Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041228 - Hidráulica II (Enxeñaría Hidráulica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Hidráulica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO.SI
REIGOSA CASTRO, MARIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo/CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Dando continuidade aos coñecementos adquiridos en Hidráulica I, nesta materia preténdese mostrar ao alumno unha serie de coñecementos técnicos máis concretos de enxeñaría hidráulica e a súa aplicación a casos prácticos. Máis aló destes coñecementos, tense como obxectivo infundir habilidades ós estudantes para abordar a resolución de problema de enxeñaría hidráulica mediante a combinación de ferramentas teóricas e prácticas. En particular, as características fundamentais que se pretende que os alumnos dominen son:
    1. Comprender os conceptos básicos do fluxo en canles abertas e a súa aplicación práctica.
    2. Adquirir os conceptos básicos de hidroloxía (concepto: ciclo hidrolóxico, concas hidrográficas, infiltración, escorrentía...) e as súas aplicacións en casos prácticos.

    Contidos
    Bloque I. Fluxo en lámina libre
    Unidad I. Introducción ó fluxo en lámina libre
    Unidad II. Fluxo uniforme
    Unidad III. Fluxo non uniforme
    Bloque II. Hidroloxía
    Unidad IV. Introducción á hidroloxía
    Unidad V. Precipitación. Evapotranspiración
    Unidad VI. Escorrentía. Infiltración.
    Unidad IV. Aforos. Hidrogramas
    Unidad V. Estatística hidrolóxica
    Unidad VI. Caudais de avenida


    Bibliografía básica e complementaria
    White, F. Mecánica de Fluidos. McGrawHill, 2001
    Daugherty, Franzini. Mecánica de fluídos con aplicaciones en Ingeniería; Mc Graw Hill 1989.
    Ven Te Chow. Hidráulica de canales abiertos. McGraw Hill, 1995.
    Custodio, Emilio; Llamas, Manuel. Hidrología Subterránea; Omega 2001.
    Martínez Marín, Eduardo. Hidrología Práctica; Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, 2005
    Competencias
    Fundamentos, cálculo e optimización de canalizacións en lámina libre.
    Fundamentos de hidroloxía.


    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas, seminarios interactivos, ademais de titorías individuais e en grupos reducidos.

    As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. Os alumnos deberán adicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudo posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumno, dentro de cada unidade programase un control tipo test dos conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, de modo que ó mesmo tempo se asegure que o alumno dispón dos coñecementos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos seminarios interactivos.

    En canto ós seminarios interactivos, estos concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento os alumnos resolverán exercicios e problemas, fundamentalmente en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. Do mesmo xeito, tamén se formularán cuestións de difícil comprensión que deberán ser resoltas polo alumnado.

    Sistema de evaluación
    Recurrirase a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, a nota final da materia, ademáis do exame final, terá en conta os siguientes aspectos:
    - Asistencia e aproveitamento das clases expositivas (probas escritas de control á finalización das diferentes unidades). (Ata un 20% sobre a nota final).
    - Asistencia e aproveitamento dos seminarios interactivos. (Ata un 10% sobre a nota final).
    - Traballos / exercicios entregados e/ou presentados. (Ata un 10% sobre a nota final).

    As porcentaxes anteriores poderán axustarse lixeiramente en función da evolución do curso. Os alumnos serán informados desta posible modificación coa debida antelación.
    Os criterios a seguir na oportunidade extraordinaria de recuperación e para alumnos repetidores serán análogos ós expresados anteriormente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Lectura e preparación de temas: 36 h
    - Preparación de prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 30 h
    - Realización de actividades propostas: 10 h
    - Preparación de probas de avaliación: 20 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
    - Estudio diario da materia.
    - Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización na clase.
    - Asistencia a titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.