Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071222 - Construción Forestal (Enxeñaría do Medio Forestal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARREIRA PEREZ, XOAN CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos da materia son os seguintes:
    -Dar a coñecer ao alumnado o comportamento estrutural dos elementos de edificación e as súas implicacións no deseño e calculo das construcións forestais.
    -Dar a coñecer a normativa de aplicación en construción e fundamentalmente o proceso de dimensionamento dos elementos estruturais dos edificios a traveso do seguinte proceso: avaliación de accións; calculo de estruturas; dimensionamento de elementos estruturais en formigón armado; deseño de cimentacións.
    -Conseguir,por unha banda, que o alumnado sexa capaz de realizar o proceso de dimensionamento anteriormente descrito no caso en estruturas sinxelas e , pola outra , que sexa capaz de interpretar os resultados dos cálculos obtidos a traveso de software especifico para o caso de estruturas máis complexas.
    -Dar a coñecer ao alumnado os elementos, materiais e tipoloxías construtivas mais comunmente utilizadas nas construcións forestais, así como os criterios para a avaliación das mesmas de acordo aos criterios dunha construción sustentábel



    Contidos
    PROGRAMA

    UNIDADE I.- INTRODUCIÓN

    Tema 1.- Solicitacións básicas. Tensións e deformacións
    1.1.- Corpo elástico. Ley de Hooke.
    1.2.- Forzas externas e internas. Equilibrio estático. Sistemas isostáticos e hiperestáticos.
    1.3.-Esforzos:Compresión, Tracción, Cortante,Flexión pura, simple, esviada e composta. Tensións producidas na sección
    1.4.- Leis de Momentos Flectores, esforzos cortantes nunha barra e esforzos axiales
    1.5.- Deformacións. Compoñentes da deformación.

    Tema 2.- Cálculo de vigas elementos estruturais isostáticos.
    2.1.- Cálculo de reaccións.
    2.2.- Leis de Momentos Flectores. Valores máximos e mínimos. Determinación das zonas da barra que están comprimidas ou traccionadas.
    2.3.- Leis de esforzos cortantes e axiales. Valores máximos e mínimos.
    2.4.- Deformacións. Teoremas de Mohr. Ecuación diferencial da elástica. Frecha máxima


    Tema 3.- Cálculo de vigas elementos estruturais hiperestáticos.
    3.1.- Cálculo de reaccións. Condicións de contorno
    3.2.- Leis de Momentos Flectores. Valores máximos e mínimos. Determinación das zonas da barra que están comprimidas ou traccionadas.
    3.3.- Leis de esforzos cortantes e axiales. Valores máximos e mínimos.
    3.4.- Deformacións. Teoremas de Mohr. Ecuación diferencial da elástica. Frecha máxima




    UNIDADE II.- DIMENSIONAMENTO. DESEÑO E CÁLCULO DE ELEMENTOS DE FORMIGÓN

    Tema 4- Bases de cálculo e Normativa específica para o dimensionamento de elementos de formigón
    4.1.- Aspectos fundamentais da norma EH-08.
    4.2.- Composición, características e propiedades mecánicas do formigón
    4.3.- Características e propiedades mecánicas das armaduras de aceiro.
    4.4.- Valores de cálculo.
    4.5.- Métodos de cálculo.
    4.6.- Durabilidade. Ambientes

    Tema 5.- Dimensionamento de vigas de formigón armado. Calculo de armaduras lonxitudinais e transversais

    5.1.- Metodo simplificado
    5.2.- Calculo a flexión simple e composta.
    5.3.- Calculo de armaduras lonxitudinais e transversais
    5.4.- Cuantía xeométrica mínima. Anclaxe e empalme. Fisuracion.
    5.5.- Deformacións

    Tema 6.- Dimensionamento piares de formigón armado. Calculo de armaduras lonxitudinais e transversais
    6.1.- Método simplificado
    6.2.- Cálculo a compresión simple e composta.
    6.3.- Calculo de armaduras lonxitudinais e transversais
    6.4.- Pandeo.
    6.5.- Cuantía xeométrica mínima. Anclaxe e empalme. Fisuracion.


    UNIDADE III.- SISTEMAS ESTRUCTURAIS. INTRODUCCIÓN


    Tema 7.- Tipoloxías estruturais nas construcións forestais
    7.1.- Tipos de construcións forestais.
    7.2.- Elementos que compoñen un edificio. Terminoloxía
    7.3.- Tipoloxías estruturais nas construcións forestais.
    7.4..- Naves a un auga. Vigas cargadeiro.
    7.5.- Naves a dúas augas. Pórticos. Vigas peraltadas. Cimbros
    7.6.- Outra tipoloxías.



