G4071229 - Hidroloxía (Bases do Medio Forestal e Natural) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo principal da materia é dotar ó alumno de ferramentas para o coñecemento das compoñentes do ciclo hidrolóxico, estimación de recursos hídricos tanto ordinarios como extraordinarios (enchentes e secas) e a cuantificación da influencia da cuberta vexetal sobre os caudais líquidos.
ContidosOs contidos da materia agrúpanse en tres bloques temáticos. Estes bloques didácticos son: Hidroloxía superficial; Estatística hidrológica; Hidroloxía subterránea
PROGRAMA DA MATERIA
TEMA 1. INTRODUCCIÓN Á HIDROLOXÍA
Ciclo hidrolóxico.Marco legal da auga en España: Lei e Regulamento. Sistemas e subsistemas hidrolóxicos. Modelos hidrolóxicos.
TEMA 2. A AUGA NA ATMÓSFERA (I): PRECIPITACIÓN
Formación da precipitación. Tipos de precipitación. Medida da humidade na atmosfera. Medida da precipitación. Datos ausentes. Determinación da precipitación sobre un área. Densidade de estaciones pluviométricas.
TEMA 3. A AUGA NA ATMÓSFERA (II): EVAPORACIÓN
Radiación solar. Vento. Perfís de velocidade. Evaporación potencial e Evapotranspiración potencial do cultivo de referencia. Métodos para a estimación da evaporación e da evapotranspiración: métodos hidrolóxicos, métodos micrometeorolóxicos e métodos empíricos. Transpiración e interceptación en bosques.
TEMA 4. AUGA SUBSUPERFICIAL. INFILTRACIÓN
Medidas de humidade e potencial no solo. Infiltración instantánea e infiltración acumulada. Factores que afectan á infiltración. Fluxo saturado: Lei de Darcy. Fluxo non saturado: Lei de Richards. Medida da infiltración. Modelos de infiltración: modelos empíricos, modelos semiempíricos: ecuación de Green-Ampt e modelos físicos: ecuación de Richards. Medida da condutividade hidráulica: métodos de laboratorio e campo.
TEMA 5. AUGA SUPERFICIAL. ESCOAMENTO
Tipos de escoamento. Teorías de xeración do escoamento superficial. Precipitación efectiva. Cálculo dos coeficientes de escoamento. Método de Phi. Método do número de curva do SCS. Cálculo das abstraccions co método de Green-Ampt. Modelos hidrolóxicos para o cálculo de escoamentos mensuais en cuncas non aforadas (calibración).
TEMA 6. HIDROGRAMAS
Fluxo base. Hidrograma unitario: Tempo de concentración. Hidrogramas Unitarios sintéticos. Hidrogramas en S. Método racional.
TEMA 7. MEDICIÓNS HIDROLÓXICAS
Tipos de hidrogramas. Interpretación de rexistros de caudal: Unidades. Medidas de caudais. Medidas de nivel. Medidas de velocidade. Curvas de aforo.
TEMA 8. CONDUCCIÓN DE ENCHENTES
Teorema de transporte de Reynolds. Sistemas agregados: Transito hidrolóxico en ríos: método de Muskingum. Sistemas distribuidos: Ecuacións de Saint-Venant. Método de Muskingum-Cunge.
TEMA 9. ESTATÍSTICA HIDROLÓXICA
Tratamento probabilistico da información hidrolóxica. Distribucións estatísticas usadas en hidroloxía: Continuas. Axuste dunha distribución estatística. Período de retorno. Distribucións estatísticas de valores extremos: máximos e mínimos. Análise de frecuencias
TEMA 10. TREBOADAS DE DESEÑO
Elaboración e utilización de curvas Intensidade-Duración-Frecuencia. Elaboración de treboadas de deseño. Simulación de enchentes.
TEMA 11. HIDROLOXÍA SUBTERRÁNEA
Conceptos de hidroloxía subterránea. Fluxo en medios porosos. Lei de Darcy xeralizada. Clasificación de acuíferos. Réxime permanente e variable. Mananciais.
PRÁCTICAS
A asistencia ás mesmas será obrigatoria, haberá a posibilidade de facer un traballo sobre as prácticas (en grupo, cun máximo de 2 persoas), os traballos valorarasne de 0 a 2 puntos, que se engadirán á nota final da materia. A nota das prácticas conservarase durante dous cursos académicos.
Práctica Nº 1: Caracterización dunha conca hidrográfica (0,6 puntos)
Práctica Nº 2: Delimitación dunha conca hidrolóxica a partir dun modelo de elevación dixital (0,6 puntos)
Práctica Nº 3: Simulación de caudais máximos co programa CAUMAX e HEC-HMS (0,8 puntos)
Bibliografía básica e complementariaCEDEX. 2011. Mapa de caudales máximos Memoria Técnica. CEDEX. Madrid. 73 pp. http://hercules.cedex.es/caumax/caumax_v2.rar
Custodio, E. y Llamas, M. R. 1983. Hidrología Subterránea (2 tomos) 2ª edición. Ediciones Omega. Barcelona. 2347 pp.
