Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071324 - Pragas e Enfermidades Forestais (Planificación e Xestión Forestal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Produción Vexetal
  • Áreas: Produción Vexetal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOMBARDERO DIAZ, MARIA JOSEFA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Recoñecer os tipos de danos ocasionados por insectos e os síntomas máis comúns de danos por patóxenos ou axentes abióticos no medio forestal.
    Recoñecer e identificar os axentes máis comúns causantes destes danos.
    Coñecer as técnicas e estratexias básicas para a súa prevención.
    Coñecer os medios dos que se dispón para combatelos, se fose necesario, e cómo e cándo empregalos.


    Contidos
    Contidos teóricos:

    PRINCIPIOS BÁSICOS DE ENTOMOLOXÍA E PATOLOXÍA FORESTAL. Introdución ao estudo de pragas e enfermidades forestais. Concepto de praga, enfermidade e equilibrio biolóxico. Organismos causantes de danos no medio forestal. Introdución a insectos, fungos, nematodos, virus, bacterias, fitoplasmas, factores abióticos e outros organismos patóxenos menos representados no medio forestal. Factores que poden condicionar o desenvolvemento de pragas e enfermidades no medio forestal

    II. PREVENCIÓN E CONTROL NO MEDIO FORESTAL. Detección e prevención de pragas e enfermidades forestais. Factores condicionantes. Indicadores físicos e biolóxicos. Elementos de diagnóstico. Control integrado no medio forestal

    III. BIOLOXÍA E DANOS DOS PRINCIPAIS ORGANISMOS PATÓXENOS NO MEDIO FORESTAL. Insectos prexudiciais para as masas forestais. Especies máis comúns dos nosos bosques, bioloxía e control específico. Enfermidades de orixe non infecciosa. Enfermidades orixinadas por fungos. Especies máis comúns, bioloxía e control específico. Enfermidades causadas por nematodos e outros patóxenos. Efecto sobre o arboredo. Especies máis comúns, bioloxía e control. Problemática propia de viveiros forestais e plantacións acabadas de instalar. Técnicas preventivas. Especies prexudiciais máis comúns e o seu control. Estados sanitario dos bosques españois ante a situación cambiante actual.

    Contidos prácticos:
    Práctica de campo. Saída ao campo para observar os principais organismos causantes de danos. Duración 4 horas.
    Clase interactiva 1. Técnicas de seguimento e muestreo de insectos forestais. Elaboración de curvas de voo. Duración: 2 h.
    Clases interactivas 2 e 3. Recoñocemento específico das principais pragas forestais. Duración: 2 h.
    Clase interactiva 4. Recoñocemento específico das principais enfermidades forestais. Duración: 2 h.

    Bibliografía básica e complementaria
    AGRIOS, G. N. 1997. Plant Pathology. Academic Press, San Diego, CA.
    CARRERO, J. M. 1996. Lucha integrada contra las plagas agrícolas y forestales. Mundi-Prensa, Madrid.
    DAJOZ, R. 2001. Entomología Forestal: los insectos y el bosque: papel y diversidad de los insectos en el medio forestal. Editorial Mundi-Prensa. Madrid.
    EDMONDS, R.L., AGEE, J.K. e GARA, R. 2000. Forest Health and Protection. Editorial. McGraw Hill.
    JACTEL, H., LUNG, B., DIEZ, J., FERNANDEZ, M., LOMBARDERO, M.J., DUCROS, J., BRANCO, M., HALDER, I., (Eds.), 2002. Forest pests and diseases. (Acceso electrónico en WWW.IEFC.NET, (Guide phytosanitair, selección de idioma en bandera ). ICP Forest. Forest Condiction of Europe. http://www.icp-forests.org/
    LEY DE SANIDAD VEGETAL. BOE 279 22649 LEY 43/2002.
    MUÑOZ et al. 2003. Sanidad Forestal: guía en imágenes de plagas, enfermedades y otros agentes presentes en los bosques. Mundi Prensa . 575 pp
    PEDIGO, L. P. 1999. Entomology and pest management. Prentice Hall, Upper Saddle River, NJ.
    ROMANYK, N. e CADAHIA, D. (Coor.). 1992. Plagas de insectos en las masas forestales españolas. MAPA, Madrid.
    SPEIGHT, M.R. HUNTER M.D. WATT A.D. 2008. Ecology of Insects. Concepts and applications. Wiley-Blackwell.628 pp
    SOCIEDAD ESPAÑOLA DE FITOPATOLOGÍA. 1996. Patología Vegetal. Tomos I y II. Phytoma-España.
    TAINTER, F. H. e BAKER, F. A. 1996. Principles of forest pathology. John Wiley & Sons, New York.
    WAINHOUSE, D. 2004. Ecological methods in forest pest management. Oxford University Press.

