G4071227 - Ecoloxía (Bases do Medio Forestal e Natural) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Ecoloxía
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia de Ecoloxía contribuirá directamente á consecución de dous dos obxectivos xerais da titulación propostos no plano de estudios:
Que o alumno teña capacidade para analizar a estrutura e a función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluíndo as paisaxes.
Que o alumno coñeza os procesos de degradación que afectan aos sistemas e recursos forestais e as técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxica forestal e de conservación da biodiversidade.
Un obxectivo específico da materia consiste en que o alumno coñeza a estrutura e a función dos ecosistemas en xeral e isto inclúe os niveis do organismo, a poboación, a comunidade e o propio nivel do ecosistema.
Outro obxectivo consiste que os alumnos coñezan os tipos de ecosistemas (terrestres, acuáticos continentais e costeiros) existentes no territorio galego e as súas particularidades estruturais e funcionais. Trátase de ampliar o obxectivo xeral, centrado no medio forestal, para contribuír a que o alumno teña unha visión máis ampla do territorio e dos ecosistemas e a biodiversidade que contén. Este coñecemento servirá de base a materias que o alumno cursará máis adiante, especialmente ás materias de Avaliación y Corrección do Impacto Ambiental, Xestión do Medio Natural e Ordenación e Planificación do Territorio. Tamén será un coñecemento valioso nos estudios de máster. Un último obxectivo, relacionado directamente co anterior, é que o alumno coñeza os principais problemas ambientais que afectan os ecosistemas. O enfoque deste obxectivo será local ou rexional, aínda que, loxicamente, non faltarán referencias a problemas globais.
ContidosOs contidos da materia agruparanse nos seguintes temas:
INTRODUCIÓN
1: Sistemas, visión xeral (estrutura e funcionamento dos sistemas, regulación dos sistemas).
PRIMEIRA PARTE: ECOSISTEMAS
2: O medio (enerxía nos ecosistemas, auga e nutrientes, o medio a escala do organismo).
3: Climas e biomas (macroclimas, biomas e formacións vexetais, o clima de Galicia)
4: Ecosistemas terrestres: produción primaria (a eficiencia da fotosíntese e os factores que a limitan, adaptacións dos produtores primarios para a mellora da eficiencia do ecosistema).
5: Ecosistemas terrestres: produción secundaria e descomposición (estrutura do sistema dos produtores primarios e dos descompoñedores, eficiencias destes sistemas e factores que as regulan).
6: Ecosistemas terrestres de Galicia (descrición estrutural dos tipos principais, impactos e ameazas).
7. Ecosistemas fluviais (variables ambientais, estrutura biolóxica, funcionamento dos sistemas fluviais, ecosistemas fluviais de Galicia,impactos e ameazas).
8: Zonas húmidas continentais (tipos de ecosistemas acuáticos continentais, funcionamento dos ecosistemas acuáticos continentais, ecosistemas acuáticos continentais de Galicia, impactos e ameazas).
9: Ecosistemas litorais. (tipos de ecosistemas litorais, o funcionamento dos ecosistemas litorais, ecosistemas litorais de Galicia, impactos e ameazas).
10: Lexislación de protección dos ecosistemas (lexislación comunitaria, estatal e autonómica, ecosistemas protexidos en Galicia).
SEGUNDA PARTE: ORGANISMOS, POBOACIÓNS E COMUNIDADES
11: Relación dos organismos co seu medio
12: Estrutura e funcionamento das poboacións (estrutura de idades, metapoboacións, estrutura xenética; modelos básicos de crecemento das poboacións: exponencial, loxístico, modelos matriciais).
13: Estrutura e funcionamento das comunidades (interaccións entre poboacións, a diversidade específica e a biodiversidade, factores que gobernan a diversidade, o cambio das comunidades no tempo).
PRÁCTICAS DE CAMPO
As horas prácticas da materia se dedicarán á realización de dúas saídas ó campo para visitar diversos ecosistemas dos estudados na parte teórica. Na primeira saída visitaremos o tramo final do Río Mera, cerca de Lugo, e na segunda visitaremos varios lugares da Serra do Xistral e da costa de Lugo.
TRABALLO DE CURSO
Cada persoa realizará un traballo de curso que consistirá no estudio do medio físico, a ocupación do territorio e os ecosistemas presentes nunha conca hidrográfica. O traballo terá tres partes: recolleita da información dispoñible e elaboración de mapas temáticos empregando un sistema de información xeográfica, planificación e realización de recorridos pola zona baseados na síntese da información recollida na primeira fase, e realización dun informe en el que se describa a zona de estudo en base o traballo feito nas fases anteriores.
Bibliografía básica e complementariaAber,J.D.; Melillo; J.M. 1991. Terrestrial ecosystems. Saunders College Publishing. Philadelphia.
Allan, J. D. 1995. Stream ecology: structure and function of running waters. Chapman & Hall. London.
Freedman, B. (1995 2ª ed.). Environmental ecology. The ecological effects of pollution, disturbance and other stresses. Academic Press, Inc. San Diego.
Bardgett, R D (2005). The biology of soil: a community and ecosystem approach (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Begon, M; Harper, J L; Townsend, C R (1994). Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. Omega, Barcelona.