    UNIDADE IV.- DIMENSIONAMENTO. ACCIÓNS NA EDIFICACIÓN.

    Tema 8.- Bases teóricas e normativa aplicable na avaliación de accións.
    8.1.- Normativa aplicable.
    8.2.- Código Técnico da Edificación
    8.3.- CTE. Documento Básico-Seguridade Estrutural: Accións na Edificación
    8.4.-Clasificación das accións. Valor característico.Accións de carácter permanente e variable.
    8.5.- Combinación de accións. Coeficientes de simultaneidade. Coeficientes parciais de seguridade. Combinación de accións. Estados Límite Últimos. Estados Límite de Servizo.

    Tema 9.- Avaliación de accións sobre os distintos elementos.
    9.1.- Avaliación de accións sobre correas.
    9.2.- Avaliación de accións sobre vigas e pórticos.
    9.3.- Avaliación de accións sobre piares


    UNIDADE V.- DIMENSIONAMENTO. CÁLCULO DE ESTRUTURAS

    Tema 10.- Introdución ao cálculo de estruturas. Tipos de apoios e nodos.
    10.1.- Tipos de enlace entre elementos da estrutura.
    10.2.- Apoios e nodos. Clasificación.
    10.3.- Estruturas isostáticas e hiperestáticas. Estruturas intranslacionais e translacionais.

    Tema 11.- Introdución aos métodos de cálculo de estruturas. Leis de esforzos. Deformacións.
    11.1.- Estruturas isostáticas: métodos de cálculo. Leis de esforzos. Deformacións.
    11.2.- Estruturas hiperestáticas: métodos de cálculo. Leis de esforzos. Deformacións.


    Tema 12.- Resolución de estruturas isostáticas. Calculo de reaccións. Leis de esforzos. Deformacións.
    12.1.- Calculo de reaccións en pórticos isostáticos. Leis de esforzos. Deformacións.
    12.2.- Cálculo de reaccións en naves con vigas peraltadas sobre piares. Leis de esforzos. Deformacións.
    12.3.- Calculo de reaccións en naves a un auga con vigas cargadeiro. Leis de esforzos. Deformacións.
    12.4.- Calculo de reaccións noutras estruturas utilizadas nas construcións forestais


    Tema 13.- Calculo de estruturas por computadora. Análise e interpretación dos resultados.
    13.1.- Aspectos a ter en conta no calculo de estruturas por computadora.
    13.2.- Aspectos a ter en conta na entrada de datos.
    13.3.- Aspectos a ter en conta na interpretación dos resultados.
    13.4.- Métodos de comprobación dos resultados




    UNIDADE VI.- DIMENSIONAMENTO. CIMENTACIÓNS

    Tema 14.- A cimentación nas edificacións.
    14.1.- A importancia da ciemntación nas edificacións.
    14.2.- Tipos de cimentacións. Superficial. Profunda
    14.3.- Estudos xeotécnicos . Obxectivos e interpretación.
    14.4.- Tipos de zapatas. Ailladas. Continuas. Rixidas . Flexibeis.
    14.5.- Bases de calculo

    Tema 15- Cálculo da estabilidade estrutural das zapatas
    15.1.- Distribucións de tensións sobre o terreo.
    15.2.- Seguridade fronte ao fundimento.
    15.3.- Seguridade fronte ao envorcamento
    15.4.- Seguridade fronte ao deslizamento

    Tema 16.- Cálculo das armaduras en zapatas de formigón armado.
    16.1.- Calculo de armaduras segundo o tipo de zapatas.
    16.2.- Calculo de armaduras en zapatas ríxidas
    16.3.- Calculo de armaduras en zapatas flexibeis.


    UNIDADE VII.- CONSTRUCIÓNS FORESTAIS SUSTENTABEIS: TIPOLOXÍAS E ELEMENTOS

    Tema 17.- Construción sustentábel
    17.1.- Criterios de construción sustentábel
    17.2.- Integración axeitada das construcións no contorno e no ambiente físico
    17.3.- Elección axeitada de materiais e procesos construtivos
    17.4.- Xestión eficiente da enerxía e da auga
    17.5.- Minimización e xestión adecuada dos residuos da construción
    17.6.- Consecución do confort interior axeitado en función do uso do edificio.

