Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041223 - Hidráulica I (Enxeñaría Hidráulica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Hidráulica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Sendo a auga un elemento co cal deberá enfrontarse el Enxeñeiro Civil, en practicamente todos os seus campos de actuación, resulta necesario o coñecemento dos aspectos dinámicos e cinemáticos (causas y efectos) que rexen o seu comportamento. Esta materia presentase cun aspecto básico dado que nela impártense conceptos e métodos contemplados por primeira vez na carreira (condicións de circulación, ecuacións básicas, modelización, etc.). Os principais aspectos que se pretende que o alumno domine con claridade son:
    1. Entender os conceptos principais da Mecánica de Fluídos e as súas implicacións para a Enxeñería Civil.
    2. Coñecer as ecuacións fundamentais que rexen os fluxos incompresibles.
    3. Saber distinguir os distintos tipos de fluxos.
    4. Adquirir os conceptos básicos para o análise e resolución de problemas de Enxeñaría Hidráulica.


    Contidos
    Unidade I. Introdución á Mecánica de Fluídos
    Unidade II. Estática de fluídos
    Principio de Pascal
    Ecuación Xeral
    Instrumentos de medida de presións
    Forzas sobre superficies somerxidas
    Flotación
    Unidade III. Cinemática de fluídos
    Líñas de corrente e tubos de corrente
    Función de corrente
    Aceleracións
    Tipos de fluxo. Clasificación do movemiento
    Vorticidade e irrotacionalidade
    Potencial de velocidades
    Unidade IV. Dinámica de fluídos. Ecuacións fundamentais
    Fluxo volumétrico e fluxo másico
    Teorema do Transporte de Reynolds
    Ecuación conservación momentum
    Ecuación conservación masa
    Bernouilli
    Unidade V. Fluxo viscoso en conductos a presión
    Pérdidas contínuas
    Pérdidas localizadas
    Sistemas de bombeo
    Redes de tuberías
    Unidade VI. Análise dimensional
    Introducción ó análise dimensional

    Bibliografía básica e complementaria
    White, F. Mecánica de Fluidos. McGrawHill, 2001.
    Daugherty, Franzini. Mecánica de fluídos con aplicaciones en ingeniería. Mc Graw Hill, 1989.
    Streeter, V.L. Mecánica de Fluídos. 1951.
    Mott, R.L. Mecánica de Fluídos. 2006 .
    Giles, R.V. Mecánica de los fluidos e hidráulica. McGrawHill. 1979.
    Sánchez. M., Iglesias, G., Carballo, R. Análise Dimensional. Univ. Santiago de Compostela, 2013.

    Competencias
    Coñecer os fundamentos da Mecánica de Fluidos e as súas implicacións de cara a resolución de problemas en Enxeñaría Civil.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas, seminarios interactivos, ademais de titorías individuais e en grupos reducidos.
    As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. Os alumnos deberán adicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudo posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumno, dentro de cada unidade programase un control tipo test dos conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, de modo que ó mesmo tempo se asegure que o alumno dispón dos coñecementos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos seminarios interactivos.
    En canto ós seminarios interactivos, estos concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento os alumnos resolverán exercicios e problemas, fundamentalmente en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. Do mesmo xeito, tamén se formularán cuestións de difícil comprensión que deberán ser resoltas polo alumnado.

    Sistema de evaluación
    Recurrirase a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, a nota final da materia, ademáis do exame final, terá en conta os seguintes aspectos:
    - Asistencia e aproveitamento das clases expositivas (probas escritas de control á finalización das diferentes unidades). (Ata un 20% sobre a nota final).
    - Asistencia e aproveitamento dos seminarios interactivos. (Ata un 10% sobre a nota final).
    - Traballos / exercicios entregados e/ou presentados. (Ata un 10% sobre a nota final).

    As porcentaxes anteriores poderán axustarse lixeiramente en función da evolución do curso. Os alumnos serán informados desta posible modificación coa debida antelación.
    Os criterios a seguir na oportunidade extraordinaria de recuperación e para alumnos repetidores serán análogos ós expresados anteriormente.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Lectura e preparación de temas: 36 h
    - Preparación de prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 30 h
    - Realización de actividades propostas: 10 h
    - Preparación de probas de avaliación: 20 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
    - Estudo diario da materia.
    - Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización na clase.
    - Asistencia a titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.