G4071325 - Selvicultura (Planificación e Xestión Forestal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEnúnciase como obxectivo xeral da materia de Silvicultura o conseguir que o alumno, ao remate dos seus estudos, sexa capaz de propor unha xestión adecuada de bosques despois de describir, analizar e interpretar a realidade.
O bo manexo dos montes pódese considerar como unha das actividades máis ligadas ao uso do monte e que o enxeñeiro técnico forestal debe levar a cabo, baseándose nun profundo coñecemento do medio, das técnicas para empregar e do impacto que as súas accións exerzan tanto sobre a produtividade e rendibilidade da propia explotación como sobre o medio, de tal modo que o monte poida cumprir as funcións económica, ecolóxica e social que lle son asignadas.
A Silvicultura e unha disciplina científico-técnica que engloba outras disciplinas básicas e cuxos coñecementos se utilizan como medio para unha xestión máis adecuada do monte.
Dentro do termo máis adecuado, englóbanse toda unha serie de prácticas que han ser desenvolvidas non só de forma eficiente e eficaz senón, ademais, no momento adecuado, co fin de alcanzar os obxectivos produtivos, ecolóxicos e sociais propostos polos países membros da Unión Europea.
No caso da Silvicultura, a sociedade demandará que os profesionais relacionados coas titulacións de Montes e Forestais posúan habilidades, destreza e coñecementos suficientes para manexar de forma sostible o monte.
Na súa estruturación traducíronse os criterios que se resumen en:
subordinación á finalidade profesionalizadora
insistencia no desenvolvemento de técnicas e nos contidos conceptuais
recoñecemento da silvicultura como específica das titulacións forestais
fidelidade ao principio construtivista de lograr unha aprendizaxe significativa e estruturada
ContidosCada tema intentouse adaptar a unha ou dúas sesións de clase teórica, pero non sempre foi posible ese axuste. Os temas que gardan relación agrupáronse en bloques temáticos.
Programa teórico (18 horas)
1. INTRODUCIÓN Á SILVICULTURA
2. PRINCIPIOS ECOLÓXICOS BÁSICOS EN SILVICULTURA
3. CARACTERES CULTURAIS DAS ESPECIES
4. PORTE E ENRAIZAMENTO
5. CRECEMENTO E LONXEVIDADE
6. MODOS DE REPRODUCIÓN. REXENERACIÓN
7. CLASIFICACIÓNS DAS MASAS SILVÍCOLAS
8. CORTA A FEITO
9. RAREO SUCESIVO UNIFORME
10. CORTAS SEMICONTINUAS
11. CORTAS POR ENTRESACA
12. MONTE BAIXO
13. MONTE MEDIO
14. TRATAMENTOS TRANSITORIOS
15. TRATAMENTOS DERIVADOS
16. COIDADOS CULTURAIS: DO SOLO E DO VO: LIMPEZAS E CLAREOS
17. COIDADOS CULTURAIS: PODAS
18. COIDADOS CULTURAIS: CLARAS
Programa práctico (10 horas)
Os alumnos realizarán dúas visitas técnicas a explotacións forestais co obxeto de realizar in situ marcado de árbores para a realización de claras. Visitarase tamén unha explotación forestal na que se esté a realizar unha corta a feito
Seminarios (10 horas)
Desenvolveranse en clases de informática mediante a implementación de modelos teóricos (2 horas) e os alumnos realizarán un traballo a partires de bibliografía que se pode atopar en bases de datos da USC. Nos seminarios procederase a explicar o método de búsqueda nestas bases de datos así como a elección de temas (3 horas), o control do desenvolvemento dos mesmos (2 horas) e resolución de dúbidas. Nas horas restantes farase a avaliación das mesmas.
Bibliografía básica e complementariaSilvicultura
Alvarez, P., Barrio, M., Díaz, R., Higueras, J., Riesco, G., Rigueiro, A., Rodríguez, A., Rodríguez, R., Villarino, J.J., 2000. Manual de Selvicultura de frondosas caducifolias. Proyecto Columella. Universidad de Santiago de Compostela. Lugo.
Berrocal, M., Gallardo, J.F., Cardeñoso, J.M., Barreno, E., 1998. El castaño. Mundi Prensa.
Dans, F., Fernández, F., Romero, A., Castro, A., Molina, F., Rojo, A., Sánchez, R., 1999. Manual de selvicultura del pino radiata en Galicia. Proyecto Columella.
Estrategia Forestal Española. MAPA. Madrid.
González-Río, F., Castellanos, A., Fernández, O., Astorga, R., Gómez, C., 1997. Manual de selvicultura del eucalipto. Proxecto Columella. Lugo.
