G4041321 - Obras Xeotécnicas I (Enxeñaría do Terreo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría do Terreo
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecementos:
Comprender e manexar con claridade os principios básicos da Mecánica de Solos e das Rochas, así como a súa terminoloxía propia.
Entende-los condicionantes que formula a xeotecnia no desenvolvemento de estudos, proxectos, construcións e explotacións onde sexa necesario efectuar movementos de terras, cimentacións e estruturas de contención.
Senta-las bases físicas e mecánicas para o deseño e construción de obras xeotécnicas.
Coñece-los procedementos construtivos e a maquinaria de construción habituais en Enxeñaría Civil relacionados co terreo. Comprende-los principios para o deseño e construción de obras de terras de Infraestruturas Lineais, como estradas e ferrocarrís.
Aptitudes:
Saber aplica-los coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
Coñecer e adquirir destreza na realización dos ensaios máis habituais dun laboratorio xeotécnico.
Acostumarse ó manexo de bibliografía, de normativa específica e de recursos na web.
Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.
Actitudes:
Alimenta-la súa curiosidade e interese pola observación, interpretación e coñecemento dos fenómenos físicos e mecánicos de solos e rochas.
Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
Practica-lo razoamento correcto.
Fomenta-lo traballo en equipo.
ContidosTEMA 1: EMPUXE DE TERRAS
Introdución. Coeficiente de empuxe ó repouso. Teoría de Rankine: empuxes de terras activo e pasivo. Distribución de presións sobre muros de contención. Teoría de Coulomb do empuxe de terras sobre muros. Empuxes en solos cohesivos.
TEMA 2: ESTRUTURAS DE CONTENCIÓN RÍXIDA.
Introdución. Tipos de estruturas de contención. Condicións xerais para o proxecto.
TEMA 3: ESTRUTURAS DE CONTENCIÓN FLEXIBLE
Introdución. Tipos de estruturas de contención flexible. Cálculo analítico: Pantallas en voadizo, pantallas cun apoio, pantallas con varios apoios. Sistemas de reforzo ou soporte lateral. Métodos numéricos de cálculo.
TEMA 4: NOIROS EN SOLOS
Introdución. Factor de seguridade. Estabilidade de noiros infinitos sen e con fluxo de auga. Noiros finitos. Análise de roturas circulares. Ábacos de Taylor. Método das rebanadas. Métodos de Bishop e Janbu. Medidas de corrección. Drenaxe de noiros.
TEMA 5: NOIROS EN ROCHAS
Introdución. Inestabilidade de noiros e ladeiras rochosas: desprendementos, escorregamentos, descalces, emborcos, pandeos. Escorregamentos de bloques desprendidos: avalanchas. Escorregamentos planos. Escorregamentos en cuña. Métodos de cálculo.
TEMA 6: PATOLOXÍA DE NOIROS
Introdución. Condicionantes ambientais e xeotécnicos. Comportamento global de noiros. Sistemas posibles de actuación fronte a inestabilidades. Métodos de protección de noiros.
TEMA 7: PROXECTO DE CIMENTACIÓNS
Introdución. Tipoloxía de cimentacións. Análise e dimensionado: criterios básicos, comprobacións, estados límite últimos, estados límite de servizo. Comprobacións adicionais.
TEMA 8: CIMENTACIÓNS SUPERFICIAIS
Introdución. Ecuacións de Prandtl e de Terzaghi. Expresións de Meyerhof e Brinch-Hansen. Influencia da forma e a profundidade da cimentación. Ecuación xeral da capacidade de carga dunha cimentación superficial. Asentos en cimentacións.
TEMA 9: CIMENTACIÓNS PROFUNDAS.
Introdución. Tipos de pilotes. Determinación da carga admisible dun pilote illado. Grupos de pilotes. Construción e control da execución de pilotes.
TEMA 10:PATOLOXÍA DE CIMENTACIÓNS
Introdución. Causas: defectos do proxecto, defectos da execución, causas extrínsecas. Análise de gretas. Recalce de cimentacións.
TEMA 11: REDACCIÓN DE INFORMES XEOTÉCNICOS
Introdución. O estudo xeotécnico. Dimensionamento dos traballos de campo. Código Técnico da edificación. Guía de Cimentacións en Obras de Estradas.
Bibliografía básica e complementaria• Geotecnia y cimientos / José Antonio Jiménez Salas...[et al.]. Madrid : Rueda, D.L. 1975-1981
• Ingeniería Geológica. L. González de Vallejo, M. Ferrer, L. Ortuño y C. Oteo. Prentice Hall. 2002.
• Engineering geology: Rock in engineering construction. Goodman, Richard E. New York [etc.] : John Wiley & Sons, cop. 1993
• Mecánica de Suelos”. Lambe, T.W. y Wihtman, R.V., Limusa, 1991.
• Principles of geotechnical engineering. Das, Braja M. Pacific Grove (California) : Brooks/Cole, cop. 2002
• Principios de ingeniería de cimentaciones. Das, Braja M. México : International Thomson, 2001
• Soil Mechanics in Engineering Practice. Terzaghi, K. y Peck, R.B. John Wiley & Sons, cop. New York 1948
• Ingeniería de cimentaciones: fundamentos e introducción al análisis geotécnico. Delgado Vargas, Manuel. México : Alfaomega, [1999]
• Curso aplicado de cimentaciones. Rodríguez Ortiz, J.M. et al. Colegio de Arquitectos de Madrid, 6 edición, 1995.
