, s/n. Campus norte.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 13/2007 de 1 de febreiro (DOG 8/02/2007
Data de publicación no BOE: sen publicar
Data da última acreditación: 15/04/2011
Responsable do título:
Coordinador do título: GANDOY CREGO, MANUEL
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
O Máster Universitario en Xerontoloxía enfócase coma un título de posgrao de gran utilidade para todos os universitarios encamiñados cara ao campo da xerontoloxía, tanto clínica como social, sendo especialmente relevante para as carreiras de Ciencias da Saúde (medicina, enfermaría, terapia ocupacional, logopedia, psicoloxía…) e Ciencias Sociais (traballo social, relacións laborais, psicopedagoxía, socioloxía…), tanto desde un punto de vista profesional como académico e investigador.
Este obxectivo xeral de especialización no campo da xerontoloxía clínica e/ou social, persegue unha serie de obxectivos específicos:
- Formar e acreditar profesionais da xerontoloxía.
- Formar, acreditar e reciclar mediante a debida titulación a profesionais en xerontoloxía Clínica.
- Formar, acreditar e reciclar mediante a debida titulación a profesionais en xerontoloxía Social.
- Facilitar a incorporación de profesionais ao campo da investigación xerontolóxica, tanto en organismos públicos como en privados ou empresas.
- Favorecer o intercambio internacional de alumnos e profesores a fin de ampliar a súa perspectiva xerontolóxica.
- Formar persoal investigador que estea en condicións de comezar a súa tese doutoral.
COMPETENCIAS XERAIS:
Este título de Máster Universitario capacita aos alumnos egresados para cumprir os obxectivos marcados polos descriptores de Dublín, xa que en concreto podemos destacar que se caracterizan por un traballo interdisciplinar e tamén por traballar con poboación non especializada á que é necesario formar (como poden ser os coidadores non profesionais de persoas maiores con dependencia).
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
a) Competencias Específicas:
Profesionais
- Saber valorar de xeito integral ás persoas maiores así como utilizar os resultados da valoración para intervir de acordo ao diagnóstico preestablecido.
- Saber diagnosticar a patoloxía máis prevalente nas persoas maiores así como establecer as pautas terapéuticas máis indicadas, tanto desde o punto de vista farmacolóxico como non farmacolóxico.
- Saber diagnosticar os problemas sociais e/ou sociosanitarios que inciden na persoa maior e pór en marcha as medidas adecuadas a fin de conseguir o maior estado de benestar para el e a súa contorna..
- Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
- Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+ D+ i.
- Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
Mixtas
- Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas en proxectos do campo da Xerontoloxía e a Xeriatría.
- Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
b) Competencias Transversais:
Profesionais
- Estar en disposición de integrarse en equipos de saúde, centros xerontolóxicos e entidades prestadoras de servizos dirixidos ás persoas maiores.
- Estar en disposición de incorporarse como profesional aos equipos de valoración e intervención creados no marco da denominada “Lei da dependencia”.
- Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Clínica de acordo á especialidade desenvolvida.
- Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Social de acordo á especialidade desenvolvida.
Investigadoras
- Ser capaz de aplicar o método científico.
- Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+ D+ i.
Mixtas
- Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.
O Máster Universitario en Xerontoloxía abre unha vía profesional no ámbito da atención, investigación e intervención no envellecemento, articulando coñecementos das áreas experimentais, sociais, xurídicas, humanidades e ciencias da saúde.
Os obxectivos principais deste programa intégranse na capacitación de profesionais nos ámbitos académico, asistencial e investigador do envellecemento, sendo o seu centro de atención as persoas maiores e a súa problemática. Neste sentido, os alumnos que o realicen á súa finalización serán capaces de realizar unha adecuada atención social e/ou sanitaria ás persoas maiores, de acordo á especialidade realizada, así como xestionar recursos e centros, deseñar programas e pór en marcha proxectos de investigación avaliando a súa calidade e a consecución dos obxectivos previamente definidos.
