941404 - Conservación de Recursos Naturais (4º CURSO) - Curso 2011/2012
Información
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Botánica
- Áreas: Botánica
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo L01 | Ordinario | Laboratorio | SI | NON |
| Grupo L02 | Ordinario | Laboratorio | SI | NON |
| Grupo T01 | Ordinario | Teóricos | SI | SI |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionarlle ao alumno os coñecementos relativos a:
- Os recursos biolóxicos: necesidade de conservación
- As principais actividades que supoñen unha ameaza sobre a biodiversidade
- Os criterios científicos de avaliación para conservación
- As ferramentas de xestión para conservación a nivel europeo, nacional e autonómico
- As técnicas de conservación de especies e espazos
ContidosContidos de Teoría:
INTRODUCCIÓN
Os recursos naturais. Os recursos naturais biolóxicos e a Bioloxía da Conservación.
NIVEIS DE BIODIVERSIDADE
Biodiversidade global: Niveis de estudo (xenes, especies, poboacións, ecosistema), situación actual e causas de perda.
CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE
Conservación da biodiversidade “in situ. Deseño de reservas para conservación.
Conservación da biodiversidade “ex situ”. Xustificación e limitacións. Reintroduccións.
CATEGORÍAS DE RISCO
Categorías de risco das especies ameazadas. Categorías da I.U.C.N. Definición e criterios de avaliación.
Categorías das especies comerciais. Convención sobre Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES).
ESTRATEXIAS DE CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE
A estratexia europea para a conservación e o uso sostido da diversidade biolóxica. Aspectos legais: Directiva Hábitats e R.D. 7 Decembro 1995: hábitats e especies de interese para conservación.
A estratexia nacional para a conservación e o uso sostido da diversidade biolóxica. Lexislación e Instrumentos de planificación.
A estratexia galega para a conservación e o uso sostido da diversidade biolóxica. Lexislación e Instrumentos de planificación.
Contidos de Prácticas:
PRÁCTICAS DE CAMPO
Práctica 1: Conservación na práctica I. Práctica de campo.
PRÁCTICAS DE AULA DE INFORMÁTICA / SEMINARIO
Práctica 2: Estudio da viabilidade de poboacións. I.
Práctica 3: Estudio da viabilidade de poboacións. II.
Práctica 4: Xestión para conservación. I.
Práctica 5: Avaliación de hábitats para conservación.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica e complementaria
BAÑARES, A., BLANCA, G., GÜEMES, J., MORENO, J.C. & ORTIZ, S. 2004. Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Dirección General para la Biodiversidad. Publicaciones O.A.P.N. Madrid.
BLANCO, J.C.; GONZÁLEZ, J. L. (Eds.) 1992. Libro Rojo de los Vertebrados de España. Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación & Instituto Nacional para la Conservación de la Naturaleza ICONA. Madrid.
FIEDLER, P.L.; JAIN, S.K. 1992. Conservation Biology. The theory and practice of Conservation and Management. Chapman & Hall. New York. USA.
FIEDLER, P.L.; JAIN, S.K. 1997. Conservation Biology. For the coming decade. Chapman & Hall. New York. USA.
GOLDSMITH, F.B.; WARREN, A. 1993. Conservation in Progress. Jon Wiley & Sons Ltd. England.
GROOOM, M.J.; MEFFE, G.K.; CARROL, C.R. 2006. Principles of Conservation Biology. Sinauer Associates, Inc. Publishers. Sunderland. Massachusetts. USA.
HUNTER, M.L. 1996. Fundamentals of Conservation Biology. Oxford, Blackwell Science
UICN.1998. Guías para Reintroducciones de la UICN. Preparadas por el Grupo Especialistas en Reintroducción de la Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN. UICN, Gland, Suiza y Cambridge, Reino Unido.
MINISTERIO DE OBRAS PÚBLICAS, TRANSPORTE Y MEDIO AMBIENTE. 1995. Estrategia nacional para la conservación y el uso sostenible de la diversidad biológica. Centro de Publicaciones del MOPTMA. Madrid. España.
PRIMACK, R. B. 2002. Essentials of Conservation Biology. Sinauer Associates, Inc. Publishers. Sunderland. Massachusetts. USA.
PRIMACK, R. B., ROSS, J. 2002. Introducción a la biología de la conservación. Ariel. Barcelona.
PULLIN, A.S. 2002. Conservation Biology. Cambridge University Press.
SUTHERLAND, W. J. (Ed.). 1998. Conservation science and action. Blackwell Science. Oxford. England.
SUTHERLAND, W. J. (Ed.). 2000. The conservation handbook. Blackwell Science. Oxford. England.
CompetenciasO alumno, unha vez superada esta materia, debe:
-Coñecer a importancia e a necesidade de conservación dos recursos biolóxicos, do que se deriva o seu uso sustentable, con evidente repercusión no desenvolvemento das competencias dun Enxeñeiro de Montes.
-Coñecer o efecto de diferentes actividades de xestión forestal sobre a conservación da biodiversidade.
-Coñecer e aplicar criterios científicos e técnicos de planificación para conservación de hábitats e/ou especies.
-Coñecer e aplicar criterios científicos e técnicos de conservación na práctica (“in situ” e “ex situ”) e de xestión para conservación.
-Acadar un nivel suficiente de habilidade no manexo da normativa europea, nacional e autonómica relativa á conservación de hábitats e/ou especies.
Metodoloxía da ensinanza Como adaptación desta materia ao novo sistema de crédito europeo (ECTS) a docencia teórica baséase na lección maxistral explicada pola profesora, ilustrada con Presentacións en Power Point ou outros medios, que poden ser consultadas na USC Virtual.
A docencia práctica realízase utilizando programas de simulación na Aula de Informática, realizando avaliacións para conservación no Laboratorio, e programando Prácticas de Campo relacionadas cos contidos do programa.
Como xeito de adaptación ao novo sistema de crédito europeo, o alumno completa a súa aprendizaxe mediante a realización e presentación dun traballo, guiado polo profesor.
Sistema de evaluaciónCriterios de avaliación:
• Teoría: exame oficial de teoría, escrito. Os alumnos con asistencia regular ás clases teñen a opción de realizar exame parcial programado e outras actividades propostas na clase, nun proceso de avaliación continuada.
• Prácticas: asistencia obrigatoria e presentación da memoria de clases prácticas.
Para superar a materia, é preciso superar ámbalas dúas partes, teoría e prácticas.
Na cualificación final, terase en conta: a cualificación de teoría, a cualificación de prácticas, a asistencia e participación nas actividades lectivas programadas, así como a realización e presentación do traballo guiado polo profesor.
Preséntanse como exemplo dúas opcións de cualificación, en función das actividades realizadas polo alumno:
Opción A: Teoría: 60%, Prácticas:25%, Traballo 15%
Opción B: Teoría: 55%, Prácticas:25%, Traballo 15%, Actividade: 5%
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
- Teoría: 30
- Prácticas: 15
Total horas presenciais= 45 h
Horas non presenciais:
- Estudo da teoría: 45
- Elaboración das memorias de prácticas: 12
- Elaboración e presentación do traballo: 10,5
Total horas non presenciais=67,5
Total horas presenciais + non presenciais: 112.5
- Proba de avaliación: 5
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllase ó alumno a revisión previa dos temas nos libros recomendados e/ou na USC Virtual, así como a súa impresión en papel para facilitar a compresión da lección maxistral.
Tamén se aconsella o estudio diario, para poder realizar actividades de avaliación continuada.