Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071228 - Zooloxía (Bases do Medio Forestal e Natural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
  • Áreas: Zooloxía
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL.NON
EIROA ALVAREZ, Ma EULALIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Dispoñer dunha base de principios zoolóxicos fundamentais.
    - Coñecer a morfoloxía e sistemática dos principais grupos zoolóxicos de interese forestal.
    - Coñecer diferentes aspectos acerca da bioloxía dos principais grupos zoolóxicos de interese forestal.









    Contidos
    TEORÍA (24 h.)

    1.- Concepto de Zooloxía. Historia e obxectivos da Zooloxía. Concepto de animal. Evolución biolóxica. Concepto de especie. Clasificación zoolóxica: Taxonomía e Sistemática. Categorías taxonómicas e regras de nomenclatura zoolóxica.
    2.- Filos poríferos e cnidarios: caracteres xerais e tipos de organización. Poríferos e cnidarios de auga doce
    3.- Acelomados: filum platihelmintos. Diagnose e caracteres xerais. Clasificación e exemplos de ciclos vitais
    4.- Pseudocelomados: definición e caracteres xerais. Fílum rotíferos: caracteres xerais e ciclos de vida. Fílum nematodos: estudo da súa organización. Nematodos fitófagos
    5.- Celomados: Fílum moluscos. Caracteres xerais e clasificación. Estudo da organización, reprodución e desenvolvemento de gasterópodos. Organización de bivalvos
    6.- Fílum anélidos: caracteres xerais e clasificación. Estudo da organización, reprodución e desenvolvemento de oligoquetos e hirudíneos
    7.- Fílum artrópodos: definición. Proceso de artropodización. Clasificación dos artrópodos. Caracteres xerais
    8.- Quelicerados: caracteres xerais e clasificación. Estudo da organización de arácnidos
    9.- Crustáceos: caracteres xerais e clasificación. Idea dos branquiópodos e maxilópodos (ostrácodos e copépodos) de auga doce. Malacostráceos (isópodos e decápodos) doceacuícolas e terrestres
    10.- Miriápodos: definición, caracteres xerais e clasificación
    11.- Hexápodos: caracteres xerais da súa organización externa e interna. Bioloxía. Clasificación. Clases colémbolos, proturos e dipluros. Caracteres xerais
    12.- Insectos Exopterigotas: efemerópteros, odonatos, ortópteros, isópteros, plecópteros, tisanópteros, homópteros e heterópteros. Caracteres xerais. Principais familias de interese forestal.
    13.- Insectos Endopterigotas: coleópteros, himenópteros, tricópteros, lepidópteros e dípteros. Caracteres xerais. Bioloxía e ciclos de vida. Principais familias de interese forestal
    14.- Fílum cordados: definición e caracteres xerais. Orixe dos cordados. Clasificación. Caracteres xerais dos vertebrados. Clasificación. Caracteres xerais de agnatos.
    15.- Gnatostomados: diagnose. Condrictios e osteictios: caracteres xerais e clasificación. A vida na auga: adaptacións estruturais e funcionais dos peixes. Estudo dos osteictios de augas continentais
    16.- Orixe dos tetrápodos e adaptacións ao medio terrestre. Anfibios: caracteres xerais e estudo da súa organización. Clasificación. Reprodución e desenvolvemento
    17.- Réptiles: caracteres xerais e clasificación. Bioloxía
    18.- Aves: orixe. Caracteres xerais. Organización externa e interna. Clasificación. Bioloxía. Aves insectívoras
    19.- Mamíferos: orixe. Caracteres xerais. Adaptacións estruturais e funcionais dos mamíferos. Clasificación. Reprodución e desenvolvemento

    SEMINARIOS (3 h.)

