G4071327 - Industrias de Primeira Transformación da Madeira (Industrias Forestais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Identificar os procesos da industria de primeira e segunda transformación da madeira
- Coñecer a produción madeireira no mundo e en España
- Coñecer o sector do serrado e as súas diferentes tipoloxías
- Coñecer os procesos de produción de taboleiro a partir da madeira
Contidos1. A PRODUCCIÓN MADEIREIRA NO MUNDO E EN ESPAÑA
- A produción de madeira no mundo
- O comercio internacional da madeira
- A industria de primeira transformación no mundo
- A industria de primeira transformación en España
2. PARQUES DE MADEIRA
- Tipos de parques de madeira e as súas características
- As operacións do parque: recepción, descarga, apilado, tronzado, descortizado e clasificación
- Equipos de movemento de madeira
3. AS INDUSTRIAS DE PRIMEIRA TRANSFORMACIÓN: SERRADO
- Descrición da maquinaria: Máquina descortizadora, Serra principal de carro, Desdobladora, Canteadora, Retestadora, Serras múltiples, Tratamento contra o azulado, Liñas de fabricación
- Produtos do serrado e Rendementos
- Calidade da materia prima: Calidade da madeira en rolo para a industria de serrado e influenza no rendemento e na calidade dos produtos elaborados
- Despeces
- Normas de clasificación da madeira elaborada
- Estudio económico: Produtividade, Vendas, Custes, Inventario de existencias, Conta de explotación
- Afiado: Útiles de corte, Tipos de dentes, Triscado e recalcado, Afiado, Estelitado y videa
- La industria de serrado no mundo, en España e en Galicia
4. AS INDUSTRIAS DE PRIMEIRA TRANSFORMACIÓN: INDUSTRIA DE TABOLEIROS
- Clasificación dos taboleiros
- Datos de fabricación de taboleiros
- Proceso de produción de Taboleiros de partículas: Descortizado, Fabricación de partículas, Almacenamento e dimensionado das partículas (silos e muíños), Secado e clasificación de partículas, Encolado e encoladoras, Fabricación do taboleiro e Acabado
- Proceso de produción de Taboleiros de fibras: Descortizado, Preparación da madeira para o desfibrado, Técnicas de desfibrado, Preparación da suspensión de fibras: aditivos ou cargas, Técnicas de afieltrado en húmido, Técnicas de afieltrado en seco e semiseco, Tratamentos de taboleiros, Canteado e acabado do taboleiro
- Taboleiros de chapa e outros: Liñas de fluxo, Preparación da madeira en rolo, Cocido e vaporizado, Cilindrado dos troncos, Técnicas de obtención de chapa
Bibliografía básica e complementaria1. TECNOLOGÍA DE LA MADERA. Santiago Vignote. MAPA
2. LA MADERA Y SU TECNOLOGÍA. Luis García Esteban. AITIM
3. LA MADERA EN LA CONSTRUCCIÓN. AITIM
4. MANUAL DE SECADO DE MADERAS. J. I. Fernández- Golfín. CIFOR –INIA
5. MANUAL PARA EL AFILADO Y CONSERVACIÓN DE SIERRAS DE CINTA Y CIRCULARES. M. A. González Álvarez. AITIM
6. ACABADOS DE LA MADERA. S. W. Gibbía. CEAC.
7. TECNOLOGÍA DE TABLEROS DE PARTÍCULAS. W. Ginzel. MAPA.
8. APUNTES DE INDUSTRIAS DE TABLEROS. A. Babío
9. PRÁCTICAS DEL CHAPEADO DE LA MADERA. Charles H. Hayward. CEAC.
Competencias- Coñecemento dos principios básicos dos procesos de primeira e segunda transformación da madeira
- Coñecer os procesos e as instalacións necesarias para o serrado da madeira
- Comprender a importancia da calidade da materia prima no produto final
- Capacidade para o cálculo e deseño de instalacións de carpintaría, secado, descortizado e trituración da madeira
- Entender a importancia do estudo económico dun serradoiro
- Identificar as distintas fases do fluxo de fabricación de Taboleiros de Partículas, Fibras e Chapa
- Recoñecer os distintos tipos de taboleiros e as súas utilidades
Metodoloxía da ensinanza É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na asignatura, así como a amplitude e diversidade de obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.
Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.
Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia débese por a disposición do alumno toda a información necesaria, auxiliándose nunha serie de técnicas que lle axuden a desempeñar con eficacia as súas funcións docentes, como: as clases teóricas (maxistrais e seminarios), as clases prácticas, as titorías (en grupos e persoais), as viaxes de prácticas e os traballos individuais.
Ademais, a asignatura integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Grado.
Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse unha serie de recursos ou medios didácticos que serven para estimular a atención do alumno e facilitarlle a comprensión, asimilación e aplicación dos coñecementos. Dentro destes medios pódense citar os seguintes: bibliografía, apuntes manuscritos, encerado, medios audiovisuais, visitas a instalacións de produción e visita de persoal profesional alleo á universidade.
Sistema de evaluación- Méritos básicos non imputables na avaliación numérica
Asistencia a lo menos, ó 80% das clases presenciais (teóricas, titorías e visitas guiadas)
- Méritos imputables na avaliación numérica
Preguntas breves 40 % da nota final
Preguntas tema 40 % da nota final
Traballo de documentación 20 % da nota final
Tempo de estudo e traballo persoalEstímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 4 horas de dedicación á asignatura, o cal supón un total de, aproximadamente 96 horas. A isto sería necesario engadirlle un complemento de 10 horas para a preparación do traballo de documentación.
É dicir, son necesarias un total de 100/105 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia continuada a clase para tomar nota das explicacións puntuais e aclaracións que o profesor fai sobre la materia
Recoller información para os traballos individuais de forma progresiva, elaborando estes en contacto continuado co profesor, quen ten que actuar de guía para solucionar dúbidas de contido, forma e presentación dos manuscritos
Lectura diaria da materia explicada, para, se ben non lograr a súa total comprensión, si para fixar contidos básicos
Comezar a fase final de estudio da materia con unha antelación suficiente que impida problemas de última hora
Completar as explicacións de clase coa bibliografía recomendada