Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071223 - Dasometría e Inventario Forestal e do Medio Natural (Planificación e Xestión Forestal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Álvarez González, Juan Gabriel.SI
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos básicos da materia son:

    1)Que o alumno adquira os coñecementos e a capacidade práctica para poder realizar medicións das principais variables de árbore e de rodal.
    2) Que o alumno sexa capaz de estimar outras variables non medibles a partir das medicións obtidas por árbore e por rodal (volume total, volume por categorías industriais, biomasa por fraccións, contido de carbono por fraccións, etc.)
    3) Que o alumno sexa capaz de utilizar modelos de crecemento sinxelos e interpretar os datos obtidos a partir deles.
    4) Que o alumno poida realizar un inventario de existencias en campo, seleccionando a metodoloxía máis adecuada a cada caso e estimando o tamaño da mostra en función do erro de mostraxe permitida.
    5) Que o alumno poida esquematizar e resumir os datos dun inventario para adaptalos a un proxecto de ordenación.
    6) Que o alumno adquira os coñecementos básicos do proceso da certificación forestal.

    Contidos
    Bloque 1: Introdución ás medicións forestais.
    Tema 1. Introdución á Dasometría
    Tema 2. Unidades de medida e erros

    Bloque II: Medición da árbore individual (Dendrometría)
    Tema 3. Composición morfolóxica da árbore e principais variables a medir
    Tema 4. Medición de diámetros
    Tema 5. Medición de alturas
    Tema 6. Estudo da forma
    Tema 7. Estimación do volume da árbore
    Tema 8. Outras características dendrométricas: cortiza e tamaño de copa
    Tema 9. Cubicación de madeira apilada e leñas

    Bloque III: Medición da masa forestal (Dasometría)
    Tema 10. Estrutura da masa forestal: conceptos básicos
    Tema 11. Parámetros característicos da masa forestal: diámetros e alturas
    Tema 12. Densidade, espesura da masa e competencia
    Tema 13. Cubicación da masa forestal: árbores tipo e valores modulares
    Tema 14. Cubicación da masa forestal: tarifas de cubicación de árbore e funcións de perfil
    Tema 15. Cubicación da masa forestal: tarifas de cubicación de rodal e estimación de biomasa

    Bloque IV: Estudo do crecemento e a produción
    Tema 16. Estudo do desenvolvemento e crecemento da árbore
    Tema 17. Crecemento e produción da masa forestal
    Tema 18. Calidade de estación
    Tema 19. Modelos de crecemento para rodales regulares

    Bloque V: Inventario Forestal
    Tema 20. Conceptos básicos
    Tema 21. Inventario forestal por conteo pé a pé
    Tema 22. Conceptos estatísticos de inventario
    Tema 23. Deseños de mostraxe con probabilidade fixa e variable
    Tema 24. Determinación da magnitude da mostra
    Tema 25. Características e disposición das unidades de mostraxe
    Tema 26. Organización dos traballos de campo
    Tema 27. Estimación de existencias e crecementos
    Tema 28. Inventario por modelos de crecemento

    Bloque VI: Certificación Forestal
    Tema 29: Conceptos básicos de certificación forestal
    Tema 30: A cadea de custodia

    Prácticas de campo
    PR1. Aparellos de medición de diámetro, altura, espesor de cortiza, idade e crecemento diametral
    PR2. Instalación de parcelas en campo e toma de datos
    PR3. Inventario por mostraxe sistemática

    Prácticas de laboratorio
    PR1. Axuste de tarifas de cubicación de dúas entradas
    PR2. Cubicación dun rodal mediante tarifas de cubicación dunha entrada
    PR3. Ferramentas selvícolas para a xestión forestal sostible en Galicia
    PR4. Fotointerpretación de masas forestais
    PR5. Procesado de datos de inventario

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica:

    Díaz-Maroto Hidalgo, I.; Diéguez Aranda, U.; Riesco Muñoz, G. 2003. Prácticas de inventario forestal (5ª ed.). UNICOPIA, Lugo
    Díaz-Maroto Hidalgo, I.; Riesco Muñoz, G. 2001. Inventario forestal. UNICOPIA, Lugo
    Diéguez-Aranda, U.; Barrio Anta, M.; Castedo Dorado, F.; Ruiz González, A.D.; Álvarez Taboada, M.F.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A. 2003. Dendrometría. Fundación Conde del Valle de Salazar, Mundi-Prensa, Madrid. (ref. BUSC Intercentros: CASI 692, CASI 825, CASI 826)
    Diéguez-Aranda, U.; Castedo Dorado, F.; Barrio Anta, M.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A.; Ruiz González, A.D. 2005. Prácticas de Dasometría. UNICOPIA, Lugo
    Diéguez-Aranda, U.; Rojo Alboreca, A.; Castedo-Dorado, F.; Álvarez González, J.G.; Barrio-Anta, M.; Crecente-Campo, F.; González González, J.M.; Pérez-Cruzado, C.; Rodríguez Soalleiro, R.; López-Sánchez, C.A.; Balboa-Murias, M.A.; Gorgoso Varela, J.J.; Sánchez Rodríguez, F. 2009. Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia. Xunta de Galicia (disponible en http://www.usc.es/uxfs)
    Dirección General de Montes, Caza y Pesca Fluvial. 1971. Instrucciones Generales para la Ordenación de Montes Arbolados. Ministerio de Agricultura, Madrid
    Pita Carpenter, P.A. 1973. El Inventario en la Ordenación de Montes. Ministerio de Agricultura, Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias, Madrid (ref. BUSC Farmacia: v A 98)

