Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041325 - Obras Hidráulicas (Enxeñaría Hidráulica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Hidráulica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ OTERO, MARIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta materia é dotar ao alumno da capacidade para concibir, estudar a viabilidade de sistemas hidráulicos, redactar o proxecto de construción de obras hidráulicas, dirixir a construción destas obras, xestionar, conservar, explotar e reparar sistemas hidráulicos.
    Contidos
    materia se divide en catro unidades didácticas: Recursos Hidráulicos, Conducións, Hidráulica Fluvial e de Restauración de Ríos e Introdución ao estudo de Presas.

    UNIDAD DIDÁCTICA A: RECURSOS HIDRÁULICOS
    TEMA 1.- Introdución á xestión hidráulica.
    TEMA 2.- Usos da auga.
    TEMA 3.- Estudo de recursos superficiais. Avaliación.
    TEMA 4.- Regulación.

    UNIDAD DIDÁCTICA B: CONDUCCIONES.
    TEMA 5.- Conducións en lámina libre y en carga.
    TEMA 6.- Fenómenos transitorios.

    UNIDAD DIDÁCTICA C: HIDRÁULICA FLUVIAL Y RESTAURACIÓN DE RÍOS.
    TEMA 7.- Comportamento hidráulico de leitos.
    TEMA 8.- Interacción do leito coas infraestruturas.
    TEMA 9.- Obras fluviais.

    UNIDAD DIDÁCTICA D: INTRODUCCIÓN AL ESTUDIO DE LAS PRESAS.
    TEMA 10. Presas: cuestións xerais.
    TEMA 11. Estabilidade de presas de gravidade.
    TEMA 12. Sistema hidráulico de presas.
    TEMA 13. Aproveitamentos hidroeléctricos

    Bibliografía básica e complementaria
    Agudo González, J (2008): "Ejecución y gestión de obras hidráulicas". Ed, Comares. Granada.
    Custodio, E., Llamas, M.R., Directores de edición (1976): “Hidrología Subterránea”. Eds. Omega- Barna.
    Chow, Ven Te (1994): "Hidráulica de canales abiertos". Santafé de Bogotá [etc.]: McGraw-Hill, cop.
    Heras, R., (2001) “Recursos hidráulicos. Planificación y medio ambiente. Modelos metodológicos y normas”. Ed. CICCP,
    Martín Carrasco, F.J. (2001): "Dimensionamiento y optimización de Obras Hidráulicas". Ed. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos.
    Martín Vide, "Hidráulica fluvial". Ed. UPC
    Martínez Marín, E. (2005): “Hidrología práctica”. Colegio de ICCP. 2ª edición
    Vallarino Cánovas del Castillo, E. (2006): “Tratado básico de presas”, Tomos I y II. Colección Senior No. 11, 6ta. Edición, Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Madrid
    Warner, J.C., Brunner, G.W., Wolfe, B.C., Piper, S.S. (2010): “HEC-RAS River Analysis System Applications Guide”, USACE-HEC.

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS
    Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    Capacidade de análise e síntese.
    Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
    Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
    Utilización da información bibliográfica e de internet.
    Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
    Coñecemento e capacidade para proxectar e dimensionar obras e instalacións hidráulicas, sistemas enerxéticos, aproveitamentos hidroeléctricos e planificación e xestión de recursos hidráulicos superficiais e subterráneos.