• Geotecnia: ensayos de campo y de laboratorio. Madrid: AENOR, [1999]
• Mecánica de las rocas. Serrano, Alcibíades. [Madrid]. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Servicio de Publicaciones, 2000
• Ingeniería del terreno / [editor Carlos López Jimeno; autores Javier Ariza Torres...(et al.)]. Colección Ingeoter. Madrid : U.D. Proyectos, [2002]
• Manual de túneles y obras subterráneas. Ed. López Jimeno, C. 2000
• Manual de técnicas de Mejora del Terreno. Bielza, A. 1999
• Guía de cimentaciones en obras de carreteras. Ministerio de Fomento, 2003
• Guía para el proyecto y la ejecución de muros de escollera en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2006
• El Terreno. González, M. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona 2001
• Código Técnico de la Edificación: Libro 3: Seguridad Estructural: cimientos. Ministerio de Vivienda. Madrid 2006
• Geotecnia. Reconocimiento del Terreno. Suriol, J., Lloret, A. y García, A. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona, 1995.
CompetenciasXerais:
Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación. (CG 1)
Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que aparecen na construccón dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de consegui-la maior eficacia na construción dentro do respeto polo medio ambente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública. (CG 2)
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplica-la lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas. (CG 3)
Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito. (CG 4)
Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito (CG 7)
Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valora-las obras públicas en particular e a construción en xeral. (CG 10)
Específicas:
Coñecementos de xeotecnia e mecánica de solos e de rochas así como a súa aplicación no desarrollo de estudos, proxectos, construccións e explotacións onde sexa necesario efectuar movimentos de terras, cimentacións e estruturas de contención.
Capacidade para a construción de obras xeotécnicas.
Coñecemento dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de organización, medición e valoración de obras.
Capacidade para a construción e conservación de estradas, así como para o dimensionamento, o proxecto e os elementos que compoñen as dotacións viarias básicas.
Capacidade para a construción e conservación das liñas de ferrocarrís con coñecemento para aplica-la normativa técnica específica e diferenciando as características do material móvil.
Transversais:
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade para o razonamento e a argumentación.
Capacidade de traballo individual, con actitud autocrítica.
Capacidade para trabajar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
Habilidade no manexo de TIC’s.
Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Utilización de información en lingua estranxeira.
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Habilidad en el manejo de TIC’s.
Utilización de información bibliográfica y de Internet.
Utilización de información en lengua extranjera.
Capacidad para resolver problemas mediante la aplicación integrada de sus conocimientos.
Metodoloxía da ensinanza As actividades presenciais son de catro tipos:
-Clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral, impártense na aula por parte do profesor, axudado de medios audiovisuais.
-Os seminarios, prácticas de pizarra e clases interactivas, en grupos reducidos de 20 alumnos, son actividades complementarias que permiten ó alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría.
-As prácticas de laboratorio, en grupos reducidos de 20 alumnos, onde o alumnado traballa con programas comerciais habituais en Enxeñaría Xeotécnica, resólvense casos prácticos e débese redactar un informe técnico.
-As titorías en grupo, con non máis de 10 alumnos/as, e tamén individuales onde o alumnado pode discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recopilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...). Na materia exísese a entrega dun Informe Xeotécnico dun proxecto básico de trazado dunha estrada.
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado, impreso ou a través do Campus Virtual.
Sistema de evaluaciónA aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha avaliación continuada, para estimular ó alumnado a segui-lo proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A avaliación básease nos seguintes 6 apartados:
1) Asistencia obrigatoria ao 100% das clases presenciais.
2) Probas escritas. Dúas partes diferenciadas de teoría e práctica que fan media e en cada unha delas hai que obter unha nota mínima.
3) Entrega dos boletíns de exercicios e das prácticas resoltas en clases prácticas.
4) Aproveitamento das prácticas de laboratorio e entrega do informe.
5) Entrega e presentación do Informe Xeotécnico.
6) Participación do alumnado nas actividades da aula. Seguemento a través dun anecdotario.
Requisitos para a superación da materia:
-Nota mínima na proba escrita de 5 puntos sobre 10.
-Asistencia ao 100% das prácticas de laboratorio
-Exercicios coa calificación de APTOS
-Informe de Laboratorio APTO
-Informe Xeotécnico APTO
Primeira oportunidade:
Para poder presentarse á proba escrita na primeira oportunidade os alumnos deben cumplir unha asistencia do 100% ás clases presenciais excepto faltas xustificadas.
O non cumplimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumplimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 60%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
-Participación en las actividades del aula 10%
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Segunda oportunidade:
O non cumplimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumplimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Repetidores:
Aqueles alumnos que teñan cumplido o requisito de asistencia e de entrega de prácticas e informes en algún dos dous cursos anteriores, soamente teñen que presentarse á proba escrita, sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
En todo caso, aconséllase a asistencia, como mínimo, ás sesións prácticas e de laboratorio e o seguemento frecuente da materia a través das titorías e do Campus Virtual.
Tempo de estudo e traballo persoalLectura e preparación de temas: 30h
Realización de exercicios: 10h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 13h
Elaboración de traballos de curso: 7h
Preparación de probas de avaliación: 10h
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios e nas prácticas de laboratorio.
Esforzarse nos informes de prácticas e no Informe Xeotécnico.
Intentar resolve-los exercicios previstos antes da resolución na clase.
Consulta-la bibliografía específica recomendada para cada tema.
Utilizar e aproveita-las titorías, tanto as habituais como as programadas en grupo.