G4041224 - Explotación do Transporte Terrestre (Enxeñaría do Transporte) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecemento do marco legal e normativo da explotación dos modos de transporte terrestre.
Coñecemento das particularidades do mercado do transporte dentro dos diversos sectores económicos. Nocións de Demanda de transporte e Custos de Transporte segundo Modos.
Coñecemento das implicacións da Política Común de Transportes da UE e as repercusións para o transporte en España.
Adquirir destrezas na avaliación e rendibilidade de investimentos, coñecendo as técnicas de avaliación económica de proxectos e os factores específicos na avaliación dos investimentos en transporte.
Coñecer o marco normativo do transporte terrestre, tanto en de carácter xeral como a propia lexislación sectorial propia de cada modo.
Contidos1. O transporte. Características e funcións. Transporte e economía, desenvolvemento rexional, sistema territorial, enerxía e sistema económico e social. Evolución histórica do sistema de transporte.
2. Modos de transporte: Estrada, ferrocarril, marítimo, aéreo e combinado.
3. Marco normativo do transporte terrestre. Normativa de carácter xeral. Lexislación sectorial propia de cada modo.
4. A política comunitaria de transportes. Concepto de Europa, os tratados comunitarios, o marco institucional das Comunidades Europeas, o sistema financieiro e as axudas comunitarias. A política común de transportes. Financiamento das infraestruturas de interese comunitario.
5. Xestión dos servizos públicos de transporte. Modos de xestión, relacións entre administracións públicas e as empresas prestatarias de servizos públicos de transporte.
6. Xestión das empresas de transporte. Tipos de empresas de transporte, xestión e explotación das empresas de transporte. Xestión da empresa de transporte por estrada. Xestión da empresa ferroviaria.
7. A demanda de transporte. Concepto. Análise de demanda actual. Análise de demanda potencial. Modelos.
8. Custos. Definicións. Clasificación dos custos. Aproximación aos modelos de custos. Custo de transporte segundo modos.
9. Financiamento de infraestruturas e servizos. A formación dos prezos e as tarifas. A fiscalidade do transporte. O financiamento dos servizos persoais. O financiamento dos servizos públicos. O financiamento das infraestruturas.
10. Loxística do transporte. Introdución. Sistemas de distribución física. Operadores loxísticos. Centros loxísticos. Telemática e Loxística.
Bibliografía básica e complementaria• "Economía del transporte ", de Rus, G., Campos, J. e Nombela, G. Antoni Bosch Ed., Barcelona. 2003
• "Fundaments of Transportation Engineering", Fricker, J.D. and Whitford, R.K. Pearson Prentice Hall, New Jersey. 2004
• "Handhook of Transportarian Engineering". Kiilz, M. (ed.). McGraw-Hill, New York, 2004
• "Sistemas de Transporte ", Rúa A., Publicacións do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Madrid, 1995
• "Transporte", Iheas, A. Díaz. J.M. Servizo de Publicacións, E.T.S.l.C.C.P. Santander. 1994
• "Transporte: Un enfoque integral". Izquierdo. R. (ed.). Publicacións do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Madrid, 1994
• "Alta Velocidad y Conexiones Aeroportuarias"
• "Ferrocarril y Avión en el Sistema de Transportes Europeo"
• "E-Logistics"
• "Análisis del Transporte en España: Informe basado en el Sistema de Indicadores de Seguimiento" ANEGÓN ESTEBAN, MARÍA CRUZ, SÁNCHEZ VICENTE, ALFREDO, APARICIO MOURELO, ÁNGEL CARLOS, MINISTERIO DE FOMENTO Y MEDIO AMBIENTE, 2009
• "El Contrato de Transporte Terrestre de Mercancías" LLOP ALBIACH, SIXTO, ORRIOLS AROCAS, LORENZO, FUNDACIÓN INSTITUTO VALENCIANO, 2010
• "Ferrocarriles de las Comunidades Autónomas" MAGDALENA ANDA, JOSÉ ANTONIO, CÁLAMO PRODUCCIONES EDITORIALES, 2003
• "Introducción a las Tecnologías del Transporte. Apuntes" LUQUE RODRÍGUEZ, PABLO, UNIVERSIDAD DE OVIEDO, 2006
• "Patrón Modal y Comercio con Europa: Tendencias en el Transporte de Mercancías" GARCÍA MENÉNDEZ, LEANDRO, FUNDACIÓN DE LA COMUNIDAD VALENCIANA, 2010
• "Productos y Servicios Logísticos: LOGISNET 2009" MARGE BOOKS, MARGE BOOKS, 2010
• "31 pros y contras de los diferentes modelos" SASIAMBARRENA SAN GIL, JAVIERC, VASALLO, JOSÉ MANUEL, ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE LA CARRETERA, 2009
• "El Transporte Terrestre de Mercancías" COLOMER FERRÁNDIZ, JOSÉ V., COCA CASTAÑO, PEDRODIR., COCA CASTAÑO, FUNDACIÓN DE LA COMUNIDAD VALENCIANA
• "Legislación de Transporte por Carretera" ARROYO MARTÍNEZ, IGNACIO, TECNOS EDITORIAL, 2010
CompetenciasDe Carácter Xeral:
Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.
Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito.
Coñecemento da historia da enxeñería civil e capacitación para analizar e valorar as obras públicas en particular e a construción en xeral.
De carácter específico:
Coñecemento do deseño e funcionamento das infraestruturas para o intercambio modal, talles como portos, aeoropuertos, estacións ferroviarias e centros loxísticos de transporte.
Metodoloxía da ensinanza Coa finalidade de alcanzar os obxectivos propostos, contémplase a posibilidade de utilización de:
a) Transmisión aos alumnos da información necesaria por parte do profesor.
b) Participación dos alumnos na procura de información (lecturas textos).
c) Análise e debate de casos prácticos.
d) Realización e exposición de traballos polos alumnos.
Clases teóricas: Exposición oral do profesor dos distintos temas.
Clases prácticas: Constitúen unha aplicación do analizado na teoría, e comprenderán:
a) Análise de casos prácticos
b) Resolución de problemas e supostos prácticos.
Traballos: A realizar sobre os temas que no seu momento sexan propostos polo profesor.
Tutorías: Atención personalizada ao alumno para resolver dúbidas e problemas expostos.
Sistema de evaluaciónA aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axustarase a unha avaliación continuada, que debe contribuír de forma decisiva a estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
Así pois, óptase por un sistema de avaliación que inclúe algunha ou todas as consideracións
seguintes:
1) Asistencia, ata un 25%
2) Proba ou probas, orais e/ou escritas, ata un 50%
3) Aproveitamento das prácticas, ata un 10%
4) Traballos entregados e/ou presentados, ata un 15%
5) Participación do alumnado nas actividades do aula, ata un 10%
Tempo de estudo e traballo persoalDe xeito orientativa exponse a seguinte distribución:
Lectura e preparación de temas: 30 horas aproximadamente
Realización de exercicios: 25 horas aproximadamente
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 20 horas aproximadamente
Elaboración de traballos de curso: 10 horas aproximadamente
Preparación de probas de avaliación: 10 horas aproximadamente