G4071226 - Botánica Forestal (Bases do Medio Forestal e Natural) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaTrátase dunha materia pretecnolóxica básica para a aprendixzaxe doutras materias da titulación, como a Selvicultura, Ordenación de Montes, Pascicultura e Sistemas Agroforestais, etc.
Preténdese con esta materia capacitar aos estudantes para coñecer, comprender e utilizar os principios da Botánica Forestal, especialmente:
- Identificar "de visu" as especies leñosas máis frecuentes no cuadrante NW Ibérico.
- Coñecer as caracteríasticas morfolóxicas e ecolóxicas, así como a coroloxía, das pricipais especies da flora forestal do NW Ibérico.
- Coñecer os principais tipos de masas arboladas e arbustivas do NW Ibérico.
- Coñecer o papel indicador das especies da flora forestal e das comunidades vexetais do NW Ibérico.
- Coñecer a importancia económica, ecolóxica e corolóxica das especies da flora forestal do NW Ibérico.
ContidosPrograma Teórico (36 horas):
-Nocións elementais de Bioclimatoloxía e Bioxeografía.
-Posición sistemática, descrición detallada, coroloxía, ecoloxía e importancia económica das árbores autóctonas do NW Ibérico. Referencia ás do resto do Estado.
-Posición sistemática, descrición detallada, coroloxía, ecoloxía e importancia económica das árbores foráneas máis utilizadas na repoboación forestal no NW Ibérico.
-Posición sistemática, descrición detallada, coroloxía, ecoloxía e importancia económica das especies arbustivas máis abundantes nas matogueiras do NW Ibérico.
-Referencia ás especies arbóreas e arbustivas ornamentais máis utilizadas nos parques e xardíns da España Húmida.
Programa Práctico (laboratorio e campo) (12 horas máis 3 horas en titorías de grupos reducidos):
-Identificación no laboratorio, mediante claves, de especies leñosas e herbáceas frecuentes no NW Ibérico.
-Identificación "de visu" de especies e comunidades vexetais frecuentes no eido forestal do NW Ibérico. Para iso realizaranse dúas viaxes de prácticas.
-Seminario de Morfoloxía Vexetal.
Traballo da materia:
Os alumn@s poderán realizar durante o curso académico un traballo optativo centrado na caracterización botánica das forrnacións vexetais dunha área de estudo debidamente aprobada en tempo e forma polos profesores responsables da materia. O traballo poderáse realizar individualmente ou en grupo (máximo de tres persoas), sempre e cando sexa aceptada previamente a correspondente proposta. a data límite para entregar as propostas é o 14 de febreiro de 2014. O traballo terá un peso de ata o 20% na cualificación final.
Bibliografía básica e complementariaBILIOGRAFÍA BÁSICA DE BOTÁNICA FORESTAL
(referencias dipoñibles na Biblioteca Intercentros)
MANUAIS DE CARÁCTER XERAL:
Botánica descriptiva:
FARJON, A. (1990): Pinaceae. 330 pp. Koeltz Scientific Books. Königstein.
HEYWOOD, V.H. (1985): Las plantas con flores. 332 pp. Editorial Reverté. Barcelona.
IZCO, J., BARRENO, E., BRUGUÉS, M., COSTA, M., DEVESA, J., FERNÁNDEZ, F., GALLARDO, T., LLIMONA, X., SALVO, E., TALAVERA, S. & VALDÉS, B. (1997): Botánica. 781 pp. Ed. McGraw-Hill/Interamericana. Madrid.
LOPEZ GONZÁLEZ, G.(2001). Los árboles y arbustos de la Península Ibérica e Islas Baleares. Tomo I y II. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
RIGUEIRO, A & SILVA, J. (1992): Guía das árbores e bosques de Galicia. 224 pp. Ed. Galaxia. Vigo.
