Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071225 - Electrotecnia (Enxeñaría do Medio Forestal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Gonzalez Garcia, Miguel Angel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Dotar o alumno dos fundamentos básicos da Electrotecnia para así poder coñecer as aplicacións e necesidades do emprego das instalacións eléctricas.

    2. Coñecer e comprender os elementos básicos dunha instalación eléctrica e a interacción entre eles.

    3. Desenvolver proxectos de instalacións eléctricas dentro do ámbito das súa competencias.


    Contidos
    Tema 1. Correntes alternas
    - Concepto xeral das formas de onda
    - Xeración e valores asociados ás formas de ondas senoidais. Lei de Faraday-Lenz
    - Representación complexa dunha magnitude senoidal
    - Expresión simbólica da Lei de Ohm

    Tema 2. Circuítos simples con excitación senoidal. Métodos de cálculo
    - Resolución de circuítos formados por elementos pasivos simples
    - Circuíto resistivo puro
    - Circuíto capacitivo puro
    - Circuíto indutivo puro
    - Impedancia e admitancia complexa
    - Análise de circuítos en serie e en paralelo
    - Resonancia en corrente alterna

    Tema 3. Potencia e enerxía no réxime estacionario senoidal
    - Potencia e enerxía
    - Potencia e energía nos elementos pasivos básicos
    - Potencia instantánea, media e flutuante nun dipolo pasivo
    - Potencias aparente e reactiva
    - Potencia complexa. Teorema de Boucherot
    - Factor de potencia (f.d.p.)
    - Corrección do factor de potencia
    - Transferencia máxima de potencia

    Tema 4. Sistemas polifásicos
    - Definicións
    - Sistemas polifásicos empregados na práctica
    - Xeración de tensións trifásicas
    - Conexión de fontes en estrela equilibrada
    - Conexión de cargas en estrela equilibrada
    - Conexión de cargas en estrela desequilibrada: desprazamento do neutro
    - Conexión de receptores monofásicos e trifásicos a un sistema trifásico de 4 fíos
    - Conexión de cargas en triángulo
    - Equivalencia estrela triángulo en sistemas equilibrados

    Tema 5. Potencia en sistemas trifásicos
    - Potencia en cargas equilibradas conectadas en estrela
    - Potencia en cargas equilibradas conectadas en triángulo
    - Corrección do factor de potencia
    - Medida da potencia en sistemas trifásicos equilibrados
    - Medida da potencia activa en sistemas equilibrados cun vatímetro
    - Medida da potencia reactiva en sistemas trifásicos equilibrados
    - Medida da potencia activa e reactiva polo método dos dous vatímetros en sistemas trifásicos de 3 fíos. Método de Aron

    Tema 6. Cálculo de liñas eléctricas
    - Tipos, materiais e parámetros das liñas eléctricas
    - Caída de tensión e diferenza de tensión
    - Parámetros das liñas
    - Especificacións regulamentarias
    - Redes de distribución cerradas
    - Redes de distribución abertas
    - Redes de distribución uniformemente cargadas

    Tema 7. Luminotecnia

    - Natureza da luz e principios fundamentais da luminotecnia
    - Representación das magnitudes luminosas
    - A produción da luz. Tipos de lámpadas
    - Cálculo de sistemas de iluminación interior
    - Cálculo de sistemas de iluminación exterior: superficies e vías públicas

    Tema 8. Instalacións eléctricas: compoñentes e instalacións de protección

    - Introdución ás instalacións eléctricas. Partes
    - Problemas térmicos das instalacións: sobrecargas e curtocircuítos
    - Protección fronte aos problemas térmicos
    - Proteccións das persoas.
    - Elementos auxiliares: tubos, bandexas, armarios de distribución, etc.
    - Baterías de condensadores
    - Deseño de instalacións eléctricas.
    - Xestión e optimización da utilización da enerxía eléctrica.


    Bibliografía básica e complementaria
    1. Fernández, Mª D., González, M.A. y Rodríguez, M.R. Fundamentos de electrotecnia. Unicopia campus de Lugo, S.L. 2004.
    2. Fraile Mora, Jesús. Electromagnetismo y Circuitos Eléctricos. Colegio de ingenieros de Caminos Canales y Puertos. Colección Escuelas. Madrid. 1993.
    3. Parra Prieto, Valentín y otros. Teoría de Circuitos I y II. UNED. Madrid, 1991.
    4. De la Plaza Pérez, Saturnino. Electrotecnia y Electrificación Rural. Tomos I,II y III. ETSIA. Madrid, 1992
    5. Fraile Mora, Jesús. Introducción a las instalaciones eléctricas. Colegio de ingenieros de Caminos Canales y Puertos. Colección Escuelas. Madrid. 1993.
    6. CEI-IDAE “Cuadernos de eficiencia energética en iluminación” , 5 tomos. Ministerio de Industria y Energía. Madrid, 1996. I: 115 pax., II: pax., III: pax., IV: pax., V: pax.
    7. Ruiz Celma A., Rojas Rodríguez S. “Instalaciones de iluminación” Universidad Poltécnica de Madrid. ETSII. Sección de publicaciones. Madrid 1998. 317 pax.
    8. García Trasancos J., “Instalaciones eléctricas en media y baja tensión”, Paraninfo. Madrid, 2002. 392 pax.
    9. Moreno, N. y Cano, R.García Trasancos J., “Instalaciones eléctricas de baja tensión”, Thomson. Madrid, 2004. 301 pax.
    10. Torres, José Luis., “Sistemas de instalación en baja tensión”, AENOR ediciones. Madrid, 2006. 250 pax.
    11. RBT. Reglamento electrotécnico para baja tensión e instruccións técnicas complementarias.
    12. Normas Particulares para las Instalaciones de Enlace en el Suministro de Energía Eléctrica en Baja tensión.

