Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior

Apoio Titorial Extraordinario

 

A normativa para articular os procedementos extraordinarios de avaliación e a revisión das cualificacións aprobada pola Xunta de Goberno da USC, na súa sesión do 15 de novembro de 2001, desenvolve o artigo 115 dos Estatutos da USC e establece a posibilidade de que o alumnado, en determinadas circunstancias, poida solicitar un apoio titorial extraordinario, nun máximo de materias pendentes sempre que non superen, en conxunto, os 18 créditos.

Este apoio, que corresponde realizalo ó profesor titor, debería proporcionarlle a cada alumno as pautas necesarias para a evolución na súa aprendizaxe e, ó profesor, elementos suficientes para avaliar a progresión de cada alumno, mantendo en todo caso as garantías e transparencia necesarias.

Poderán acollerse ó apoio titorial extraordinario o alumnado que reúna os requisitos establecidos e indicados con anterioridade. O apoio titorial queda restrinxido a un máximo de 18 créditos en toda a titulación.

pdf modificación segundo prazo de solicitude[Actualizado: 31/1/13]

 pdf Convocatoria curso 12-13

pdf Corrección de erros convocatoria curso 12-13

pdf Solicitude [pdf - 38 kb][Actualizado: 2/11/11]

 

 

 

 

 

1º e 2º ciclo (en extinción)