SITTE, P., WEILER, E.W., KADEREIT, J.W., BRESINSKY, A. & KÖRNER, C. (2003): Strasburguer. Tratado de Botánica. 35ª Ed. Editorial Omega. Barcelona. 1131 pp.
Xeobotánica:
DÍAZ GONZÁLEZ, T.E. FERNÁNDEZ PRIETO, J.A. (1994): La vegetación de Asturias. Itinera geobotánica. Vol 8: 243-528. Servicio de Publicaciones. Universidad de León.
FERRERAS, C. & FIDALGO, C.E. (1991): Biogeografía y edafogeografía. 262 pp. Colección Espacios y Sociedades nº 6. Ed. Síntesis. Madrid.
GÓMEZ, F. (Coord.) (1997): Los bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. 572 pp. Editorial Planeta. Barcelona.
PEINADO, M. & RIVAS MARTÍNEZ, S. (Eds.) (1987): La vegetación de España. Colección Aula Abierta nº 3. Servicio de Publicaciones. Universidad de Alcalá de Henares. Madrid.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA CLASES PRÁCTICAS DE BOTÁNICA
Claves de identificación:
AIZPURU, I., ASEGINOLAZA, C., URIBE-ECHEBARRÍA, P.M., URRUTIA, P. & ZORRAKIN, I. (1999): Claves Ilustradas de la flora del Pais Vasco y territorios limítrofes. 830 pp. Eusko Jaurlaritzaren Artigalpen Zerbitzu Nagusia. Vitoria-Gasteiz (Dispoñible no Servicio de Reprografía).
CASTROVIEJO, S., LÁINZ, M., LÓPEZ, G., MONTSERRAT, P., MUÑOZ, F., PAIVA, J. & VILLAR, L. (1990-1997). Flora Ibérica. Volúmenes I-II-III-IV-V-VI-VIIa e VIII. C.S.I.C. Madrid.
CASTROVIEJO, S. (Editor). (2001). Claves de Flora Ibérica. Vol I. C.S.I.C.. Madrid.
Guías de Campo:
GARCÍA MARTÍNEZ, X.R. (2008): Guía das plantas de Galicia. Colección Natureza. Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 509 pp.
NIÑO RICOI. H. (2008): Guía dos fentos de Galicia. Baía Edicións. A Coruña. 179 pp.
NIÑO RICOI, H. & SILVAR, C. (1997): Guía das árbores de Galicia. Baía Edicións. A Coruña. 229 pp.
SALVO TIERRA, E. (1990): Guía de Helechos de la Península Ibérica y Baleares. Ediciones Pirámide S.A. Madrid.
SILVA PANDO, F.J. & RIGUEIRO, A. (1992): Guía das árbores e bosques de Galicia. Ed. Galaxia. Vigo.
Competencias COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
Os estudantes adquirirán as seguintes capacidades, habilidades e compromisos:
-Capacidade de análise e síntese.
-Capacidade para o razoamento e a argumentación.
-Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
-Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de
forma colectiva.
-Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
-Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
-apacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e
coherente.
-Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
-Habilidade no manexo de TIC’s.
-Utilización de información bibliográfica e de Internet.
-Utilización de información en lingua extranxeira.
-Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus
coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Identificar "de visu" as especies leñosas máis frecuentes no cuadrante NW Ibérico.
- Coñecer as caracteríasticas morfolóxicas e ecolóxicas, así como a coroloxía, das pricipais especies da flora forestal do NW Ibérico.
- Coñecer os principais tipos de masas arboladas e arbustivas do NW Ibérico.
- Coñecer o papel indicador das especies da flora forestal e das comunidades vexetais do NW Ibérico.
- Coñecer a importancia económica, ecolóxica e corolóxica das especies da flora forestal do NW Ibérico.
Metodoloxía da ensinanza O número total de horas de traballo do alumnado será igual ao número de créditos que teña multiplicado por 25, situándose o traballo presencial por crédito entre as 7 e as 10 horas. As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral, desenvolveranse na aula por parte do profesorado, axudado dos medios materiais que considere oportunos.
