G4041322 - Enxeñaría Sanitaria e Ambiental (Enxeñaría Hidráulica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 9.00
- Total: 9.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 76.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPerséguese que o Graduado en Enxeñaría Civil adquira a formación precisa para a planificación, proxecto, construción, mantemento e xestión das infraestruturas relacionadas co tratamento de augas para abastecemento e coa depuración de augas procedentes de saneamentos, permitindo deste xeito o mantemento e conservación dos recursos hidráulicos. Procurárase que o alumno adquira o coñecemento de aqueles aspectos medio ambientais relacionados coas infraestruturas e a urbanización do espazo público urbano como a xestión dos residuos, a contaminación acústica e atmosférica.
ContidosOs contidos da materia serán:
Conceptos iniciais sobre ecosistemas e factores ambientais.
Calidade de augas.
Tratamento de augas de abastecemento.
Depuración de augas residuais.
Residuos sólidos.
Contaminación atmosférica e sonora.
Bibliografía básica e complementariaAmerican Water Works Association (AWWA); (2002). Manual de calidad y tratamiento del agua. Ed McGraw – Hill. ISBN: 8448132106
CEDEX ;(2011). MANUAL PARA LA IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE DEPURACIÓN EN PEQUEÑAS POBLACIONES. Edita Ministerio de M. A. A. y M. ISBN: 978-84-491-1071-9
Dègremont; (1979). Manual Técnico del agua. Ediciones Urmo, S.A.. ISBN: 9788431460396
Grupo TAR. Máster Universitario en Ingeniería del Agua. Grupo TAR E. U. P. Universidad de Sevilla. ISBN: 84-933034-3-7. www.grupotar.com
Hernández Muñoz, Aurelio; (1996). Depuración de aguas residuales. C. O. de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. Colección senior, Ed. Paraninfo; Madrid. ISBN: 84-380-0051-7
Hernández Muñoz, A., Hernández Lehmann.A., Galán Martínez. P.; (2000). Manual de depuración de Uralita. Ed. Paraninfo. ISBN:84-283-2162-0
Metcalf-Eddy; (1995). Ingeniería sanitaria: tratamiento, evacuación y reutilización de aguas , Editorial Labor; Barcelona; ISBN 84-335-6421-8
Pélzar, M., Reid, R., Chan, E.;(1982). Microbiología. Ed. McGraw-Hill. ISBN: 968-6046-65-8
Tejero, I., Suárez, J., Jácome A., y Temprano J.; (2004) Ingeniería sanitaria y ambiental (dos Volúmenes) Editado por: E.T.S. de Ing. de Caminos de Santander. Universidad de Cantabria. ISBN: 84-607-0983-3
Trapote Jaume, Arturo; (2011). Depuración de aguas residuales urbanas.. Publicaciones Universidad de Alicante. Unión de editoriales universitarias Españolas (UNE) ISBN: 978-84-9717-4
CompetenciasComo competencias xerais:
Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se propón na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de acadar a maior eficiencia e eficacia da construción dentro do respecto polo medio ambiente e a proteción da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación precisa durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.
Capacidade para o mantemento e conservación dos recursos hidráulicos e enerxéticos, no seu ámbito.
Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos medio ambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito
Capacidade para o mantemento, conservación e explotación das infraestruturas, en su ámbito.
Como competencias específicas da materia:
Coñecemento dos proxectos de servizos urbanos relacionados coa distribución de auga e saneamento.
Coñecemento e comprensión dos sistemas de abastecemento e saneamento, xunto co seu dimensionamento, construción e conservación.
Coñecemento e comprensión do funcionamento dos ecosistemas e dos factores ambientais.
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza da materia distribuirase do seguinte xeito:
Clases expositivas nas que se desenrolarán os conceptos teóricos precisos para a comprensión da materia.
Actividades en seminarios nos que se realizarán exercicios prácticos destinados a unha mellor compresión da materia.
Nas prácticas (grupos reducidos) daranse as pautas para a realización dos traballos, neste apartado encádranse as viaxes de prácticas ou "Prácticas de Campo", incluíndo a visita o menos, a unha depuradora de augas residuais e a unha planta de tratamento de auga potable.
Titorías en pequenos grupos (grupos moi reducidos) cada grupo dispón de 4 horas co fin de clarexar dúbidas que poidan existir nos diferentes temas tratados na materia.
Asemade os alumnos dispoñen da posibilidade de acudir as titorías individuais, sempre que o consideren oportuno e no horario establecido polos profesores.
A asistencias as clases expositivas, seminarios, prácticas e titorías en pequenos grupos é obrigatoria.
Sistema de evaluaciónRealizarase unha proba escrita, con contidos prácticos e teóricos, o finalizar a materia. Esta proba representará o 70% da nota final, sendo necesario acadar unha nota mínima dun 5 sobre 10 puntos para poder aprobar a materia.
A realización das tareas prácticas e/ou traballos representará o 30% da totalidade.
Levaranse a cabo varias probas escritas unha vez finalizadas os diferentes bloques temáticos nos que se divide a materia, co fin de avaliar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos. No caso de aprobar as diferentes probas cunha nota mínima de 5 liberaranse os contidos avaliados ata o final do curso académico.
Para os alumnos non matriculados por primeira vez, a avaliación consistirá na realización da proba escrita nas datas oficiais sinaladas polo centro, representando o 100% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalLectura e preparación de temas 57 horas.
Preparación previa das prácticas e posterior traballo sobre as mesmas 25 horas.
Realización de exercicios 20 horas.
Elaboración de traballos de curso 15 horas.
Preparación de probas de avaliación 20 horas.
Total 137 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendase a asistencia participativa e activa as clases e o estudo continuado e paralelo o avance da materia.