G4041229 - Electrotecnia (Materias sen Vincular) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Dotar ó alumno dos fundamentos básicos da electrotecnia para así poder coñecer as aplicacións e necesidades do emprego das instalacións eléctricas.
2. Coñecer e comprender os elementos básicos dunha instalación eléctrica e a interacción entre eles.
3. Desenvolver proxectos de instalacións eléctricas dentro do ámbito da súas competencias.
ContidosContidos
1. Circuítos eléctricos: definición e clases de circuitos. Magnitudes e unidades.
2. Corrente alterna monofásica: formas de onda senoidais. Representacións. Operacións con vectores xiratorios. Expresión simbólica da lei de Ohm
3. Circuítos monofásicos: circuítos en serie: impedancia. Resonancia de tensións. Circuítos en paralelo: admitancia. Resonancia de intensidades. Circuítos mixtos
4. Potencia e enerxía: potencia instantánea, media e flutuante. Factor de potencia. Potencia aparente, activa e reactiva. Corrección do factor de potencia. Potencia complexa. Teorema de Boucherot
5. Circuítos trifásicos: sistema trifásico. Conexión en estrela equilibrada. Conexión en triángulo equilibrado. Equivalencia estrela-triángulo. Sistemas trifásicos desequilibrados. Potencia en sistemas trifásicos. Corrección do factor de potencia
6. Luminotecnia: radiación e espectro electromagnético. Magnitudes e unidades. Leis da luminotecnia. Lámpadas e luminarias: temperatura da cor. Índice de reprodución da cor. Principios das fontes de luz. Tipos de lámpadas. Tipos de luminarias
7. Cálculo eléctrico de liñas: efecto pelicular. Coeficiente de autoindución. Caída de tensión, diferenza de tensións e perda de potencia
8. Cálculo de redes de distribución: cálculo de sección en distribuidores abertos. Cálculo de sección en distribuidores pechados. Cálculo da sección por volume mínimo
9. Aparatos de protección e seguridade: interruptores magnetotérmicos. Fusibles. Interruptores diferenciais. Contactores. Postas a terra
10. Regulamento electrotécnico de baixa tensión: instrucións técnicas. Complementarias (ITC) de maior interese
11. Introdución ás máquinas eléctricas: tipos e principios xerais. Elementos básicos. Circuítos magnéticos. Potencia nominal. Rendemento. Par electromagnético
12. Transformadores: transformador monofásico ideal. Transformador real. Transformadores trifásicos. Centros de transformación
13. Motores asíncronos: fundamento. Circuíto eléctrico equivalente. Balance de potencias. Par motor. Elección dun motor. Motores monofásicos
Bibliografía básica e complementaria- Fernandez, L. ; Landa, J. Luminotecnia. MC Graw Hill.1993.
- Fraile, J. 2003. Máquinas Eléctricas. UPM.
- Fraile, J. 1996. Introducción a las Instalaciones Eléctricas. U.P.M.
- Fraile Mora, Jesús. 1993. Electromagnetismo y Circuitos Eléctricos. Colegio de ingenieros de Caminos Canales y Puertos. Colección Escuelas. Madrid.
- García Trasancos, J. 1999. Instalaciones Eléctricas en Media y Baja Tensión. Paraninfo.
- Martínez Domínguez, F. 1998. Instalaciones Eléctricas de Alumbrado e Industriales. Paraninfo.
- Martínez Requena, J. 1998. Puesta a Tierra de Edificios y en Instalaciones Eléctricas. Madrid.
- Moreno., N. et al. 2003. Problemas Resueltos de Tecnología Eléctrica. Thomson
- Parra Prieto, Valentín y otros. Teoría de Circuitos I y II. UNED. Madrid, 1991
- Reglamento Electrotécnico de Baja Tensión. Mº de Industria. 2003.
- Roger Folch , J. et al. 2000. Tecnología Eléctrica. Ed. Síntesis.
