Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041324 - Tecnoloxía de Estruturas (Enxeñaría da Construción) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría da Construción
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA GARRIDO, GABRIEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecemento dos mecanismos resistentes que fan posible o funcionamento das estruturas de formigón armado ou de aceiro estrutural, fronte a distintas solicitacións, así coma a teoría da seguridade e da filosofía e comprobacións que se contemplan nas normativas actuais (EHE, CTE) dos diferentes estados límites.
    Contidos
    A) INTRODUCIÓN.

    Evolución da tecnoloxía na construción. O conglomerante como precursor do formigón. O nacemento do formigón. O aceiro. O formigón armado. O formigón pretensado. A construción mixta. A madeira. Formigóns especias (de alta resistencias, árido lixeiro, formigón proxectado, formigón con fibras, formigón de árido reciclado). Resinas especiais. Fibras sintéticas de altas resistencias.

    B) FORMIGÓN ARMADO E PRETENSADO

    I. INTRODUCIÓN Ó FORMIGÓN ARMADO E Ó FORMIGÓN PRETENSADO

    TEMA 1. Introdución ó formigón armado. Orixes e emprego. Introdución ó formigón pretensado. Orixes e emprego.

    II.- PROXECTO DE ESTRUTURAS DE FORMIGÓN ARMADO

    II.A.- Bases de cálculo

    TEMA 2. Estados límite. Definición e clasificación. Seguridade. Causas da inseguridade. Probabilidade de colapso. Accións. Clasificación. Combinacións de accións.
    TEMA 3. Formigón: Propiedades mecánicas. Diagrama tensión-deformación. Retracción e Fluencia.

    II.B.- Estados límites

    TEMA 4. Estado límite último de esgotamento por solicitación normais. Bases de cálculo. Cálculo de seccións. Método parábola - rectángulo. Diagrama rectangular. Diagrama de interacción. Disposición de armaduras en elementos a flexión e compresión
    TEMA 5. Estado límite último de esgotamento por solicitacións tanxenciais. Esforzo cortante. Introdución. Teoría da celosía Ritter-Mörch. Interacción de cortante-flexión. Aplicación da normativa
    TEMA 6. Torsión. Introdución. Celosía tridimensional. Dimensionamiento e verificación.
    TEMA 7. Estado límite último de ancoraxe. Estado límite último de adherencia. Empalmes de armaduras.
    TEMA 8. Estado límite de servizo: fisuración.

    III.- PROXECTO DE ESTRUTURAS DE FORMIGÓN PRETENSADO

    TEMA 9. Aceiro activo. Tipos de aceiro. Propiedades
    TEMA 10. Tipos de pretensado. Pretensados de armadura pretesa e postesa. Pretensado recto ou parabólico. Proceso construtivo e fases.
    TEMA 11. Perdas do pretensado. Natureza das pérdidas e orixe. Cálculo das perdas. Importancia de las perdas do pretensado no cálculo
    TEMA 12. Dimensionamiento de pretensado recto. Cálculo da excentricidade. Tensión dos cables. Momento de transferencia

    IV.- CONTROL DE CALIDADE EN CONSTRUCIÓNS DE ESTRUTURAS DE FORMIGÓN

    TEMA 13. Materias constituíntes. Auga, áridos, cementos e armaduras. Formigón e propiedades.
    TEMA 14. Execución. Etapas. Colocación de armaduras. Formigóns. Fabricación e posta en obra. Curado. Descimbrado. Mantemento e conservación.
    TEMA 15. Tecnoloxía do pretensado. Sistemas de pretensado, enfilado, tesado e inxección de vainas.
    TEMA 16. Control de calidade. Ensaios. Probas de carga.

    Bibliografía básica e complementaria
    "EHE 2007, Documento 0 para la revisión de la Instrucción de Hormigón Estructural (EHE)”; Comisión Permanente de Hormigón, Marzo de 2007
    "EHE Instrucción de Hormigón Estructural”, Ministerio de Fomento, Madrid, 1999.
    “Hormigón Armado y Pretensado I”, Murcia, J., Aguado, A. y Marí, A.R., Edicions UPC, Barcelona,1993.
    “Hormigón armado”. 2 Tomos. Jimenez Montoya, P. Meseguer, A.G. Y Moran., F. (1991). Ed. Gustavo Gilí. Barcelona. 13ª edición.
    “Hormigón Armado”. 14ª Edición basada en la EHE, ajustada al Código Modelo y al Eurocódigo. Jiménez, P., García, A. y Morán, F., Gustavo Gili, Barcelona, 2000.
    “Hormigón armado y pretensado. Ejercicios”, Marí, A.R., Aguado, A., Agulló, L., Martínez, F., Cobo, D., Edicions UPC, Colección Politext, Barcelona, 1999.
    "Problemas de Hormigón Armado y Pretensado'', Aguado, A., Mirambell, E., Murcia, J. y Marí, A.R., Servicio de Publicaciones de la E.T.S.I.C.C.P, Barcelona, 1988.
    “Proyecto y cálculo de estructuras de hormigón”, Tomos I y II, Calavera,J., Intemac, 1999.
    “La EHE explicada por sus autores”. Coordinador de la obra: Garrido, A., Leynfor, Madrid, 1999.
    “Manual de Aplicación de la EHE. Materiales – ejecución - control (Comentado)”, Garrido, A., Leynfor, Madrid, 1999.

    Competencias
    Integrar nunha soa unidade as ideas de materiais (formigón e do aceiro), e as ideas das estruturas en xeral, nunha soa unidade, a da estrutura real feita de formigón armado ou pretensado. Desta forma as estruturas deixan de ser liñas para converterse en seccións tipo cun ancho, canto e armado determinados que resiste tódolos esforzos que previamente se calcularon.