Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071328 - Avaliación e Corrección de Impacto Ambiental (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Proxectos de Enxeñaría, Ecoloxía
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARRAL VILARIÑO, EMILIO.NON
PALACIOS ESTREMERA, JORGE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Búscase que o alumnado que teña superado a materia teña capacidade para:

    -Entender e detectar a problemática ambiental, os conceptos que lle dan forma e a súa manifestación a escala global, rexional e local
    -Comprender as implicacións da cuestión ambiental no desenvolvemento, nomeadamente no desenvolvemento sustentable e a relación con os criterios para acadar dita sustentabilidade.
    -Aprehender a idea da xestión ambiental e coñecer os seus instrumentos básicos operacionais.
    -Capacidade para colaborar na aplicación das avaliacións de impacto ambiental en calquera estamento nos que sexa necesario:Promotor, Administración, Público afectado e Sociedade en xeral.
    - Planificar a implantación dun Sistema de Xestión Ambiental e realizar as auditorías correspondentes.
    -Planificar o tratamento correspondente en espazos degradados.
    -Traballo en equipa

    Contidos
    A materia organizase en tres módulos:

    MODULO I. Introdución. Integración Ambiental
    MODULO II. Procedemento e metodoloxía da Avaliación e Correción do Impacto Ambiental.
    MODULO III. Instrumentos de Xestión Ambiental Asociados

    A materia estruturase en 22 temas, con tempo lectivo variable para cada tema, axustándose perante o discorrer do curso.

    MODULO I. Integración Ambiental

    1. Medioambente e conceptos asociados. Ecosistemas: sinerxía, homeostasia, resiliencia, control, diversidade, fluxos, sucesión, outros. Os factores ambientais. O territorio. A ecoloxía da paisaxe
    2. A “Cuestión” ambiental. O espertar da conciencia ambiental. Fitos máis significativos: desde o Informe do Club de Roma á Río’92+10. Os problemas globais, rexionais e locais. O delito ecolóxico.
    3. Desenvolvemento sustentábel. Desenvolvemento e calidade de vida. As actividades do desenvolvemento. Xestión ambiental do desenvolvemento.A ordenación do territorio como enfoque e metodoloxía para a planificación do desenvolvemento.. O medioambente como motor de desenvolvemento.
    4. Integración ambiental. Concepto e significado. Conceptos operacionais. Requisitos e niveis para a integración: política, plano, programa proxecto. Integración sectorial e territorial.
    5. Xestión ambiental. Concepto e significado. O impacto ambiental como concepto central. Principios e instrumentos de xestión ambiental. A planificación.
    6. Impacto Ambiental e xestión ambiental. Concepto, causas e clases de impacto. Natureza e atributos. Indicadores de impacto. Diagnóstico do impacto. Sinerxías entre impactos.

    MODULO II. Procedemento e metodoloxía da Avaliación do Impacto Ambiental

    7. AIA: Marco conceptual, momento no cal opera. Contido alcance e programa O “Scoping”. A participación pública. Tipos de EIA. Aceptabilidade do impacto ambiental. Avaliación Ambiental Estratéxica.
    8. Marco legal e institucional da EIA. Lexislación específica: nivel UE, estatal e autonómico. Lexislación sectorial. Marco institucional da AIA.
    9. Metodoloxía xeral para a realización dun Estudio de Impacto Ambiental. Antecedentes históricos. Estrutura, contido e alcance. Diagrama de fluxos. Identificación, valoración e prevención de impactos. Programa de vixilancia ambiental. Comunicación dos impactos: documento de sínteses final.
    10. Metodoloxía para a avaliación ambiental estratéxica. Supostos de partida. Diferenzas co a AIA de proxectos. Antecedentes e experiencias. Criterios cos que opera. Diagrama de fluxos xeral.
    11. Formación de equipas para a realización dun estudo de impacto ambiental. Perfil. Estrutura. Organización. Funcionamento. Equipa vs panel.
    12. Inventario Ambiental. Requerementos legais do inventario. Ámbito de referencia. Factores ambientais relevantes. Realización do inventario. Bases de dados. Ferramentas informáticas.
    13. Indicadores do Impacto Ambiental. Concepto, tipoloxía e identificación de indicadores. Relación de indicadores.
    14. Modelos xerais para a integración ambiental dos proxectos: avaliación de alternativas. Estrutura dunha matriz de dados para a avaliación. Modelos de decisión.
    15. Modelos históricos específicos sobre AIA. Os modelos baseados nas matrices de relación causa – efecto. Modelos baseados en redes. Modelos baseados en cartografía e superposición. Outros modelos. Valoración económica do impacto ambiental.
    16. Panorama sintético sobre impactos nos factores ambientais máis significativos: Impacto ambiental sobre o clima. Impacto ambiental sobre o aire: contaminación atmosférica. Impacto ambiental sobre o solos. Impacto ambiental sobre augas e ecosistemas acuáticos. Impactos sobre vexetación e fauna. Impactos sobre a paisaxe. Impacto ambiental do ruído: confort sonoro.
    17. Impacto das actividades agrarias en xeral. Impacto ambiental das obras hidráulicas e rega. Impacto ambiental das repoboacións forestais. Impacto ambiental das infraestruturas lineais: autoestradas, estradas, camiños de ferro. Impacto ambiental das actividades industriais. Impacto ambiental da concentración parcelaria. Impacto ambiental da minería a ceo aberto. Impacto ambiental de proxectos de infraestruturas de saneamento e depuración de augas. Impacto ambiental de actuaciones urbanísticas. Impacto ambiental de minicentrais eléctricas.
    18. Introdución á corrección de impactos no medio natural:a restauración ecolóxica e rehabilitación. Definición de conceptos básicos. Ámbitos dos proxectos de corrección de impactos (Caracterización e descrición xeral dos impactos e mediadas derivadas de correción). Ripisilvas- Zonas Palustres- Paisaxe agroforestal : a fragmentación espacial e incendios.
    19. O elemento vexetal na correción de impactos: Condicionantes ecolóxicos na seleción de especies: ectomicorrización, variabilidade xenética, dispersión de sementes. Variedades comerciais.
    20. Correción de impactos no territorio. Solucións da ecoloxía da paisaxe. Modelos preventivos e de corrección. Os modelos Greenlinks e Solución espacial .