    Tema 18.- Elementos construtivos –Cimentacións, estrutura e cuberta, paramentos, solos, revestimentos e illamentos
    18.1.- Elementos enterrados: cimentacións e saneamento.
    18.2.- Elementos da estrutura. Os perfís de aceiro. Elementos de madeira.Muros de carga.
    18.3- Paramentos horizontais. Forxados.
    18.4- Elementos da cuberta: Cimbros, correas, aleiros, canlóns. Materiais de cuberta.
    18.5.- Paramentos verticais. Fachadas. Tabiques.Materiais utilizados
    18.6.- Solos. Tipos de solos. Materiais empregados
    18.7.- Illamentos
    18.8.- Revestimentos. Tipos. Impermeabilizacións. Azulexados. Carpintería.
    18.9.- Instalacións básicas nas construcións forestais: Instalación eléctrica. Instalación de subministro de auga. AQS. Fontanería. Control ambiental. Ventilación Natural e artificial. Aire acondicionado. Outras instalacións.

    Tema 19.- Tipoloxías das construcións de uso forestal
    19.1.- As construcións tradicionais do monte
    19.2.- As novas construcións do monte


    ACTIVIDADES INTERACTIVAS

    UNIDADE I.- INTRODUCIÓN
    - Seminario 1.- Forzas exteriores. Reaccións. Esforzos básicos . Solicitacións ( 2 horas)
    - Seminario 2.- Calculo de leis de momentos flectores, esforzos cortantes e axiales (2 horas)
    - Seminario 3.- Calculo de vigas hiperestáticas (1 horas)
    - Laboratorio 1.- Manexo de so
    Contidos
    ftware especifico para o calculo reaccións e leis en vigas sinxelas (2 horas).
    - Laboratorio 2.- Calculo de vigas hiperestaticas por métodos manuais e por computadora (3 horas).


    UNIDADE II.- DIMENSIONAMENTO. DESEÑO E CÁLCULO DE ELEMENTOS DE FORMIGÓN
    - Seminario 4.- Cálculo de armaduras lonxitudinais e transversais en vigas de formigón armado ( 2 horas).
    - Seminario 5.- Cálculo de armaduras lonxitudinais e transversais en piares de formigón armado ( 2 horas).

    UNIDADE V.- DIMENSIONAMENTO. CÁLCULO DE ESTRUTURAS.
    - Laboratorio 3.- Manexo de software especifico para calculo de estruturas con computadoras (4 horas)

    Bibliografía básica e complementaria
    UNIDADE I.- INTRODUCCIÓN

    - Beer, F.P.; Johnston, E.R. Jr. 2007. Mecánica para Ingenieros: Dinámica y Estática (2 vol.). Ed. McGraw-Hill.
    Libro que permitirá repasar os contidos impartidos na material de Fisica I e que son necesarios para aplicar nesta material.

    - Gere, J.M.. 2002. (Timoshenko)Resistencia de materiales. 5ª ed.Ed. Thomsom. Madrid.
    Libro clásico con unha grande cantidade e variedade de problemas resoltos que facilita o traballo individual do/a alumno/a.

    - Nash, W.A. 1987. Resistencia de materiales. Teoría y 430 problemas resueltos. Ed. McGraw-Hill. México.
    Libro clásico con unha grande cantidade e variedade de problemas resoltos que facilita o traballo individual do/a alumno/a.

    - Vázquez Fernández, M. 1994. Resistencia de materiales. Ed. Noela. Madrid.
    Un bo tratado de resistencia de materiais que pode recomendarse como texto a estudantes de enxeñaría. Destaca a profundidade con que se tratan todos os temas e a cantidade de problemas resoltos e propostos que incorpora ne que facilita no traballo individual do/a alumno/a.


    UNIDADE II.- DIMENSIONAMENTO. DESEÑO E CÁLCULO DE ELEMENTOS DE FORMIGÓN

    - Ministerio de Fomento. EHE-08. INSTRUCCIÓN DE HORMIGÓN ESTRUCTURAL. Ministerio de Fomento. Madrid.
    Normativa que regula o deseño, cálculo e execución de estruturas de formigón, motivo polo cal todos o alumnado debe saber interpretar e aplicar .

    -VARIOS AUTORES. 2002. Guía de aplicación de la Instrucción de Hormigón Estructural. Edificación. Ministerio de Fomento. Madrid.
    Como o seu titulo indica unha guía para seguir e interpretar a normativa que se fai necesaria dada a amplitude e complexidade da mesma.

    - Ortiz Sanz, J.; López Villar, M. 2001. Problemas resueltos de hormigón. Conforme con la instrucción EHE. Editorial Trymar. Lugo.
    Conxunto de problemas resoltos de aplicación de diferentes artigos da EHE, dirixido principalmente ao alumnado. Búscase facilitar a interpretación da citada normativa, desenvolvendo cada artigo nunha aplicación práctica.