O perfil obtido polo alumno capacitarao para competencias a desenvolver en centros asistenciais, levando a cabo tarefas de coordinación e xestión de recursos; en concellos, mediante a elaboración e seguimento de diferentes programas asistenciais; e ademais, capacitándoo para desenvolver tarefas de atención e coidado aos maiores. No campo da atención sanitaria (residencias de maiores, centros de día,...) pode actuar como coordinador e xestor dos recursos do maior atendendo ás necesidades e capacidades do mesmo. No campo da atención social, e en especial nos concellos, pode traballar como profesional encargado de coñecer as necesidades presentes e futuras do maior e da súa contorna (familia, coidadores, adaptación ao fogar,...) co fin de pór en marcha as medidas necesarias para paliar estas necesidades. Estará capacitado pois, para a planificación, coordinación, desenvolvemento e validación dos diversos programas asistenciais.
Non se pode esquecer a súa función como profesional idóneo para a formación de profesionais que se dediquen á atención ao maior, a calquera nivel, pero con especial dedicación aos profesionais de atención básica (auxiliares e coidadores).
O Máster Universitario en Xerontoloxía abre unha vía profesional no ámbito da atención, investigación e intervención no envellecemento, articulando coñecementos das áreas experimentais, sociais, xurídicas, humanidades e ciencias da saúde.
Os obxectivos principais deste programa intégranse na capacitación de profesionais nos ámbitos académico, asistencial e investigador do envellecemento, sendo o seu centro de atención as persoas maiores e a súa problemática. Neste sentido, os alumnos que o realicen á súa finalización serán capaces de realizar unha adecuada atención social e/ou sanitaria ás persoas maiores, de acordo á especialidade realizada, así como xestionar recursos e centros, deseñar programas e poñer en marcha proxectos de investigación avaliando a súa calidade e a consecución dos obxectivos previamente definidos. Esta avaliación da calidade asistencial ás persoas maiores, permitirá a optimización dos recursos económicos, humanos e ambientais, de forma que se evite a súa superposición, facilitando a relación dos distintos niveis xerontolóxicos de xeito secuencial, de acordo aos diferentes servizos solicitados e prestados, conseguindo así unha correcta atención.
A existencia deste programa dá cobertura a unha titulación verdadeiramente interdisciplinar na cal formaranse posgraduados cun verdadeiro perfil profesional, onde o seu coñecemento non será exclusivo do campo das ciencias da saúde, senón tamén doutras áreas con competencias na xerontoloxía como o son as sociais e xurídicas, a psicoloxía, a socioloxía, a antropoloxía, e a economía..., cun mercado de traballo que demanda este tipo de profesionais, que coa denominación de xerontólogos, serán profesionais que integran coñecementos dos campos sociais e sanitarios, converténdose no referente na atención ao maior e ao proceso do envellecemento en todas as súas dimensións.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 45
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de acceso:
Titulados da área de CC. Experimentais
Titulados da área de CC da Saúde
Titulados da área de CC. Sociais e Xurídicas
Titulados da área de Ensinanzas Técnicas
Titulados da área de Humanidades
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Traballo Fin de Máster (15 ECTS) ten como finalidade a acreditación de que o estudante adquiriu os coñecementos e competencias asociados ao título de Máster Universitario en Xerontoloxía. Aínda que a súa orixe virá determinado desde a materia de Metodoloxía da Investigación, será realizado polo estudante ao longo do terceiro cuadrimestre baixo a dirección dun profesor titor-Doutor que se asignará en función da coincidencia de intereses de investigación.
O Traballo consistirá na elaboración e presentación pública dunha investigación levada a cabo polo estudante na que se fará especial fincapé na aplicación de devandita investigación ao campo da
xerontoloxía e a xeriatría. A comisión avaliadora prestará especial consideración á presentación e á
exposición do informe final de investigación.
Para que unha proposta se considere aceptada e o estudante poida proceder ao seu desenvolvemento e elaboración, o estudante deberá presentar, antes da finalización do segundo cuadrimestre, ante a Comisión Académica do Máster, unha proposta do Traballo que pretende desenvolver. Unha vez dado o visto bo por parte da Comisión e do titor da proposta presentada, o alumno procederá ao desenvolvemento do Traballo final.
Plan de Acción Titorial: Entre as funcións da Comisión Académica está a designación dos titores para o desenvolvemento dos traballos de investigación dentro do Máster.