    Competencias
    Competencias xerais:

    Coñecimentos de hidráulica, construcción, electrificación, camiños forestais, maquinaria e mecanización necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestales como para a sua conservación. (CG 9)

    Competencias específicas :

    1. Comprender os fundamentos básicos que rexen os fenómenos electromagnéticos.

    2. Analizar e sintetizar circuítos eléctricos en corrente continua e en corrente alterna, monofásica e trifásica.

    3. Calcular seccións de condutores eléctricos para instalacións de baixa tensión.

    4. Elixir e manexar máquinas e receptores de iluminación necesarios nas instalacións.

    5. Coñecer e seleccionar aparataxe de baixa tensión para a protección de instalacións eléctricas.

    6. Obter, a partir dos datos xenéricos dos receptores eléctricos, as variables necesarias para o dimensionamento dunha instalación eléctrica de baixa tensión.

    Metodoloxía da ensinanza
    Materia cuadrimestral coa seguinte distribución horaria e metodoloxía en cada caso:

    - 24 horas expositivas distribuídas, a razón de dúas horas por semana, impartidas como clase maxistral co apoio de encerado, transparencias e canón de vídeo.

    - 6 horas de seminario, agrupadas en 4 sesións de 1,5 h e distribuidas por todo o cuadrimestre, impartida mediante clase participativa onde se propoñerán e resolverán exercicios relativos aos contidos teóricos impartidos.

    - 6 horas prácticas realizadas no laboratorio de electrotecnia e na aula de informática onde a metodoloxía será a seguinte: breve explicación do traballo que se vai desenvolver e realización da práctica por parte do alumno.

    - 2 horas de titorias en pequenos grupos distribuidas nas semanas de docencia expositiva e interactiva.

    - Apoio á docencia mediante campus virtual, realización de test de teoría nos que se verificará a correcta aprendizaxe da materia e que axudarán a mellorar a nota da parte de teoría do exame final; ademais dos diferentes contidos como temario, transparencias, horarios prácticas,... dispón dun foro onde se poderán facer consultas de dúbidas que complementarán as titorías presenciais


    Sistema de evaluación
    Realizarse un exame final e varios exames parciais dos módulos do programa.

    Os exames constarán dunha parte de teoría e outra de exercicios (30 % teoria, 70% exercicios).

    As probas ao longo do curso e a realizacion das prácticas supoñerán entre un 10 e un 30% da nota final e os exames entre un 70 e un 90%.



    Os alunos repetidores poderán asistir ás clases teóricas e de problemas cando o estimen oportuno. Ademais, poderanse presentar a todos os exames e provas que se realicen para os alunos de primeira matrícula.

    No caso de que a realización das prácticas sexa obrigatória, considerarase que estas teñen validez durante dous cursos académicos desde a sua realización, polo que non se terán que repetir neste periodo.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    PRESENCIAIS:

    - Asistencia ás clases de teoría: 24 horas
    - Asistencia a seminarios e titorías : 8 horas
    - Realización da práctica en grupo, seguindo as indicacións do profesor e atendendo as medidas de seguridade: 2 horas

    NON PRESENCIAIS:

    - Estudo dos contidos teóricos e traballo persoal para coñecer, comprender e sintetizar os coñecementos impartidos na materia: 40 horas
    - Aplicación dos coñecementos teóricos a exercicios prácticos e resolución de exercicios prácticos: 20 horas
    - Asociación de contidos teóricos ás prácticas realizadas mediante a resolución de cuestións propostas: 15 horas

    AVALIACIÓN:

    - Realización de probas escritas de coñecemento e comprensión da materia, resolución de problemas e cuestións: 8 h








    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia e participación nas clases, seminarios e prácticas.

    - Dedicación regular ao estudo teórico e realización de exercicios e cuestións propostas.

    - Emprego das titorías para a consulta das dúbidas que xurdan do estudo da materia a medida que se requira.