    UNIDADE III.- SISTEMAS ESTRUCTURAIS. INTRODUCCIÓN
    - Gonzalez Rodriguez, A. (coord). 2004. Diccionario visual da construcción. COAG. Lugo
    Libro de grande utilidade e doado manexo para introducirse nas partes e elementos dos edificios e demais construccións. Ten ampla información e abundantes ilustracións

    - Engel, H. 2001. Sistemas de estructuras. Ed. Gustavo Gili. Barcelona.
    Libro clásico de referencia nesta materia, que amosa o comportamento das estruturas utilizando como medio de transmisión a linguaxe gráfica reducindo ao mínimo dos textos teóricos e cálculos matemáticos.

    UNIDADE IV.- DIMENSIONAMENTO. ACCIÓNS NA EDIFICACIÓN.
    - Ministerio de Fomento . 2010. Código Técnico de la Edificación. I) SE. II) SE-AE. Acciones en la edificación. Ministerio de Fomento. Madrid,
    Última revisión da normativa que rexe a avaliación de accións no noso país. De obrigado cumprimento, debe ser coñecida tanto nos seus contidos coma na súa interpretación e forma de aplicación



    UNIDADE V.- DIMENSIONAMENTO. CÁLCULO DE ESTRUTURAS.

    - Engel, H. 2001. Sistemas de estructuras. Ed. Gustavo Gili. Barcelona.
    Libro clásico de referencia nesta materia, que amosa o comportamento das estruturas utilizando como medio de transmisión a linguaxe gráfica reducindo ao mínimo dos textos teóricos e cálculos matemáticos.

    - Argüelles Álvarez, R. (Coord.) 2005. Cálculo matricial de estructuras en 1º y 2º orden. Teoría y problemas. Ed. Bellisco. Madrid.
    Libro sobre calculo matricial que complementa ao anterior porque explica o enfoque matemático e teórico necesario para o cálculo de estruturas. Recomendase só en capítulos concretos para completar as nocións básicas de calculo de estruturas.


    UNIDADE VI.- DIMENSIONAMENTO. CIMENTACIÓNS
    - Garcia Valcarce, A.(dir) 2003. Manual de edificación. Mecánica de los terrenos y cimientos. Departamento de edificación-ETSA-Univ Navarra. CIE-Dossat2000. Navarra
    Libro moi diadactico sobre cimentacións. Recomendase só en capítulos concretos para completar as nocións básicas de calculo de estruturas.

    - Calavera Ruiz, J. 2000. Cálculo de estructuras de cimentación. 4ª ed. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC. Madrid.
    Libro clásico sobre cimentacións. Recomendase só en capítulos concretos para completar as nocións básicas de calculo de estruturas.

    UNIDADE VII.- CONSTRUCIÓNS FORESTAIS: TIPOLOXÍAS E ELEMENTOS

    - Gonzalez Rodriguez, A. (coord). 2004. Diccionario visual da construcción. COAG. Lugo
    Libro de grande utilidade e doado manexo para introducirse nas partes e elementos dos edificios e demais construccións. Ten ampla información e abundantes ilustracións

    - Bas, B. 1980. Construcións populares galegas. Bankunión. Coruña.
    Un libro clásico sobre as construccións populares galegas no que se poden coñecer as construccións do ambito forestal e do medio natural

    - Camuñas, A. 1980. Materiales de Construcción.Tomos I-II. Latina Universitaria. Madrid.
    Un libro clásico sobre os materiais de construcción que segue sendo util dentro dunha unidade onde a bibliografia é escasa pois está substituida polos catálogos de fabricantes.

    - Llano Cabado, P. de. 1981. Arquitectura popular en Galicia. COAG. Vigo.
    Libro clásico e case único para coñecer as edificacións máis características de Galiza, fundamentalmente as do mundo rural, onde se inscribe o sector forestal.


    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS
    Tal e como se recolle no plano de estudos, de entre as competencias xerais a adquirir polo alumnado na titulación, as que proporciona a materia de Construción Forestal son as seguintes:
    -Coñecementos de construción necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestais como para a súa conservación (CX9).
    -Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e tasacións. (CX 13).