Gutierrez, J.M., 1998. Comercialización de los productos de las claras. Jornadas sobre cortas de mejora de las masas española: Selvicultura, Aprovechamientos y Comercialización de los productos:221-238.
Louro, V. y Cabrita, P., 1989. Pseudotsuga. Contribuçao o conhecemento da súa cultura em Portugal. Estudos e informaçao. nº 298. Direçao Geral das Florestas.
Madrigal., A., 1991. Selvicultura de hayedos. Actas del congreso internacional del haya, 1:33-60.
Meson, M., Montoya, M., 1993. Selvicultura mediterránea. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
Montero de Burgos, J.L., 1990. El eucalipto en España. ICONA, serie técnica
Montoya, J.M. 1990. El pino piñonero. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
Rodríguez, R., Alvarez, J., Cela, M., Mansilla, P., Vega, P., González, M., Ruiz, P., Vega, G., 1997. Manual de selvicultura del pino pinaster. Proxecto Columella. Escuela Politécnica Superior de Lugo.
Toval-Hernández, G. 1985. Frondosas del Norte de España. Publicaciones del Centro Forestal de Lourizán. Pontevedra.
Toval-Hernández, G., 1992. Selvicultura del eucalipto en España. En “Selvicultura intensiva”. Servicio de publicaciones de la EUITIF. Madrid.
Vega, G., Rodríguez, R., Arenas, S., García, S., Mansilla, P., Vega, P., Ruiz, A., 1998. Manual de selvicultura del pino de Oregón. Proxecto Columella. Escola Politécnica Superior. Lugo.
Villarino, X.X., 1984. Especies forestais autóctonas:Betula celtiberica Rothm et vasc. Cuadernos da área de ciencias agrarias, 5:143-161.
Competencias1.- Ser capaces de rexenerar e perpetuar masas baseándose na autoecoloxía das especies.
2.- Ser capaces de realizar os tratamentos culturais e silvícolas adecuados, de maneira que se reduzan os riscos de incendios, aumente a produtividade e a calidade da madeira segundo os casos. Dentro deste apartado, a sociedade demandará profesionais que determinen, en cada caso e momento, o tipo de desbroza que se debe aplicar, o tipo de poda, regulación da densidade arbórea, fertilización de solos...
3.- Ser capaces de regular a composición específica dun rodal, a través do enriquecemento con outras especies de interese económico e ecolóxico, por exemplo.
4.- Ser capaces de levar a cabo accións de mellora da calidade de estación.
5.- Ser capaces de analizar e comprender os efectos de actuacións antrópicas na dinámica das masas forestales
6.- Ser capaces de realizar accións que leven consigo unha protección e prevención contra danos (incendios, abusos humanos, pragas).
7.- Ser capaces de recuperar áreas degradadas.
8.- Ser capaces de realizar un control da representación das clases de idade e de obtención do máximo rendemento.
9.- Ser capaces de realizar accións especiais co fin de obter determinados beneficios.
Metodoloxía da ensinanza O número total de horas de traballo do alumnado será a correspondente aos créditos da materia. As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral, desenvolveranse na aula por parte do profesorado, axudado dos medios materiais que considere oportunos, integrando os audiovisuais.
As prácticas de laboratorio, realizadas en grupos reducidos de 20 alumnos son de carácter interactivo, serán actividades complementarias impartidas polo profesorado. Estas actividades permitirán ao alumnado a adquisición de habilidades e a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría. Os estudantes tamén realizarán un traballo titorado e dúas viaxes de prácticas de campo. Nas titorías en grupo, con non máis de 5 alumnos/as, e nas individuais se atenderá ao alumnado para discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recopilación de información, preparación de probas de avaliación, realización de traballos...).
En calquer caso, todas as tarefas desenvolvidas persoalmente polo alumnado, dentro da súa aprendizaxe autónoma, serán orientadas e supervisadas polo profesorado.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos coñecementos farase de forma continuada e realizarase a traveso de exames escritos sobre os contidos teóricos (3 exames), da asistencia e aproveitamento das clases teóricas, prácticas, seminarios, e dos traballos realizados polos estudantes.
A cualificación obtida nos exames representará un 60% do valor total na evaluación. A participación en clase terá un valor dun 10% e o 30% corresponderá ao traballo desenvolvido.
Tempo de estudo e traballo persoalAs asignadas polo que corresponden aos créditos da materia.
Recomendacións para o estudo da materiaManexo adecuado das TIC e de diferentes tipos de software (excel, word, power point...). Coñecemento en inglés e sobre todo que posúan un gran interese e vontade para desenvolver axeitadamente os contidos da materia. E moi recomendable que o alumnado faga preguntas e que tente resolver as cuestións que se lles plantexen de forma autónoma inicialmente, pasándose a discutir en clase co profesor .