    MODULO III. Instrumentos de Xestión Ambiental Asociados

    21. Avaliación Ambiental Estratéxica. A avaliación de Políticas, Planos e Programas. Enfoques da AAE. Diferenzas con a AIA de proxectos. Aspectos administrativos e políticos. Identificación de Impactos e manexo da incertidume. Avaliación de impactos estratéxicos. Consideración de impactos acumulativos. Medidas correctoras. Emisión de directrices.
    22. Xestión Ambiental na Empresa. Normas ISO 14000.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica
    - Gómez Orea, D 2008 "Evaluación de Impacto Ambiental" - Ed. Mundi - Prensa.
    - Gómez Orea, D 2007 "Evaluación Ambiental Estratégica" - Domingo Gómez Orea - Ed. Mundi - Prensa.
    - Garmendia, A. Salvador, A. Crespo C. Garmendia L. 2005. Evaluación de impacto ambiental.. Pearson-Prentice Hall.
    - Larry W. Canter "Manual de Estudios de Impacto Ambiental" - - Ed. Mc Graw Hill

    Complementaria
    - Gómez Orea, D 2004 "Recuperación de Espacios degradados" - Ed. Mundi - Prensa.
    - Gómez Orea, D 2003"Consultoría e Ingeniería Ambiental" - Ed. Mundi - Prensa.
    - Canter , L.W. 1997. Manual de evalución de impacto ambiental. Técnica para la elaboración de los estudios de impacto.. McGraw Hill.
    - Andrews, J., Kinsman, D. 1990. Gravel pit restoration for wildlife. RSPB, Londres.
    - Beeby, A. 1993. Applying ecology. Chapman & Hall, Londres.
    Cairns, J. (Ed.) Rehabilitating damaged ecosystems. Vol. I y II. CRC Press, Boca Ratón, Florida.
    - Cooke, G.D., Welch, E.B., peterson, S.A., Newroth, P.R. 1993. Restoration and managament of lakes and reservoirs. CRC Press, N. York.
    - López-Cadenas, F. (Coord.) 1994. Restauración hidrológico forestal de cuencas y control de la erosión. TRAGSA/TRAGSATEC/Mundi-Prensa, Madrid.
    - Ministerio de Medio Ambiente 2004"Guía para la Evaluación de Estudios del Medio Físico" - Ministerio de Medio Ambiente - Año 2004.

    Competencias
    - Colaborar na aplicación da Avaliación de Impacto Ambiental a nivel de : promotor, Administración, poboación afectada e sociedade en xeral.
    - Planificar a implantación de un Sistema de Xestión Ambiental e as súas auditorías.
    - Planificar o tratamento de un espazo degradado cara a súa recuperación, e en xeral a de calquera degradación ambiental.
    - Traballo en equipa.

    Metodoloxía da ensinanza

    • Aulas maxistrais polo profesorado responsables, e ocasionalmente de profesores invitados.
    • Estudo de casos. Presentación de traballos profesionais reais e discusión
    • Lecturas de bibliografía recomendada ao longo do curso
    • Traballos prácticos, a realizar polos alumnos/as en equipa con a titoría do profesorado responsable..
    • Viaxes de estudo a zonas seleccionadas e con participación de profesionais e outras actores locais.
    • Titorías individuais e en grupo
    • Presentación e defensa pública do traballo por parte dos seus autores.
    • Probas de avaliación, orientadas a comprobar o cumprimento dos obxectivos didácticos por parte do alumnado.


    Sistema de evaluación
    Farase un exame final de toda a materia. O exame terá entre 5 e 7 preguntas curtas, relacionadas con lo explicado nas aulas, e 1 ou 2 exercicios relacionados con os desenvolvidos perante o curso.

    A cualificación final virá dada segundo a seguinte expresión:
    Cualificación exame 60 %; viaxe de prácticas e exercicios relacionados 20 %; asistencia a aulas 20 %

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Dependerá da capacidade e interese do alumno/a, con un mínimo de 70 h


    Recomendacións para o estudo da materia
    Lectura da bibliografía referente á próxima aula, conforme ás indicacións do profesorado.
    Consulta de dúbidas perante o desenvolvemento o unas titorías.
    Repaso da materia explicada na aula e elaboración dunha síntese esquemática.