    1.- Morfoloxía e Embrioloxía animal: simetría, metamería e cefalización. O proceso reprodutor, tipos de ovo e desenvolvemento embrionario. Cavidades corporais: acelomados, pseudocelomados e celomados. 1 h. 30'.
    2.- Técnicas de estudo zoolóxico: mostraxe, conservación e identificación da fauna forestal, principalmente insectos. 1h. 30'.

    PRÁCTICAS DE LABORATORIO (16 h.)

    1.- Observación de exemplares e preparacións de poríferos, cnidarios, platelmintos, nematodos e rotíferos acuáticos. 2 h.
    2.- Observación de exemplares de moluscos. 1 h. 30'.
    3.- Morfoloxía externa de anélidos oligoquetos e hirudíneos. Disección dun oligoqueto (miñoca de terra). 1 h. 30'.
    4.- Morfoloxía externa e caracterización de diferentes grupos de queliceriformes. 2 h.
    5.- Morfoloxía externa de diferentes grupos de crustáceos. Disección dun decápodo (cangrexo de río). 2 h.
    6.- Morfoloxía externa e caracterización de diferentes grupos de miriápodos. 1 h.
    7.- Morfoloxía externa de hexápodos. Identificación con chaves dicotómicas das principais ordes de insectos con importancia forestal. 2 h.
    8.- Morfoloxía externa de agnatos, condrictios e osteictios. Características externas de anfibios e reptiles. 2 h.
    9.- Morfoloxía externa de aves e mamíferos. 2 h.


    PRÁCTICA DE CAMPO (5 h.)

    Observación e captura de diferentes grupos animais no seu medio ambiente (tanto doceacuícola como terrestre). 5 h.


    Bibliografía básica e complementaria
    - BRUSCA, R.C. y BRUSCA, G.J., 2005. Invertebrados (2ª edición). McGraw Hill-Interamericana, Madrid.
    - DE LA FUENTE, J.A., 1994. Zoología de Artrópodos. Interamericana-McGraw Hill, Madrid.
    - DE LIÑÁN, C. (coordinador), 1998. Entomología agroforestal. Insectos y ácaros que dañan montes, cultivos y jardines. Agrotécnicas, Madrid.
    - DÍAZ, J.A. y SANTOS, T., 1998. Zoología. Aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Síntesis, Madrid.
    - GULLAN, P.J. y CRANSTON, P.S., 2000. The insects. An outline of Entomology. Blackwell Science, Oxford.
    - HICKMAN, J.R.; ROBERTS, L.S.; KEEN, S.L.; LARSON, A.; L'ANSON, H. y EISENHOUR, D.J., 2009. Zoología. Principios integrales (14ª edición). McGraw Hill-Interamericana, Madrid.
    - KARDONG, K.V., 1999. Vertebrados. Anatomía comparada, función, evolución (2ª edición). McGraw Hill-Interamericana, Madrid.
    - RUPPERT, E. y BARNES, R., 1996. Zoología de los Invertebrados (6ª edición). McGraw Hill-Interamericana, Madrid.
    - TELLERÍA, J.L., 1991. Zoología evolutiva de los Vertebrados. Síntesis, Madrid.


    Competencias
    - Coñecer e entender a evolución biolóxica.
    - Entender o concepto de taxon e de clasificación taxonómica.
    - Distinguir os caracteres morfolóxicos para a diagnose de todos os grupos de animais de interese forestal.
    - Diferenciar “de visu” os diferentes grupos zoolóxicos presentes no medio forestal.
    - Aprender e habituarse ao manexo do material óptico utilizado no laboratorio.
    - Coñecer os parámetros de morfoloxía animal para o estudo dos animais.
    - Manipulación no laboratorio de todos os grupos animais estudados nas clases teóricas.
    - Coñecer e utilizar métodos de disección zoolóxica.
    - Coñecer e utilizar chaves dicotómicas para a identificación dos diferentes grupos zoolóxicos de interese forestal.