Este aspecto, coa designación de titores, conformará o acceso ao “Sistema de titorías” para garantir o apoio e asesoramento do alumno. Dispoñerán de “Titorías do profesorado en xeral” (especificadas no programa de cada materia) e “Titores de Máster”, xa que desde o primeiro día de clase os estudantes terán asignado un titor/a cuxa función principal é a de apoio e asesoría de carácter xeral.
Ademais, durante a realización do Traballo Fin de Máster, a cada alumno tamén se lle asignará un titor específico que o asesora na elaboración do mesmo e cun perfil relacionado cos intereses de investigación afines. No caso das prácticas externas, tamén se nomeará un “Titor de prácticas externas” nos centros ou grupos onde se realicen.
Prácticas en empresas: O programa práctico constará de varias modalidades:
- Prácticas socio-sanitarias, a realizar en diferentes Centros de asistencia Xeriátrica ou Xerontolóxica, de acordo a programas previamente establecidos. Os centros de prácticas ofertados poderán variar nas diferentes edicións do programa de acordo aos diferentes convenios e acordos preestablecidos.
As Actividades Sociosanitarias consisistirán en:
a) Prácticas clínico-asistenciais en centros sociosanitarios ou hospitalarios.
b) Prácticas sociosanitarias en Institucións: Inclúen actividades de apoio, deseño e desenvolvemento de programas e todas aquelas que previamente sexan aprobadas pola Comisión Académica da especialidade implicada.
c) Actividades de valoración e intervención directa con persoas maiores.
Este apartado poderá ser confirmado/validado pola Comisión Académica a aqueles alumnos que demostren mediante o correspondente certificado laboral o estar desempeñando actividade laboral en relación coas prácticas esixidas ou ocupar postos profesionais en relación coa atención ás persoas maiores.
- Visitas Guiadas, a diferentes centros de atención a persoas maiores.
- Outras actividades. As prácticas externas realizaranse polo tanto nos distintos centros concertados, baixo a tutela dun profesional, preferentemente do mesmo perfil que o alumno, que será o encargado de facer a valoración do rendemento do alumno durante a realización das actividades
En canto ao persoal que colaborará na realización de Prácticas Externas trátase esencialmente dos responsables asistenciais e/ou de investigación das entidades sociosanitarias, hospitais e grupos de investigación que ofertan ditas Prácticas Externas.
Os resultados de aprendizaxe que se buscan con ditas prácticas son:
1. Que o alumno coñeza os diferentes recursos asistenciais, así como a súa integración nos equipos de intervención xeriátrica e/ou xerontolóxica.
2. Que o alumno coñeza as ferramentas de valoración e intervención xeriátricas e/ou xerontolóxicas e as aplique de xeito práctico coa persoa maior.
3. Que o alumno sexa capaz de analizar o resultado da súa participación no Practicum.
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2022101 | Valoración e Intervención en Xerontoloxía | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2022102 | Xerontoloxía Social I | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2022103 | Xerontoloxía Clínica I | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2022104 | Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2022201 | Xerontoloxía Clínica II | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022202 | Patoloxía e Intervención Xeriátrica I | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022203 | Patoloxía e Intervención Xeriátrica II | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022204 | Psicoloxía Clínica | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2022205 | Xerontoloxía Social II | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022206 | Atención Sociosanitaria | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022207 | Dirección e Xestión Xerontolóxica | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022208 | Demografía da Ancianidade | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022209 | Dereito e Responsabilidade Civil Xerontolóxica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2022105 | Traballo Fin de Máster | 15.00 | OB | TFGM | 2 | P2022106 | Prácticum (Prácticas Externas) | 15.00 | OB | 1SG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2022210 | Intervención non Farmacolóxica en Demencias | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2022211 | Inglés I | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2022212 | O Proxecto de Investigación en Xerontoloxía | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022213 | Farmacoloxía Xeriátrica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022214 | Inglés II | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2022215 | Economía Xerontolóxica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2022216 | Psicobioloxía do Envellecemento | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2022217 | Actividade Física en Xerontoloxía | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2022218 | Bioxerontoloxía | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2022219 | Ocio e Tempo Libre en Xerontoloxía | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022220 | Programas de Intervención en Xerontoloxía | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P2022221 | Intervención Pedagóxica en Xerontoloxía | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable