Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071321 - Tecnoloxía da Madeira (Industrias Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANCHEZ ROCHA, JESUS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer a importancia da madeira como materia prima renovable
    - Diferenciación da madeira respecto doutros materiais naturais e artificiais
    - Coñecer a estrutura da madeira
    - Coñecer e manexar as propiedades físicas e mecánicas da madeira
    - Coñecer a produción madeireira no mundo e en España

    Contidos
    1. CARACTERÍSTICAS DA MADEIRA
    - Estrutura macro e microscópica da madeira
    - Estrutura ultramicroscópica
    - Características físicas da madeira
    - Características mecánicas da madeira
    - Defectos e alteracións da madeira en rolo
    - Patoloxía e tratamentos preventivos da madeira

    2. A PRODUCCIÓN MADEIREIRA NO MUNDO E EN ESPAÑA
    - A produción de madeira no mundo
    - O comercio internacional da madeira
    - A madeira como materia prima de diversas industrias

    3. SECADO DA MADEIRA
    - O concepto de secado da madeira
    - Xustificación e necesidades do secado da madeira
    - Fundamentos do secado da madeira
    - O secado da madeira ó aire libre
    - O secado da madeira en cámara: secado forzado

    Bibliografía básica e complementaria
    1. LA MADERA Y SU ANATOMÍA. Luís García Esteban. AITIM

    2. LA MADERA Y SU TECNOLOGÍA. Luís García Esteban. AITIM

    3. TECNOLOGIA DE LA MADERA. Santiago Vignote. MAPA

    4. MANUAL DE SECADO DE MADERAS. J. I. Fernández- Golfín. CIFOR –INIA

    5. TECNOLOGÍA DE LA MADERA Y DEL MUEBLE. W. Nutsch. Editorial Reverté

    6. MUNUAL DE LA MADERA. LA CARPINTERÍA Y LA EBANISTERÍA. Albert Jackson. Ediciones del Prado.


    Competencias
    Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de:
    - Características da madeira
    - Estrutura anatómica interna e propiedades macroscópicas da madeira
    - Identificar os procesos e maquinaria da industria de primeira e segunda transformación da madeira
    - Coñecer a produción madeireira no mundo e en España
    - Recoñecer macroscópicamente as principais madeiras españolas
    - Recoñecer microscópicamente madeiras de importancia comercial
    - Recoñecer os defectos da madeira en rolo
    - Determinar a humidade e a densidade da madeira
    - Coñecementos para o cálculo e deseño de instalacións de: carpintaría, secado, descortizado e trituración da madeira

    Metodoloxía da ensinanza
    É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na asignatura, así como a amplitude e diversidade de obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.

    Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.

    Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia débese por a disposición do alumno toda a información necesaria, auxiliándose nunha serie de técnicas que lle axuden a desempeñar con eficacia as súas funcións docentes, como: as clases teóricas (maxistrais e seminarios), as clases prácticas, as titorías (en grupos e persoais), as viaxes de prácticas e os traballos individuais.

    Ademais, a asignatura integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Grado.

    Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse unha serie de recursos ou medios didácticos que serven para estimular a atención do alumno e facilitarlle a comprensión, asimilación e aplicación dos coñecementos. Dentro destes medios pódense citar os seguintes: bibliografía, apuntes manuscritos, encerado, medios audiovisuais, visitas a instalacións de produción e visita de persoal profesional alleo á universidade.

    Sistema de evaluación
    - Méritos básicos non imputables na avaliación numérica
    Asistencia a lo menos, ó 80% das clases presenciais (teóricas, titorías e visitas guiadas) e superar un exame práctico de recoñecemento macro e microscópico de diversas madeiras

    - Méritos imputables en la avaliación numérica
    Preguntas breves 40 % da nota final
    Preguntas tema 40 % da nota final
    Memoria de prácticas 20 % da nota final

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 3 horas de dedicación á asignatura, o cal supón un total de, aproximadamente 72 horas. A isto sería necesario engadirlle un complemento de 25 horas para a preparación do exame de prácticas e a memoria das prácticas de laboratorio.

    É dicir, son necesarias un total de 95/100 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia continuada a clase para tomar nota das explicacións puntuais e aclaracións que o profesor fai sobre la materia

    Recoller información para os traballos individuais de forma progresiva, elaborando estes en contacto continuado co profesor, quen ten que actuar de guía para solucionar dúbidas de contido, forma e presentación dos manuscritos

    Lectura diaria da materia explicada, para, se ben non lograr a súa total comprensión, si para fixar contidos básicos

    Comezar a fase final de estudio da materia con unha antelación suficiente que impida problemas de última hora

    Completar as explicacións de clase coa bibliografía recomendada