Chow, V. T.; Maidment, D. R. y Mays, L.W. 1994. Hidrología aplicada. McGraw-Hill Interamericana. Santa fe de Bogotá. 584 pp.
Heggen, R. J. (Ed.). 1996. Hydrology handbook. 2ª edición. ASCE Press. New York. 784 pp.
Hydrologic Engineering Center. 1998. HEC-HMS Hydrologic Modeling System. User’s manual. Hydrologic Engineering Center. US Army Corps of Engineers. Davis.
Instituto Nacional de Meteorología. 1998. Las precipitaciones máximas en 24 horas y sus períodos de retorno en España. Un estudio por regiones. Volumen 1 Galicia. Dirección General del Instituto Nacional de Meteorología. Ministerio de Medio Ambiente. Madrid. 129 pp.
Llamas, J. 1993. Hidrología general. Principios y aplicaciones. Servicio editorial de la Universidad del País Vasco. Bilbao. 635 pp.
Maidment, D. R. 1989. Handbook of hydrology. McGraw-Hill Inc. New York. 1250 pp.
MAPA. 1988. Agresividad de la lluvia en España. Valores del factor R de la Ecuación Universal de Perdidas de Suelo. MAPA. Madrid. 39 pp. + mapas.
Ministerio de Fomento. 1999. Máximas lluvias diarias en la España peninsular. Ministerio de Fomento, 55 pp. http://epsh.unizar.es/~serreta/documentos/maximas_Lluvias.pdf
Muñoz Carpena, R., Ritter Rodríguez, A.. 2005. Hidrología Agroforestal. Mundi-Prensa Libros, SA. Madrid: 360 pp.
Ritzema, H. P. (Ed.) 1994. Drainage principles and applications. ILRI. Wageningen. 1125 pp.
Sánchez Martínez, F.J., Lastra Fernández, J. (Coordinadores). 2011. Guía metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Madrid 349 pp.
TEXTOS LEGISLATIVOS
Planes hidrológicos de cuenca
Directiva Marco del Agua
Ley de aguas
Reglamento del Dominio Público Hidráulico
Instrucción de planificación hidrológica
CompetenciasCos coñecementos adquiridos na materia preténdese que o graduado enxeñaría forestal e do medio natural poida ter unha visión dos diferentes campos de aplicación da enxeñería hidráulica, a capacidade de interrelacionar os contidos, e aplicacións, con outras materias e familiarizarse co proceso de toma de decisións na resolución de proxectos. Segundo o perfil profesional descrito polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, os Enxeñeiros Técnicos Forestais deben estar capacitados para a realización de proxectos, informes e estudios no campo da Xestión Hidráulica: Restauracións hidrolóxico-forestais, corrección de cauces, ribeiras e marxes, afloramentos e prospeccións de auga.
Metodoloxía da ensinanza No transcurso das clases teóricas facilítase o acceso do alumno ás bases científicas e técnicas da materia impartida.
O profesor encargado de cada unidade encárgase da exposición dos fundamentos teóricos e da súa comprensión por parte dos alumnos. A ensinanza é de carácter práctico e aplicado. Unha vez que o alumno coñece as principais fontes de información, a materia desenvólvese dun xeito eminentemente práctico mediante a realización de problemas prácticos.
A materia ten unha compoñente de prácticas, con dous tipos principais: uso de programas informáticos e estudio dunha conca hidrolóxica, con planos, cálculos, ... e un sistema de información xeográfica.
Sistema de evaluación1. Exame teórico, constará de dúas partes (parte teórica e parte de problemas) e, terá un valor do 70% da puntuación final da materia.
- Teórico: Consistirá en preguntas ou cuestións teóricas sen apuntes. Supoñen o 30 % da nota do exame teórico sendo necesario un mínimo de 3 puntos sobre 10 para poder facer media coa parte de problemas.
- Problemas: Supón o 70 % da nota do exame teórico e consiste na resolución de varios problemas, para poder facer media coa parte teórica necesítase un mínimo de 3 puntos sobre 10. As fórmulas e táboas necesarias para a resolución proporcionaranse no exame.
2. Programa práctico: O traballo práctico será voluntario, asignado a cada grupo, para a realización deste utilizaranse os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas. Valoración máxima 2 puntos.
3. Outras actividades, exames en clase (sen previo aviso), exercicios propostos 10% da puntuación total da materia.
Este sistema de avaliación estará vixente tanto na convocatoria de Maio como na de Xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo adicado á asistencia presencial para as clases de expositiva é de 18 horas, as clases de seminario 9 horas e as clases prácticas 9 horas, para o traballo persoal do alumno adicado á comprensión da teoría 27 horas, á comprensión e resolución de problemas 13,5 horas e o relativo a realización do traballo práctico 13,5 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia a clase recoméndase que sexa dun xeito activo, participando no seu desenvolvemento. Así mesmo, é interesante facer uso das titorías, recorrer á bibliografía recomendada e participar nas prácticas e realizar os traballos prácticos.
ObservaciónsPrazos de entrega de traballos de prácticas:
Os traballos de prácticas deberán ser entregados nun prazo máximo de 30 días naturais a partir da data de realización da práctica.