    Bibliografía complementaria:

    Avery, T.E.; Burkhart, H.E. 2002. Forest measurements. 5th ed. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 703)
    Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596)
    Díaz, M. 1980. Técnicas de muestreo forestal. Fundación Conde del Valle de Salazar. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes, Madrid
    Husch, B.; Miller, C.I.; Beers, T.W. 2003. Forest mensuration. Krieger, Malabar, Florida (ref. BUSC Intercentros: CASI 650)
    Laar, A.v.; Akça, A. 1997. Forest mensuration. Cuvillier, Göttingen (ref. BUSC Intercentros: CASI 483)
    Loetsch, F.; Haller, K. E. 1973. Forest inventory, vol. I. (2nd ed.). BLV Verlagsgesellschaft, München
    Loetsch, F.; Zöhrer, F.; Haller, K. E. 1973. Forest inventory, vol. II. BLV Verlagsgesellschaft, München
    Martínez Millán, J.; González Doncel, I. 1990. Ejercicios de Dasometría. ETSI de Montes, Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 113)
    Pardé, J.; Bouchon, J. 1994. Dasometría. 2ª ed. Editorial Paraninfo, Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 460, CASI 542)
    Philip, M.S. 1994. Measuring trees and forests. 2nd ed. CAB International, Wallingford (ref. BUSC Intercentros: CASI 297)
    Prieto Rodríguez, A.; López Quero, M. 1994. Dasometría. Paraninfo, Madrid. (Versión española de: PARDÉ, J.; BOUCHON, J. 1988. Dendrométrie (2ª ed.). Ecole National du Génie Rural des Eaux et des Forêts)
    Rondeux, J. 1993. La mesure des arbres et des peuplements forestiers. Les Presses Agronomiques, Gembloux (ref. BUSC Intercentros: CASI 191) (Traducido al castellano por Arturo Díaz de Barrionuevo en 2010 bajo el título “Medición de árboles y masas forestales” y editado por Mundi-Prensa, Madrid)
    West, P.W. 2004. Tree and forest measurement. Springer, Berlín (ref. BUSC Intercentros: CASI 28, CASI 523)

    Competencias
    Tendo en conta as competencias xerais que figuran na Orde CIN/324/2009, de 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal, os alumnos que cursen esta materia adquiriran a seguinte competencia xeral:

    "Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais, aplicar e desenvolver as técnicas selvícolas e de manexo de todo tipo de sistemas forestais, parques e áreas recreativas, así como as técnicas de aproveitamento de produtos forestais maderables e non maderables."

    Ademais, as competencias específicas da materia son:
    Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de Dasometría e Inventariación forestal e Certificación Forestal.

    Metodoloxía da ensinanza
    Céntrase na adquisición dos conceptos esenciais de forma gradual e con avaliacións continuadas, co proposito de coñecer o avance dos alumnos e detectar posibles deficiencias no proceso da aprendizaxe que deban ser corrixidas.
    Sistema de evaluación
    Probas parciais con cuestións teóricas e de resolución de supostos prácticos (avaliaranse as probas en conxunto e será necesario superar de forma independente a parte de teoría e a de exercicios)
    Se nalgunha das partes (teoría ou exercicios) obtense unha cualificación maior ou igual que 4 puntos e menor que 5 puntos sobre 10, poderá recuperarse mediante a realización de traballos en función das carencias detectadas
    Exame final con cuestións teóricas e de resolución de supostos prácticos nas datas fixadas pola Dirección da EPS nas convocatorias oficiais (para os alumnos que non superen as probas parciais)
    Asistencia a prácticas (mínimo 70%)
    Informe de prácticas (presentar antes da data do exame final da convocatoria correspondente)

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades formativas en horas:

    Clases teóricas (expositivas de grupo grande): 24 horas de traballo presencial.
    Traballo persoal do alumno: Lectura e preparación de temas, 24 horas.

    Actividades en seminarios (interactivos, con grupos reducidos): 12 horas de traballo presencial.
    Traballo persoal do alumno: Realización de exercicios, 14 horas

    Prácticas (con grupos reducidos): 12 horas de traballo presencial
    Traballo persoal do alumno: Preparación previa das
    prácticas e traballo posterior sobre as mesmas, 24 horas.

    Titorías en grupo (con grupos moi reducidos): 3 horas de traballo presencial.
    Traballo persoal do alumno: Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais), 20 horas

    Titorías individuais: 3 horas de traballo presencial
    Traballo persoal do alumno: Preparación de probas de avaliación, 10 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para un correcto seguimento da materia é necesario ter coñecementos básicos de matemáticas (trigonometría, cálculo diferencial e integral) e estatística (regresión lineal), polo que é recomendable cursar previamente as materias de Matemáticas I e II e Estadística

    Tamén é recomendable estar familiarizado co emprego dunha folla de cálculo (ferramenta informática para a realización dalgunhas prácticas da materia).