Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041327 - Procedementos Xerais de Construción (Enxeñaría da Construción) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría da Construción
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
QUIROS NUÑEZ, ENRIQUE CAMILO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS XERAIS :

    Preparar o alumno para o desempeño das funcións propias dun técnico responsable de execución de obra desde o punto de vista técnico e económico.
    •Coñecementos de Procedementos xerais de construción
    •Coñecementos de Maquinaria de eXecución de obras
    •Introdución na organización e planificación de obras

    OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

    •Introducir e capacitar ao alumno para a utilización dos procedementos de construción máis usuais nas obras públicas dos diversos tipos de obras.
    •Tipos e características da maquinaria a utilizar para os diferentes procedementos e actividades construtivas.
    •Ensinar os aspectos que debe coñecer un técnico con responsabilidade na execución de obra en relación coa súa Planificación e Organización Técnico-Económica.
    •Nocións básicas do marco legislativo no que se desenvolven a contratación e a ejecución de obra.

    Contidos
    A materia estrutúrase en dúas partes Procedementos constructivos e maquinaria de construción (6 temas) e Organización e planificación de obra (3 temas), precedidos por un tema inicial de introdución. A continuación, preséntanse os temas xunto a un esquema orientativo da estrutura do temario.

    PARTE 1. PROCEDEMENTOS CONSTRUCTIVOS E MAQUINARIA DE CONSTRUCIÓN

    TEMA 1. TRATAMENTO DE ÁRIDOS.
    TEMA 2. FABRICACIÓN, TRANSPORTE E POSTA EN OBRA DE FORMIGÓN
    TEMA 3. MAQUINARIA DE ELEVACIÓN
    TEMA 4. MAQUINARIA DE MOVEMENTO DE TERRAS.
    TEMA 5. PROCEDEMENTOS CONSTRUCTIVOS DE MOVEMENTO DE TERRAS

    PARTE 2. ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DE OBRA.

    TEMA 6. INTRODUCIÓN Á ORGANIZACIÓN DAS OBRAS.
    TEMA 7. A SEGURIDADE E SAÚDE NAS OBRAS.
    TEMA 8. MEDICIÓNS E ORZAMENTOS.

    PARTE 1. PROCEDEMENTOS CONSTRUCTIVOS E MAQUINARIA DE CONSTRUCIÓN

    TEMA 1. TRATAMENTO DE ÁRIDOS
    1. Introdución
    2. