G4071221 - Hidráulica (Enxeñaría do Medio Forestal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaSe busca que o Enxeñeiro Forestal e do Medio Natural acade un grao suficiente de coñecemento da hidráulica que será necesaria en calquera tipo de instalación hidráulica e introducilo no estudio do fluxo da auga en canles abertos.
ContidosCálculo de empuxes.
Características xeométricas e mecánicas de tubarias.
Perdas de carga.
Cálculo de sistemas simples e complexos de tubarias.
Instalacións de bombeo.
Fluxo variable en conducións a presión.
Lámina libre: réxime uniforme e permanente.
Fluxo en canais abertos: resaltos hidráulicos.
Hidrometría en réxime forzado e en lámina libre.
Bibliografía básica e complementariaAgüera, J., 1996: “Mecánica de fluídos incompresibles y turbomáquinas hidráulicas. Problemas resueltos”. Editorial Ciencia 3.
Agüera, J., 1996: “Mecánica de fluidos incompresibles y turbomáquinas hidráulicas". Editorial Ciencia 3.
Arviza, J., Balbastre, I. Altozano P. 2002. Ingeniería Rural: Hidráulica. Ed. U. Politécnic ade Vanecia.
Bonillo, J.J.; Puertas, J. 2001. Problemas de Hidráulica. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Universidad de A Coruña, A Coruña.
Franzini, J.; Finnemore, J., 1999: “Mecánica de los fluidos con aplicaciones en Ingeniería”. Editorial MacGraw Hill.
Giles, R.; Evett, J.; Liu, L., 1994: “Mecánica de los fluidos e Hidráulica”. Editorial MacGraw Hill.
Mataix, C. 1996: "Mecánica de fluidos y turbomáquinas hidráulicas". Ediciones del castillo
Puertas Agudo, J. Sánchez Juny, M. 2000. Apuntes de canales. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Caminos Canales y Puertos. Universidad de A Coruñ, A Coruña.
Roldán, J.; Pulido, I.; Camacho, E.; Alcaide, M.; Losada, A. 1999. Problemas de hidráulica para riegos. Universidad de Córdoba.
Sánchez-Juny, M.; Bladé, E.; Puertas, J. 2007: "Hidráulica". Universidade da Coruña.
White, F.M. Mecánica de los fluidos. 2008. Ed. Mac Graw-Hill.
CompetenciasComo competencias xerais:
Coñecementos de hidráulica, construción, electrificación, camiños forestais, maquinaria e mecanización necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestais como para a súa conservación.
Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e planes, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e tasacións.
Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Como competencias específicas da asignatura:
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Hidráulica Forestal.
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza da materia se distribuirá da seguinte forma:
Clases expositivas nas que se desenvolverán os conceptos teóricos necesarios para a comprensión da materia: 24 horas.
Actividades en seminarios (grupos reducidos). Estas clases teñen como finalidade á resolución de problemas prácticos: 12 horas.
As prácticas (grupos reducidos) se desenvolverán no laboratorio e nas aulas de informática: 12 horas.
Titorías en pequenos grupos (grupos moi reducidos) cada un dos grupos dispón de tres horas destinadas á clarificación das dúbidas que podan existir nos diferentes temas tratados na materia.
Así mesmo os alumnos dispoñen da posibilidade de acudir a titorías individuais sempre que o crean oportuno e no horario que o profesorado ten destinado para elo.
A asistencia a clases expositivas, seminarios, prácticas y titorías en pequenos grupos será obrigatoria.
Sistema de evaluaciónRealizarase unha proba escrita, con contidos prácticos e teóricos, o finalizar a materia. Esta proba representará o 70% da nota final e se necesita, na mesma, un mínimo de 4 puntos sobre 10 para poder aprobar.
Se levarán a cabo varias probas escritas unha vez finalizados os diferentes bloques temáticos nos que se divide a materia, que pretenden avaliar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos. A puntuación obtida suporá o 25% da nota final.
A asistencia as clases teóricas, seminarios e realización das prácticas de laboratorio son obrigatorias.
A realización de prácticas e entrega da memoria individual correspondente suporá o 5% da nota final.
As persoas que xa cursaron a materia en cursos anteriores poderán asistir as clases teóricas e de seminario. A avaliación realizarase cunha proba escrita que avaliará os coñecementos teóricos e prácticos e que representará o 100% da cualificación final.
Tempo de estudo e traballo persoalLectura e preparación de temas 24 horas.
Preparación previa das prácticas e posterior traballo sobre as mesmas 6 horas.
Realización de exercicios 30 horas.
Elaboración de traballos de curso 10 horas.
Preparación de probas de avaliación 22 horas.
Total 58
Recomendacións para o estudo da materiaSe recomenda a asistencia participativa e activa ás clases e o estudio continuado e paralelo á impartición da asignatura.