Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041221 - Materiais de Construción (Enxeñaría da Construción) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría da Construción
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARNERO LOPEZ, MATIAS.NON
MENDEZ LODOS, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
G4041221/CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar unha información básica sobre os distintos materiais utilizados na construción.
    Posibilitar no alumno a formación dun criterio racional de utilización dos distintos materiais, que lle sirva de para obter unha visión de conxunto do sector da construción a través dos distintos materiais utilizados nela.
    O obxectivo xeral da materia será polo tanto o de preparar a técnicos que coñezan os Materiais de Construción suficientemente a fondo como para poder realizar con garantía de éxito as misións que se lle encomenden na obra.

    Contidos
    Tema 1. Propiedades xerais. Ensaios. Control de calidade.
    Tema 2. Áridos.
    Tema 3. Yesos. Cales. Cementos.
    Tema 4. Formigóns
    Tema 5. Materiais cerámicos e Vidro.
    Tema 6. Materiais metálicos.
    Tema 7. Materiais Bituminosos.
    Tema 8. Materiais plásticos e elásticos.
    Tema 9. Materiais compostos.
    Tema 10. Madeira.
    Tema 11. Outros materiais.

    Prácticas de Campo:
    Realizaranse dúas viaxes para visitar instalacións de fabricación de materiais de construción.

    Bibliografía básica e complementaria
    Sanchez Marín, José M.; Las Heras, José M.
    “Conocimiento de materiales”
    Ed. Donostiarra. San Sebastian.

    López Jimeno, Carlos. (Coord)
    “Manual de áridos: Prospección, Explotación y Aplicaciones”.
    Ed. E.T.S.I. de Ingenieros de Minas. Madrid 1998

    Arredondo y Verdú, Francisco.
    “ Yesos y cales ”.
    Ed. Servicio de publicaciones Obras Públicas. E.T.S. Ingeniero de caminos-Madrid. 1991

    Villanueva Domínguez, Luis de y García Santos, Alfonso.
    “ Manual de yeso ”.
    Ed. CIE Inversiones Editoriales – DOSSAT 2000
    Madrid. 2001

    Fernández Cánovas, Manuel.
    “ Hormigón ”.
    Ed. Servicio de publicaciones Obras Públicas. E.T.S. Ingeniero de caminos-Madrid. 2007

    Ministerio de Fomento.
    “ Instrucción para la recepción de cementos RC-08”.
    Ed. Centro de Publicaciones Secretaría General Técnica.
    Madrid. 2009


    Competencias
    Competencias xerais:

    Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Civil e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.

    Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se expón na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.

    Coñecemento da historia da enxeñería civil e capacitación para analizar e valorar as obras públicas en particular e a construción en xeral.

    Competencias específicas:

    Coñecemento teórico e práctico das propiedades químicas, físicas, mecánicas e tecnolóxicas dos materiais máis utilizados en construción.

    Competencias transversais:

    Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.

    Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.

    Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.

    Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía empregada nesta materia obedece a unha serie de actividades que, polo seu carácter participativo, adáptanse ao novo sistema proposto no Espazo Europeo de Educación Superior, cun claro protagonismo do traballo autónomo do alumnado.

    Concretamente, a docencia da materia baséase en:

    * Clases expositivas ou teóricas nun único grupo
    * Clases interactivas
    * Clases prácticas
    * Tutorías en grupo
    * Tutorías individualizadas.
    * Exames dos contidos e da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.
    * Revisións voluntarias dos exercicios de exame.


    Sistema de evaluación
    O 80 % da cualificación final dependerá do exame final, de contido teórico-práctico, segundo as convocatorias oficiais.

    O 20 % da cualificación final dependerá de asistencia e os traballos realizados nos seminarios e prácticas.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Co sistema de créditos ECTS, aparte da asistencia ás clases expositivas (24 horas ao longo do semestre, dous por semana durante 12 semanas), ás Seminarios interactivos (12 horas ao longo do semestre, unha e media por semana durante 8 semanas), ás tutorías en grupo (2 horas en todo o semestre), e ás tutorías individuais (as veces que desexe ao longo do curso), o alumnado deberá dedicarlle ao "asentamento" dos conceptos teóricos e dos procedementos (co explicado nas clases expositivas e co apoio da bibliografía recomendada).
    Deste xeito, as horas dedicadas á materia axustaríanse, máis ou menos, ao previsto:

    6 créditos ECTS x 25 horas crédito = 150 horas de dedicación.


    Recomendacións para o estudo da materia
    É importante a asistencia ás clases expositivas porque sentan as bases para o aproveitamento das clases interactivas e prácticas.
    A asistencia ás clases interactivas é, polo tanto, indispensable para fortalecer a aprendizaxe do alumnado. Nelas vai desenvolver o apreso e vai ser consciente do nivel que vai adquirindo e das súas limitacións, sempre coa axuda e o apoio do profesor.
    Co complemento das tutorías, en grupo e individuais, permitiralle afrontar as diversas dificultades que se lle poida presentar.


    Observacións
    Os traballos e a asistencia que se realicen ao longo do curso terán influencia na nota final da materia.
    Realizarase un exame final, de contido teórico-práctico.