Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041326 - Abastecemento e Saneamento (Enxeñaría Hidráulica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes, Enxeñaría Hidráulica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ OTERO, MARIA DEL CARMEN.NON
SUAREZ REY, RAFAEL JOAQUIN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Adquirir os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder levar a cabo o deseño, construción e explotación de infraestruturas relacionadas co abastecemento e a distribución da auga.
    - Adquirir os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder levar a cabo o deseño, construción e explotación de infraestruturas relacionadas co saneamento e a rede de sumidoiros.

    Contidos
    Esta materia se divide en dúas unidades didácticas: Abastecemento y Distribución de auga e Saneamento e Alcantarillado

    UNIDAD DIDÁCTICA A: ABASTECIMIENTO E DISTRIBUCIÓN DE AUGA
    TEMA1. Introdución. Partes do abastecemento de auga.
    TEMA 2. Necesidades, recursos e captación.
    TEMA 3. Transporte. Conducións
    TEMA 4. Almacenamento e regulación.
    TEMA 5. Distribución da auga. EPANET

    UNIDADE DIDÁCTICA B: SANEAMENTO Y ALCANTARILLADO
    TEMA 6. Conceptos básicos. Caudais de aportación.
    TEMA 7. Elementos das redes de saneamento..
    TEMA 8. Cálculo de redes de alcantarillado.
    TEMA 9. Xestión de redes de drenaxe urbano.
    TEMA 10. SWMM: Modelo de xestión das augas pluviais.

    Bibliografía básica e complementaria
    Centro de Estudios Hidrográficos del CEDEX. Ministerio de Fomento; “Guía técnica sobre redes de saneamiento y drenaje urbano”; (2007).
    DEGREMONT, G.; (1993); "Manual Técnico del Agua". Degrémont, S.A., Bilbao.
    HERNÁNDEZ MUÑOZ, A.; (2000); “Abastecimiento y distribución del agua”; Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos.
    HERNÁNDEZ MUÑOZ, A.; (2007); “Saneamiento y alcantarillado. Vertidos residuales”; 7ª edición; Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos.
    McGHEE, T.J.; (1999); “Abastecimiento de agua y alcantarillado”; McGraw-Hill.
    METCALF&EDDY; (1998); " Redes de Alcantarillado y bombeo."; McGraw-Hill.

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS
    Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análises, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    Coñecemento e comprensión dos sistemas de abastecemento e saneamento, así coma do seu dimensionamento, construción e conservación.

    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES EXPOSITIVAS
    Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos.
    CLASES INTERACTIVAS E PRÁCTICAS EN GRUPO REDUCIDO
    Resolución de exercicios e problemas breves relacionados co temario práctico da materia, co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas. Os alumnos traballarán en grupos reducidos, baixo a supervisión do profesor, sendo fundamental unha participación activa por parte de todos os membros do grupo.
    Estas clases incluirán actividades que impliquen a participación directa do estudante (saídas ao encerado, etc.), e entregas de traballos realizados na propia clase encargados polo profesor, baixo a supervisión deste, ou propostos en boletíns de problemas que o profesor entregará aos alumnos cona suficiente antelación, que contribuirán á avaliación continua do estudante.
    Os alumnos deberán realizar un traballo consistente na resolución dun suposto práctico formulado polo profesor. Para elo, se realizarán unha serie de prácticas de ordenador nas que aprenderán a manexar programas comercias de modelización do comportamento hidráulico de redes (EPANET e SWMM).
    TITORÍAS
    As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para resolver dúbidas relacionadas coas tarefas propostas noutras actividades da materia (seminarios interactivos, prácticas de laboratorio, etc.).
    PRÁCTICAS DE CAMPO
    Poderá realizarse algunha visita a obra relacionada coas obras hidráulicas. Antes de cada visita, o profesor presentará a obra en cuestión en clase co dobre fin de espertar o interese dos alumnos e comunicar as cuestións prácticas de organización do traslado.

    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua, e incluirá as consideracións seguintes: 1) Asistencia. 2) Proba ou probas, orais e/ou escritas. 3) Aproveitamento das prácticas. 4) Traballos entregados e/ou presentados. 5) Participación do alumnado nas actividades na aula.
    Indicacións sobre a avaliación:
    - Se considera necesaria a asistencia e participación nas clases, nas que se fará un seguimento personalizado do alumnado. O alumno non será avaliable se non asiste polo menos ao 75 % do conxunto das clases presenciais (expositivas, interactivas e prácticas). Se realizarán controis de asistencia a esas clases.
    - É necesaria a realización dos traballos de curso que se propoñan, a entrega dos exercicios que se propoñan nas clases e a realización de posibles controis breves que se formulen nas mesmas.
    - A avaliación se comporá de varias partes.
    1. Entrega dos exercicios o controis que se propoñan nas clases, e participación activa nas mesmas: 15 % da cualificación final.
    2. Traballo de curso: 15 % da cualificación final.
    3. Exame final: 70 % da cualificación final
    Estes porcentaxes poderán axustarse lixeiramente en función da evolución das clases. Os alumnos serán informados desta posible modificación coa debida antelación.
    - A obtención dunha cualificación de non apto nalgunha delas implica la imposibilidade de aprobar a materia nesa convocatoria. Se conservará a cualificación en cada parte aprobada ao largo do curso académico.

    No caso de que un alumno non supere a materia na primeira matrícula, estará eximido da obriga de asistencia e participación nas clases na porcentaxe anteriormente indicada, sempre e cando na primeira matrícula si cumprise o requisito indicado. Asemade, estaré eximido da entrega das prácticas e traballos que se propoñan no caso de que na primeira matrícula obtivera a convocatoria de apto nos mesmos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula:
    o Clases teóricas: 24 horas
    o Prácticas: 24 horas
    o Titoría en grupos e individuais: 4 horas
    o Visitas a obra: 4 horas
    o Actividades de avaliación: 4 horas
    o Total: 60 horas

    Tempo estimado de traballo persoal do alumnado:
    o Lectura e preparación de temas: 36 horas
    o Realización de exercicios: 18 horas
    o Preparación das prácticas e elaboración de traballos de curso: 21 horas
    o Preparación de probas de avaliación: 15 horas
    o Total: 90 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter superado as materias Hidráulica I e Hidráulica II