G4041222 - Estruturas I (Enxeñaría da Construción) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría da Construción
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDesenrolo da análise elemental das estruturas, estudando as tipoloxías mais usuais na enxeñería civil, e comprensión de como as características das estruturas inflúen no seu comportamento.
ContidosBLOQUE 1. ESTRUTURAS ISOSTÁTICAS.
1.1. Conceptos fundamentais.
1.2. Equilibrio xeral. Reaccións. Esforzos internos. Vigas biapoiada e en beiril.
1.3. Pórticos e arcos. Estruturas de nudos articulados.
1.4. Combinación de estruturas isostáticas.
BLOQUE 2. TENSIÓN-DEFORMACIÓN.
2.1. Equilibrio tensional. Tensor de tensións. Tensións e dirección principais. Circulo de Mohr.
2.2. Movemento, tensión e deformación. Modelos de comportamento de materiais.
BLOQUE 3. FLEXOCOMPRESIÓN.
3.1. Elementos barras sometidos a axil. Seccións de varios materiales. Seccións variables.
3.2. Elementos barras sometidos a flexión. Seccións de varios materiais. Núcleo central.
BLOQUE 4. TORSIÓN.
4.1. Torsión uniforme e non uniforme. Tensións tanxenciais por torsión uniforme. Seccións circulares, macizas e rectangulares estreitas.
4.2. Torsión en secciones abertas e pechadas. Combinación de sección abertas e cerradas.
BLOQUE 5. CORTANTE.
5.1. Tensións tanxenciais por cortante. Seccións rectangulares e dobre-T. Seccións abertas.
5.2. Centro de esforzos cortantes en sección abertas. Seccións pechadas.
Bibliografía básica e complementariaAllen, H.G. y Bulson, P.S. “Background to Buckling. “MacGraw-Hill, 1980.
Belluzzi, O. :” Ciencia de la constucción”, Aguilar, 1969.
Cervera Ruiz, Blanco Díaz. E:”Mecánica de estructuras”. Libro 1”Resistencia de Materiales”. Ediciones UPC Barcelona 2002
Cervera Ruiz, Blanco Díaz. E:”Mecánica de estructuras”. Libro 2 “Métodos de análisis”. Ediciones UPC Barcelona 2002
Coates, r.C. , Coutie, M.G. y Kong, F.K. “Structural Analysis”, Chapman and Hall .
Courbon, J.:”Tratado de resistencia de materiales” , Aguilar, 1967.
Gordon, J.E. “The New Science of Strong materials”, Penguin Books, 1983
Hernández Ibáñez “Análisis lineal de estructuras de barras” , E.T.S.I. Caminos, Canales y Puertos. Universidad de La Coruña.
Landau, L.D. y Lifshitz, E.M. : “Curso de física teórica. Volumen 7: Teoría de la elasticidad”, Reverté, 1969.
Ortiz Berrocal, L “Resistencia de materiales” ,MacGraw-Hill, 1991.
Pastoriza, A., García Andino, L. Y Núñez, A “Elementos de elasticidad”, Publicaciones E.T.S.I. Caminos, Canales y Puertos de Madrid, 1970.
Timoshenko, S. “History of Srength of materials” MacGraw-Hill, 1953.
Torroja, E “Razón y ser de los tipos estructurales” Instituto Eduardo Torroja para la Construcción y el Cemento, 1976.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS:
Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das función de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Capacidade para analizar e comprender como as características das estruturas inflúen no seu comportamento. Capacidade para aplicar os coñecementos sobre o funcionamento resistente das estruturas para dimensionalas seguindo as normativas existentes e utilizando métodos de cálculo analítico e numéricos.
Coñecemento dos fundamentos do comportamento das estruturas de formigón armado e estruturas metálicas e capacidade para concibir, proxectar, construír e manter ese tipo de estruturas.
Capacidade para aplicar os coñecementos de materiais de construción en sistemas estruturais.
Coñecemento da relación entre estrutura dos materiais e as propiedades mecánicas que desta se derivan.
Metodoloxía da ensinanza Utilizaranse as metodoloxías docentes xerais recollidas na Memoria do Título de Grao:
• Clases teóricas: desenrolo teórico de conformidade co sinalado na Programación Docente.
• Prácticas: formulación e realización de actividades de carácter práctico.
• Seminarios: preparación en pequenos grupos dun tema e exposición oral.
• Titorías: actividades interactivas de seguimento e resolución dos temas propios da materia.
Sistema de evaluaciónAVALIACIÓN CONTINUA
• Asistencia obrigatoria (a conservar en cursos posteriores no caso de repetidores).
• Probas de avaliación continua (AC), que inclúen actividades, problemas e resolución de exercicios prácticos. Ata 1 punto.
• Dous exames parciais (EP1 e EP2) sobre a metade dos contidos da materia cada un. Ata 10 puntos por exame.
• Exame final (EF) consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia (segundo calendario oficial de la EPS). Ata 10 puntos.
• Os requisitos para aprobar a materia en avaliación continua son:
- Cumprir a totalidade da asistencia.
- Cualificación na exame final maior ou igual a 3.50 puntos.
- Cualificación media (AC+0.25·EP1+0.25·EP2+0.50·EF) non menor de 5 puntos.
CONVOCATORIA XULLO
Con asistencia obrigatoria:
• Cumprir polo menos o 50% de la asistencia (non se conservará en cursos posteriores no caso de repetidores).
• Traballos de recuperación no caso de non ter o 100% da asistencia.
• Exame final (EF) consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia (segundo calendario oficial de la EPS). Ata 10 puntos.
• Os requisitos para aprobar a materia en avaliación continua son:
- Cumprir polo menos o 50% de la asistencia.
- Entrega de Traballos de recuperación correctamente resoltos
- Cualificación na Exame final non menor de 5 puntos.
CONVOCATORIA EN CASO DE REPETIDORES
• Os alumnos sen a totalidade de asistencia realizada nun curso anterior, seguirán o mesmo sistema de avaliación que no caso de alumnos non repetidores.
• No caso de repetidores coa totalidade da asistencia realizada, poderán seguir o mesmo sistema de avaliación continua que os alumnos non repetidores (sen ser obrigatoria a asistencia), ou presentarse directamente ao exame final ordinario e/ou de xullo, e nese caso deberán obter polo menos 5 puntos para aprobar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Clases teóricas......................................24
Clases interactivas_Prácticas...................12
Clases interactivas_Seminarios...............12
Titorías en grupos reducidos..................03
Exame.................................................07
TRABALLO PERSOAL:
Lectura e preparación de temas..............22
Realización de exercicios........................30
Preparación previa das práctica e traballo
posterior sobre as mesmas....................10
Traballos de curso.................................10
Preparación probas avaliación…..............20
Recomendacións para o estudo da materia• Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
• Estudo diario de la materia.
• Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización na clase.
• Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.