    Metodoloxía da ensinanza
    DOCENCIA EXPOSITIVA

    2 horas de teoría por semana. Cada semana estudiaráse un determinado grupo de animais.
    As explicacións orais apóianse con proxeccións de esquemas, fotografías e vídeos dos animais que se estudan nese momento.
    Previamente, os alumnos disporán de fotocopias do material docente proxectado na aula.

    DOCENCIA INTERACTIVA

    - Prácticas de laboratorio:
    Cada semana, nos seguintes días ás clases teóricas, os alumnos observarán e estudarán no laboratorio exemplares de todos os grupos animais considerados na teoría.
    Ademais, fanse diseccións dos principais grupos zoolóxicos.

    - Práctica de campo:
    Na práctica de campo, además de observar os diferentes grupos animais "in situ", procederase á mostraxe directa e á colocación de trampas para capturar unha representación dos diferentes grupos con presenza forestal, co obxecto de realizar una colección de animais invertebrados.

    TUTORÍAS

    Utilizaránse para facer un seguimento aos alumnos en relación, principalmente, coa realización da libreta de prácticas e da colección faunística. Asemade, resolveránse todas as cuestións que os alumnos podan plantexar.


    Como apoio a todas as actividades do curso, o alumno terá a sua disposición o material proxectado na aula durante a docencia expositiva, e toda a información da asignatura, asemade de diferente material audiovisual no Campus virtual.


    Sistema de evaluación
    - Asistencia ás clases teóricas, seminarios e tutorías en grupos reducidos.
    A asistencia e participacíon nestas actividades computa o 10% da nota final.

    - Un único exame escrito de teoría que comprenderá toda a materia teórica e que constará de varias partes: preguntas de tipo test, preguntas curtas e debuxos para interpretar ou realizar.
    Para superar este exame débese alcanzar, polo menos, a cualificación de 5; nota mínima para valorar e ter en conta o resto dos mértios na cualificaciñon final da materia.
    Este exame computa o 60% da nota final.

    - A realización de todas as prácticas de laboratorio e a asistencia á práctica de campo é obrigatoria para aprobar a materia. De non ser así, será necesario superar un exame de prácticas.
    A disposición do alumno no laboratorio e na práctica de campo será evaluada, e computa o 5% da nota final.

    - Asemade, será obrigatorio a realización e presentación dunha colección de fauna invertebrada forestal, segundo as pautas marcadas durante o curso.
    Esta colección evaluaráse e computa o 10% da nota final.

    - Tamén se lle pedirá ao alumno a realización dun caderno de prácticas ao longo do curso; que tamén será evaluado, computando o 15% da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Horas presenciais:
    24 h. teoría + 3 h. seminarios + 16 h. prácticas de laboratorio + 5 h. práctica de campo + 3 h. tutorías = 51 h.

    - Horas non presenciais (traballo autónomo):
    48 h. estudo e recollida información clases teoría e seminarios + 15 h. preparación exame teoría e colección = 63 h.

    - Realización de traballos fóra do horario académico:
    12 h. realización colección faunística + 20 h. realización caderno prácticas = 32 h.

    - Horas de avaliación:
    3 h. 30' exame de teoría + 30' exame da colección = 4 h.

    Volume total do traballo: 150 h.


    Recomendacións para o estudo da materia
    A primeira recomendación é asistir ás clases de teoría e, por suposto, ás clases prácticas (obrigatorias de todas formas).

    Ademais, é importante participar activamente nas sesións de laboratorio e observar con atención e “curiosidade” o material dispoñible.

    É importante, tamén, participar nas clases de teoría e preguntar calquera dúbida que se lle poida presentar ao0 alumno.

    Á súa vez, é interesante que o alumno intente razoar e contestar ás preguntas realizadas pola profesora na clase.

    Cómpre que o alumno utilice o tempo das titorías, ao longo de todo o curso, para realizar calquera consulta relacionada coa materia.

    Por último, pero non menos importante, é aconsellable consultar a bibliografía recomendada.