As prácticas de laboratorio, realizadas en grupos reducidos de 10-20 alumnos e de carácter interactivo, serán actividades complementarias impartidas polo profesorado. Estas actividades permitirán ao alumnado a adquisición de habilidades e a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría. Os estudantes tamén realizarán tres saídas de prácticas de campo e poderán realizar un traballo titorado, que é optativo. Nas titorías en grupo, con non máis de 10 alumnos/as, e nas individuais se atenderá ao alumnado para discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recopilación de información, preparación de probas de avaliación, realización de traballos...).
En calquer caso, todas as tarefas desenvolvidas persoalmente polo alumnado, dentro da súa aprendizaxe autónoma, serán orientadas e supervisadas polo profesorado.
Atendendo aos criterios recollidos na Planificación Académica Anual da USC, a carga docente presencial para cada crédito ECTS se estimará en 8,5 horas, correspondendo 4 horas á docencia expositiva (en grupos de 80 alumnos como máximo), 4 á interactiva (en grupos de 20 alumnos) e 0,5 ás titorías en grupo moi reducido (en grupos de 10 alumnos). Exclúense deste cómputo as titorías individuais e o tempo dedicado ás probas de avaliación, aínda que, por tratarse en calquer caso de actividades presenciais, a súa estimación en horas sumarase ás anteriores, non debendo chegar en conxunto ás 10 horas presenciais por crédito ECTS. Na programación da materia Botánica Forestal fanse pequenos axustes en relación coa Programación Académica da USC.
Ofrecerase aos estudantes apoio a través da plataforma virtual da USC.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos coñecementos farase de forma continuada e realizarase a traveso de exames escritos sobre os contidos teóricos, da asistencia ás clases teóricas e prácticas e do aproveitamento das mesmas, dos traballos realizados polos estudantes e dun exame de identificación “de visu” de mostras de especies vexetais. A superación da materia acadarase sempre e cando se teñan aprobadas todas e cada unha das partes obrigatorias mencionadas (teoría, prácticas, exame “de visu”).
Exames teóricos e de prácticas:
A avaliación da parte teórica realizarase a traveso dun exame final en cada unha das convocatorias oficialmente recoñecidas (xuño, xullo e fin de carreira). Os exames escritos que presenten máis dun vinte por cento (20%) de preguntas cualificadas con cero consideraranse suspensos. As datas oficiais de exames, recollidas na Guía do Centro ó principiar o curso, considéranse inamobibles de non existir modificación expresa por parte da Dirección desta Escola.
Dado o carácter obrigatorio das clases prácticas, a non asistencia a algunha delas, a non ser por causa de forza maior debidamente xustificada, leva consigo directamente a cualificación de suspenso na convocatoria de xuño. Nas convocatorias de xullo e fin de carreira os alumnos que non asistiran a algunha clase práctica do curso da convocatoria (convocatoria de xullo) ou do curso inmediatamente anterior (convocatoria extraordinaria Fin de Carreira) deberán realizar un exame de prácticas que se convocará oportunamente.
Traballo da materia
Os alumn@s poderán realizar durante o curso académico un traballo centrado na caracterización das formacións vexetais dun territorio e na realización dun herbario. Para elo deberán cumprimentar a proposta que poderá ser aprobada ou revocada se existen razóns fundadas para elo. O traballo poderase realizar en solitario ou en grupo (máximo de tres persoas), sempre e cando sexa aceptada previamente a proposta. A data tope para a entrega das propostas é o día 14 de febreiro de 2014. As datas límite para a entrega dos traballos son as mesmas que as especificadas como datas oficiais de exames nas convocatorias correspondentes. O traballo da materia terá un peso de ata o 20% na cualificación final, en función da cualificación do mesmo.
Probas parciais.
