G4041323 - Portos e Costas (Enxeñaría Hidráulica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 9.00
- Total: 9.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 76.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Hidráulica
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs obxectivos que se pretenden alcanzar nesta materia son:
- Imbuír ao alumno da importancia do medio litoral, a gran demanda de usos ós que está sometido (moitos deles en conflito entre si) e a súa vulnerabilidade.
- Coñecer os principios do funcionamento do sistema costeiro, facendo fincapé no seu carácter dinámico e na estreita interrelación entre os procesos litorais.
- Adquirir capacidades no emprego de ferramentas auxiliares esenciais ao servizo da Enxeñaría de Portos e Costas, tales como a modelización numérica.
- Coñecer os distintos tipos de actuacións na costa, sinalando as súas funcións, as súas limitacións e o seu campo de aplicación.
- Con base no coñecemento do sistema litoral e da interrelación entre os seus compoñentes, interiorizar a necesidade dunha Xestión Integral do Litoral e coñecer os conceptos fundamentais da mesma.
Contidos Unidade I. Introdución á Enxeñaría de Portos e Costas
Bloque Temático 1: Procesos Litorais
Unidade 2. Ondas de gravidade. Ondada
Unidade 3. Transformación da ondada
Unidade 4. Caracterización da ondada
Unidade 5. Mareas e Niveis do Mar
Unidade 6. Correntes litorais e transporte de sedimentos
Bloque Temático II: Actuacións no Litoral
Unidade 7. Introdución ás actuacións no litoral
Unidade 8. Introdución á Xestión Integral da Zona Litoral
Bibliografía básica e complementariaDean, R. G. & Dalrymple, R. A. Coastal Processes with Engineering Applications. Cambridge University Press, 2002.
Horikawa, K. Coastal Engineering „Ÿ An introduction to Ocean Engineering. University of Tokyo Press, 1978.
Kamphuis, J. W. Introduction to Coastal Engineering and Management. World Scientific, 2000.
U.S. Army Corps of Engineers. Coastal Engineering Manual (6 vol). Washington, D.C., 2000
(Dispoñible online en http://bigfoot.wes.army.mil.cem001.html).
Material docente:
Ademais do material que se facilitará ao alumno para o axeitado seguimento tanto das clases expositivas coma dos seminarios interactivos, disporase das seguintes publicacións docentes:
Iglesias, G., Carballo, R. Mecánica Ondulatoria. Univ. Santiago de Compostela, 2011.
Carballo, R., Iglesias, G., Sánchez, M. Mareas. Univ. Santiago de Compostela, 2011.
López, M., Carballo, R. Análise a curto prazo da ondada. Univ. Santiago de Compostela, 2013
CompetenciasAdemais das competencias propias da titulación, e das específicas propias da materia, traballaranse as seguintes competencias transversais:
- Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas, seminarios interactivos, ademais de titorías individuais e en grupos reducidos.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. Os alumnos deberán adicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudo posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumno, dentro de cada unidade programase un control tipo test dos conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, de modo que ó mesmo tempo se asegure que o alumno dispón dos coñecementos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos seminarios interactivos.
En canto ós seminarios interactivos, estos concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento os alumnos resolverán exercicios e problemas, fundamentalmente en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. Do mesmo xeito, tamén se formularán cuestións de difícil comprensión que deberán ser resoltas polo alumnado.
Finalmente, plantéxase a realización dunha visita a unha actuación litoral relacionada coas actuacións presentadas no Bloque II.
Sistema de evaluaciónRecurrirase a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, a nota final da materia, ademáis do exame final, terá en conta os seguientes aspectos:
- Asistencia e aproveitamento das clases expositivas (probas escritas de control á finalización das diferentes unidades). (Ata un 20% sobre a nota final).
- Asistencia e aproveitamento dos seminarios interactivos. (Ata un 10% sobre a nota final).
- Traballos / exercicios entregados e/ou presentados. (Ata un 10% sobre a nota final).
As porcentaxes anteriores poderán axustarse lixeiramente en función da evolución do curso. Os alumnos serán informados desta posible modificación coa debida antelación.
Os criterios a seguir na oportunidade extraordinaria de recuperación e para alumnos repetidores serán análogos ós expresados anteriormente.
Tempo de estudo e traballo persoal- Lectura e preparación de temas: 54 h
- Preparación de prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 45 h
- Realización de actividades propostas: 15 h
- Preparación de probas de avaliación: 30 h
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario de la materia.
- Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización na clase.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.