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    No mesmo plano de estudos, recóllese como competencias específicas da materia, a capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da construción forestal. Esta competencia, pódese concretar do seguinte xeito:
    -Coñecer as tipoloxías de construción forestais existentes, os elementos e materiais que as compoñen así como realizar a correspondente avaliación técnico-económica e ambiental de acordo aos criterios dunha construción sustentábel
    -Coñecer e interpretar a normativa de aplicación en construción.
    -Comprender o comportamento estrutural dos elementos de edificación e o proceso de dimensionamento dos mesmos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas sesións dedicadas á docencia teórica empregarase o método expositivo, de xeito que o alumnado recibe unha base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan duns coñecementos mínimos que os fagan eficaces.
    Asemade, realizaranse seminarios nos que se resolverán casos prácticos e/ou se debaterá sobre temas concretos. Nestas sesións procurarase que o alumnado tome unha actitude activa, resolvendo por si mesmo os casos prácticos formulados ou preparando os temas de debate, recorrendo á axuda do profesor cando sexa necesario. Neste caso o papel do profesor será acompañar a alumno/a no proceso de aprendizaxe.
    A materia contempla tamén a realización de prácticas baseadas na utilización de ferramentas informáticas existentes no laboratorio de cálculo de estruturas. Nestas sesións procurarase desenvolver a habilidade do alumnado no manexo de software especifico para a resolución de casos prácticos de cálculos de estruturas e dimensionamento de elementos construtivos. Ao mesmo tempo procurarase que desenvolva a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos. A alumna/o realizará individualmente o calculo nas computadoras e posteriormente haberá unha sesión de debate sobre os resultados obtidos

    Sistema de evaluación
    1.- Exame de contidos teórico-prácticos:
    Representará como mínimo o 60% da cualificación final, debendo acadar cando menos 3 puntos para poder aprobar a materia.
    Poderán realizarse varios exames parciais para avaliar as diferentes unidades do programa e/ou conxuntos de temas homoxéneos . O peso destes exames na nota final se comunicará ao comezo do curso mediante anuncios na clase e no campus virtual cando se decida o numero deles a realizar
    Poderán establecerse contidos de superación obrigatoria para acadar o aprobado na materia dos cales o alumnado será informado durante o mes de setembro mediante anuncios na clase e no campus virtual.
    No caso de que se fixeran exames de recuperación para unha unidade do programa e/ou un conxunto de temas determinado, a cualificación acadada para esa avaliación parcial será a seguinte:
    c= 5 + ( x-5)/i
    sendo
    c = cualificación acadada na unidade do programa ou conxunto de temas avaliados
    x = cualificación obtida no exame onde se supera esta avaliación parcial
    i = numero de intentos ( numero de exames ) realizados pola alumna ou alumno para superar a avaliación parcial

    2.- Traballos de curso expresamente encargados para ser avaliados na nota final
    Representaran ate un 35 % da cualificación final. Poderán referirse tanto aos contidos das clases expositivas como das interactivas ( seminarios e practicas)

    3.- Asistencia e participación
    A asistencia as clases representará ate un 15 % da nota final. Valorarase especialmente a participación e a asistencia ás clases interactivas de practicas

    - Cualificación final
    Obterase como suma das cualificacións indicadas para cada concepto unha vez ponderadas polo seu peso na nota final. Para superar a materia deberase acadar un mínimo de 5 puntos no total e un mínimo de 3 puntos nos exames teórico-prácticos

    Tempo de estudo e traballo persoal
    De acordo co Plano de Estudios considerase necesario o seguinte:

    -Lectura e preparación de temas : 35 horas ( aproximadamente 1,5 horas por cada hora de carácter expositivo )
    -Realización de exercicios e casos prácticos derivados das clases de seminario, preparación das prácticas e elaboración de traballos de curso: 35 horas ( aproximadamente 1,5 horas por cada hora de carácter interactivo)
    -Preparación de probas de avaliación: 10 horas.

    Así pois, considérase necesario dedicar, por termo medio , aproximadamente catro horas de estudo e traballo persoal por semana.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - A asistencia á clase é fundamental así como o seguimento diario dos contidos. Esta materia necesita de estudo repousado e de tempo de maduración do mesmo.
    - É necesario unha actitude activa na aprendizaxe para asimilar e consolidar os conceptos. Neste caso esta actitude activa concretase no traballo persoal realizando os casos prácticos e problemas propostos, aclarando en titorías e na clase, as dubidas que xurdan.
    - As practicas e seminarios están moi interrelacionadas coa teoría. Non é recomendable asistir unicamente a algún dos diferentes tipos de clases ( expositivas ou interactivas).
    - É moi importante manexar a bibliografía recomendada.
    - Será moi útil aproveitar as das titorías establecidas.

    Observacións
    Para o seguimento da materia, o alumnado dispón dun curso virtual na plataforma Blackboard onde ten a súa disposición material de diversa índole: guía docente da materia, presentacións empregadas nas clases expositivas, guión de prácticas, acceso a páxinas web de interese, etc.