Ao longo do curso realizaranse probas teóricas (xeralmente dentro do horario das clases de teoría). Cada proba referirase aos contidos explicados ata ese momento en cada unha das catro partes da materia (a- Nocións de Bioxeografía b-Seminario de Morfoloxía Vexetal c-Ximnospermas, d- Anxiospermas). Para superar a parte teórica mediante estas probas será necesario aprobalas todas, gardándose para os exames finais de xuño e xullo e para a convocatoria fin de carreira do curso seguinte as partes aprobadas.
Na avaliación continua o peso na cualificación final de cada apartado avaliado será o seguinte:
Exames escritos 50%
Asistencia e participación nas clases teóricas 5%
Asistencia a prácticas e elaboración dos guións 10%
Exame de identificación de especies 15%
Elaboración do traballo optativo 20%
Exame final práctico de identificación “de visu”:
Esta proba avaliará a capacidade de identificación rápida por parte do alumn@ de especies fundamentais no ámbito forestal do NW Ibérico. A relación das especies avaliables recóllese nesta programación, e cualifícanse de obrigatorias (cunha caveira diante) e non obrigatorias.
Nesta proba, cada alumno terá dez minutos para recoñecer cinco especies vexetais das que lle serán entregadas mostras (tres de especies “obrigatorias” e dúas “non obrigatorias”) no momento da realización do exame. Neste exame só se admitirá un fallo, que ademais só poderá corresponder a algunha das especies denominadas “non obrigatorias”. O fallo dunha soa das especies sinaladas como obrigatorias suporá o suspenso no exame, con independencia do número de plantas que estean correctamente identificadas. A confusión dunha planta “non obrigatoria” con unha das “obrigatorias” ou a non identificación dalgunhas das especies vistas nas clases prácticas suporá, igualmente, o suspenso.
Os exames de visu faranse nas datas dos exames oficiais. Os profesores indicarán no taboleiro (sito no vestíbulo de entrada da Planta Baixa Inferior do Pavillón I) e na plataforma virtual as datas, lugar e horario de realización desta proba con, alomenos, unha semana de antelación.
As cualificacións das partes aprobadas (teoría, prácticas, exame “de visu”, traballo optativo) na convocatoria de xuño mantéñense até a de xullo e a Fin de Carreira no caso de que esta última teña lugar na convocatoria seguinte ao curso no que se aprobaron as partes correspondentes.
REVISIÓN DE EXAMES.
Simultaneamente á exposición das cualificacións acadadas en cada unha das probas, faranse públicas as datas e horas de revisión de exames en cumprimento da normativa de avaliación vixente. Tamén se comunicarán esas datas e as cualificacións provisionais a traveso de mensaxes a teléfonos móbiles aos estudantes que o solicitaran.
Tempo de estudo e traballo persoalRESUME DE ACTIVIDADES FORMATIVAS
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA OU LABORATORIO
Clases expositivas en grupo grande (teoría) 36 h
Docencia interactiva en grupo reducido (prácticas) 10 h
Prácticas de campo 10 h
Tiutorías en grupos muy reducidos 3 h
Titorías individuales 3 h
Actividades de avaliación 4 h
TOTAL 66 h
TRABALLO PERSOAL DOS ESTUDANTES
Lectura e preparación dos temas 35 h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 25 h
Elaboración de traballos de curso (individuais ou en grupo) 12 h
Preparación das probas de avaliación 12 h
TOTAL 84 h
TEMPO TOTAL DE DEDICACIÓN DOS ESTUDANTES Á MATERIA: 150 h
Recomendacións para o estudo da materia-Ir estudiando a materia día a día.
-Asistir ás clases
-Acudir ás titorías a consultar dúbidas en relación coas clases teóricas, identificación de especies, etc.
-Preparar un herbario coas especies máis conflictivas da lista das que hai que recoñecer de visu para poder repasalas con frecuencia.