- Sanz Serrano, J. L. 2004. Instalaciones Eléctricas: Resumen del REBT. Esquemas, Aplicaciones y Ejercicios Resueltos. Thomson. Paraninfo.
- Toledano, J.C. ; González B. 1994. Sistemas Polifásicos. Vol. I y II. Paraninfo.
- Trashorras Montecelos, J. 2002. Diseño de Instalaciones Eléctricas de Alumbrado. Thompson-Paraninfo.
CompetenciasCompetencias xerais
- Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Civil e coñeimiento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construcción, mantenimento, conservación e explotación. (CG 1)
- Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se plantexan ea construcción duhna obra pública, e capacidade para emplear métodos contrastados e tecnologías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construcción dentro do respeto polo medio ambiente e a protección da seguridad e saude dos traballadores e usuarios da obra pública. (CG 2)
Competencias específicas
- Coñecimentos fundamentais sobre o sistema eléctrico de potencia: xeración de enerxía, reparto e distribución, así como os tipos de liñas e conductores. Coñecimento sobre a normativa de baixa e alta tensión.
- Coñecimento das instalacións de alumado. Cálculo e dimensionado de instalacións eléctricas. Cálculo de instalacións de alumado. Selección de motores eléctricos.
Metodoloxía da ensinanza Materia cuadrimestral, coa seguinte distribución horaria e metodoloxía en cada caso:
- 36 horas expositivas distribuídas a razón de tres horas por semana e impartidas como clase maxistral con apoio de encerado, transparencias e canón de vídeo.
- 3 horas de titorias en pequenos grupos distribuidas nas semanas de docencia interactiva.
- 12 horas prácticas realizadas na aula de informática e no laboratorio de electrotecnia, onde a metodoloxía será a seguinte: breve explicación do traballo para desenvolver e realización da práctica por parte do alumno.
- Apoio á docencia mediante campus virtual, realización de test de teoría nos que se verificará a correcta aprendizaxe da materia e que axudarán a mellorar a nota da parte de teoría do exame final; ademais dos diferentes contidos como temario, transparencias, horarios prácticas,... dispón dun foro onde se poderán facer consultas de dúbidas que complementarán as titorías presenciais
Sistema de evaluaciónRealizarse un exame final e varios exames parciais dos módulos do programa.
Os exámenes constarán dunha parte de teoría e outra de exercicios (30 % teoria, 70% exercicios).
As probas ao longo do curso e a realizacion das prácticas supoñerán entre un 10 e un 30% da nota final e os exames entre un 70 e un 90%.
Os alunos repetidores poderán asistir ás clases teóricas e de problemas cando o estimen oportuno. Ademais, poderanse presentar a todos os exames e provas que se realicen para os alunos de primeira matrícula.
No caso de que a realización das prácticas sexa obrigatória, considerarase que estas teñen validez durante dous cursos académicos desde a sua realización, polo que non se terán que repetir neste periodo.
Tempo de estudo e traballo persoalPRESENCIAIS:
- Asistencia a clases de expositivas: 36 horas
- Asistencia a titorias en pequenos grupos: 3 horas
- Realización da práctica en grupo, seguindo as indicacións do profesor e atendendo ás medidas de seguridade: 12 horas
NON PRESENCIAIS:
- Estudo dos contidos teóricos e traballo persoal para coñecer, comprender e sintetizar os coñecementos impartidos na materia: 45 horas
- Aplicación dos coñecementos teóricos a exercicios prácticos e resolución de exercicios prácticos: 30 horas.
- Consulta e realización de test no campus virtual: 4 horas.
AVALIACIÓN:
- Realización de probas escritas de coñecemento e comprensión da materia, resolución de problemas e cuestións: 8 h
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación nas clases, seminarios e prácticas.
- Dedicación regular ao estudo teórico e realización de exercicios e cuestións propostas.
- Uso das titorías e campus virtual para a consulta das dúbidas que xurdan do estudo da materia cando se requira.