Brönmark, C; Hansson, L-A (2005). The biology of lakes and ponds (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Chapin, S C I I I; Matson, P A; Mooney, H A (2002). Principles of terrestrial ecosystem ecology. Springer, New York.
Kuennecke, B H (2008). Temperate forest biomes (Serie: Greenwod guides to biomes of the world). Greenwod Press, Westport (Connecticut).
Little, C (2000). The biology of soft shores and estuaries (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Little, C; Kitching, R L (1994). The biology of rocky shores (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Primack, R B; Ros, J (2002). Introducción a la ecología de la conservación (Serie: Ariel Ciencia). Ariel, Barcelona.
Roth, R A (2008). Freshwater aquatic biomes (Serie: Greenwod guides to biomes of the world). Greenwod Press, Westport (Connecticut).
Smith, R L; Smith, T M (2001). Ecología. Pearson Educación, S.A., Madrid.
Terradas, J (2001). Ecología de la vegetación. De la ecofisiología de las plantas a la dinámica de comunidades y paisajes. Omega, Barcelona.
Valk, A van der (2007). The biology of freshwater wetlands (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Woodward, S L (2009). Introduction to biomes (Serie: Greenwod guides to biomes of the world). Greenwod Press, Westport (Connecticut).
CompetenciasAs persoas que teñan cursado a materia serán capaces de:
Describir a estrutura e a función dos ecosistemas en xeral. Esta competencia aplícase tamén ós niveis de organización que inclúe o ecosistema: comunidades, poboacións e individuos. Para a consecución deste obxectivo deberá coñecer e manexar axeitadamente os conceptos e a terminoloxía propia da ecoloxía.
Describir a estrutura e a función dos diferentes tipos de ecosistemas presentes no noso territorio (terrestres, acuáticos e costeiros), comparar as súas diferencias e explicar as particularidades de cada un deles.
Recoñecer os distintos tipos de ecosistemas no campo e ser capaz de analizar a súa distribución espacial.
Analizar os impactos que sofren ou poden sufrir os ecosistemas e recoñecelos no terreo.
Manexar un sistema de información xeográfica para empregalo como apoio de traballos de campo relacionados coa análise do territorio e dos ecosistemas que contén (nivel de manexo básico).
Metodoloxía da ensinanza Empregaranse clases expositivas para a presentación e desenvolvemento dos contidos teóricos.
Faranse seminarios en grupos reducidos na aula ou na aula de informática para traballar sobre aspectos numéricos e aplicados relacionados coa teoría, e tamén para familiarizarse con ferramentas informáticas de utilidade en ecoloxía
Faranse saídas ó campo para coñecer in situ os ecosistemas descritos na teoría e coñecer os impactos que e ameazas que sofren na actualidade
Farase uso do Campus Virtual para que os alumnos poidan acceder ós materiais do curso, sobre todo aqueles que non son documentos de texto (imaxes, ligazóns na Internet, follas de cálculo, software), e tamén para a coordinación de actividades e corrección de exercicios feitos nas sesións prácticas e resolución dos problemas que poidan xurdir no traballo do alumno na casa.
Sistema de evaluaciónAo rematar o semestre haberá un exame final no que se avaliará o coñecemento da parte teórica do curso. O traballo de curso tamén será parte da avaliación final. Neste caso avaliarase a presentación de resultados intermedios nos prazos fixados e o informe final.
O exame de teoría representará o 80% da nota final e o traballo de curso o 20% restante. A nota final será a suma das notas parciais das dúas partes. Para aprobar haberá que obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10. Os alumnos que non superen a materia na convocatoria de xuño terán que examinarse da teoría na convocatoria de xullo, independentemente de cal sexa a nota parcial do exame de teoría.
Os alumnos repetidores non precisan facer un traballo novo e neste caso manterán a nota que obtiveran no ano anterior.
Tempo de estudo e traballo persoalCada hora de traballo presencial requirirá entre dúas e tres horas de traballo de revisión, resolución de exercicios, ou traballo de campo, se se opta por esta opción. Incluído neste cómputo global está o tempo de preparación da proba final.
Recomendacións para o estudo da materiaEsta materia forma parte da formación básica que o enxeñeiro precisa para o desenvolvemento da súa actividade futura, concretamente, do coñecemento do medio no que se desenvolverá esa actividade. Malia incluír aspectos aplicados, Ecoloxía inclúe unha forte carga teórica na que se definen termos, se describen estruturas e se analiza o funcionamento dos ecosistemas en diferentes niveis de organización. Cómpre ser capaz de relacionar estreitamente todos estes coñecementos porque a avaliación final tentará determinar a capacidade de integración e análise do alumno máis que a de memorización.
Polo tanto, o traballo persoal debe estar orientado a revisión dos conceptos e á poñer en relación o que se vai vendo no percorrer do curso nas actividades presenciais. Compre, polo tanto, revisar o material a medida que se vai presentando e analizalo en función do que xa se ten visto anteriormente. Xurdirán dúbidas, dificultades e cuestións, e será importante acudir ás titorías para resolvelas.
ObservaciónsO Campus Virtual será unha ferramenta importante para o desenvolvemento da materia. Os materiais necesarios para o curso poderán ser baixados de alí, e as informacións detalladas do desenvolvemento da materia estarán dispoñibles no seu calendario.