    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES EXPOSITIVAS (24 horas)
    Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos. Durante as sesións animarase o alumno a participar activamente nestas, formulando dúbidas ou a necesidade de afondar en determinadas cuestións.
    CLASES INTERACTIVAS EN GRUPO REDUCIDO (12 horas)
    Resolución de exercicios e problemas breves relacionados co temario práctico da materia, co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas. Os alumnos traballarán en grupos reducidos, baixo a supervisión do profesor, sendo fundamental unha participación activa por parte de todos os membros do grupo.
    Estas clases incluirán actividades que impliquen a participación directa do estudante (saídas ao encerado, etc.), e entregas de traballos realizados na propia clase encargados polo profesor, baixo a supervisión deste, ou propostos en boletíns de problemas que o profesor entregará aos alumnos cona suficiente antelación, que contribuirán á avaliación continua do estudante.
    CLASES PRÁCTICAS EN GRUPO REDUCIDO (12 horas)
    Os alumnos deberán realizar un traballo consistente na resolución dun suposto práctico formulado polo profesor. Para elo, se realizarán unha serie de prácticas de ordenador nas que aprenderán a manexar un programa comercial de modelización do comportamento hidráulico dun leito de uso estendido a nivel profesional (HEC-RAS).
    TITORÍAS EN GRUPO
    As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para resolver dúbidas relacionadas coas tarefas propostas noutras actividades da materia (seminarios interactivos, prácticas de laboratorio, etc.).
    PRÁCTICAS DE CAMPO
    Poderá realizarse algunha visita a obra durante o curso académico relacionada coas obras hidráulicas. Antes de cada visita, o profesor presentará a obra en cuestión en clase co dobre fin de espertar o interese dos alumnos e comunicar as cuestións prácticas de organización do traslado.

    Como apoio á materia proporcionarase ao alumnado material docente axeitado a través do Campus Virtual.

    Sistema de evaluación
    Nesta materia emprégase a un sistema de avaliación continua no que se premia a regularidade no traballo, e se avalían diferentes aspectos relacionados co proceso de aprendizaxe e os coñecementos adquiridos polo alumno.

    A avaliación baséase nos seguintes apartados:
    1) Asistencia.
    2) Probas escritas.
    3) Entrega dos boletíns de exercicios e das prácticas resoltas.
    4) Aproveitamento das prácticas de laboratorio e entrega do informe.
    5) Participación do alumnado nas actividades da aula.

    Indicacións sobre a avaliación:
    - Se considera necesaria a asistencia e participación nas clases, nas que se fará un seguimento personalizado do alumnado. O alumno non será avaliable se non asiste polo menos ao 75 % do conxunto das clases presenciais (expositivas, interactivas e prácticas). Se realizarán controis de asistencia a esas clases.
    - É necesaria a realización dos traballos de curso que se propoñan, a entrega dos exercicios que se propoñan nas clases e a realización de posibles controis breves que se formulen nas mesmas.
    o A avaliación se comporá de varias partes.
    1. Entrega dos exercicios ou controis que se propoñan nas clases, e participación activa nas mesmas: 15 % da cualificación final.
    2. Traballo de curso: 15 % da cualificación final.
    3. Exame final: 70 % da cualificación final
    Estes porcentaxes poderán axustarse lixeiramente en función da evolución das clases. Os alumnos serán informados desta posible modificación coa debida antelación.
    - A obtención dunha cualificación de non apto nalgunha delas implica la imposibilidade de aprobar a materia nesa convocatoria. Ao largo do curso académico se conservará a cualificación en cada parte aprobada.

    No caso de que un alumno non supere a materia na primeira matrícula, estará eximido da obriga de asistencia e participación nas clases na porcentaxe anteriormente indicada, sempre e cando na primeira matrícula si cumprise o requisito indicado. Asemade, estaré eximido da entrega das prácticas e traballos que se propoñan no caso de que na primeira matrícula obtivera a convocatoria de apto nos mesmos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS:

    Traballo presencial na aula:
    - Clases teóricas: 24 horas
    - Prácticas: 24 horas
    - Titoría en grupos e individuais: 4 horas
    - Visitas a obra: 4 horas
    - Actividades de avaliación: 4 horas
    - Total: 60 horas

    Tempo estimado de traballo persoal do alumno:
    - Lectura e preparación de temas: 36 horas
    - Realización de exercicios: 18 horas
    - Preparación das prácticas e elaboración de traballos de curso: 21 horas
    - Preparación de probas de avaliación: 15 horas
    - Total: 90 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter cursado Hidráulica I e Hidráulica II.