    http://www.medioruralemar.xunta.es/es/areas/agricultura/sanidad_vegetal/registro_fitosanitarios/
    http://www.magrama.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/default.aspx



    Competencias
    Ao longo do curso, preténdese favorecer a capacidade de observación e interpretación dos fenómenos naturais. A meticulosidade, curiosidade e actitude de busca que van ser de grande importancia á hora de desenvolver a práctica profesional. Preténdese que o alumno sexa capaz de detectar un dano, describir os síntomas e discriminar aqueles elementos que son importantes á hora de realizar un diagnóstico. A detección precoz dun problema sanitario vai permitir previr, ou polo menos amortecer, os seus efectos no monte antes de que alcance niveis epidémicos. Ao final do curso, o alumno debería ser capaz de recoñecer os axentes patóxenos máis comúns dos nosos bosques e recoñecer a natureza patolóxica de novos problemas que se lle presenten. Asemade, debería ser capaz de discriminar aqueles elementos importantes á hora de recoller e preparar material para enviar a un centro de diagnóstico que lle axude á identificación deses novos problemas. Preténdese, ademais, que o alumno considere a sanidade como un elemento máis a ter en conta á hora de levar a cabo prácticas silvícolas. A súa capacidade de interpretación dos fenómenos naturais vaille axudar a tomar decisións de control razoadas e respectuosas co medio ambiente.
    Metodoloxía da ensinanza
    A ensinanza básase en clases expositivas e interactivas. As clases interactivas consisten en prácticas de laboratorio e prácticas de campo.
    As clases expositivas van acompañadas sempre dun rico apoio visual e fotográfico que lle facilite a diagnose e recoñecemento dos problemas sanitarios.
    As clases interactivas son un apoio á clase teórica onde o alumno ten a oportunidade de observar material fresco e de colección afectado polos distintos insectos e patóxenos vistos na clase.
    As prácticas de campo danlle a oportunidade ao alumno de observar os problemas os danos directamente nos ecosistemas forestais e a facer unha análise in situ de que factores propios dese ecosistema ou o seu manexo poden estar facilitando a presenza deses patóxenos. As prácticas de campo compleméntanse ca presentación, por parte do alumno, dunha pequena colección de material afectado que debe identificar adecuadamente, o que lle permitirá aprender a detectar problemas sanitarios por sí mesmo en condicións de campo.
    A materia impartese tamén a traves da USC virtual.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia farase do modo seguinte:
    1. Contidos teóricos (50%). O exame do temario teórico consta de tres partes: un apartado tipo test con 6-12 preguntas que se valora con 3 puntos; catro preguntas curtas (4 puntos) e un caso práctico para desenvolver polo alumno (3 puntos).
    2. Contidos prácticos (20 %). Ao final de cada clase práctica realizarase un exame de coñecementos adquiridos nela, xeralmente consistente na identificación de visu dos axentes patóxenos revisados nesa práctica.
    3. Colección de campo (10 %). Todos os alumnos deberán presentar individualmente unha colección dun mínimo de 10 axentes daniños do medio forestal ou dos seus danos correctamente identificados. En caso de organismos infecciosos recoméndase a presentación de material fotográfico. Toda mostra debe rexistrar a data e lugar de recollida, así como a correcta identificaión do axente dañino e da planta hospedante. A colección avaliarase do seguinte modo: número de insectos presentados –1 punto– (preséntanse os 10 espécimes solicitados, máximo de 2 puntos se presenta máis). 0,4 puntos por cada identificación correcta a nivel de especie (= 4 puntos mínimo). Formularánselles tres preguntas xerais sobre os insectos presentados e o hospedeiro onde os recolleu a 1 punto/pregunta (= 3 puntos). Realizarase, por parte da profesora, unha valoración da colección en canto á variedade, interese, traballo e presentación que se valorará con 1 punto. A nota da coleccion representa un máximo de 1 punto da nota final.
    4. Participación en clase (20%). Asistencia a clase e participación nas actividades propostas.
    durante o curso
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Considérase que unha dedicación de 1,5 horas de estudo por cada hora teórica é suficiente para adquirir os coñecementos propostos. Este tempo inclúe, ademais, de modo global, a consulta de bibliografía e a dedicación do alumno a recoller, identificar e organizar a súa colección de campo
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia á clase é básica dado que se vai facer moito fincapé na diagnose sobre o material fotográfico. O alumno debe completar esa información contrastando coa bibliografía e directamente no campo ao realizar a súa colección. Recoméndase acudir a titorías cando se lle presenten dúbidas específicas tanto cos contidos das materias como na identificación da súa colección.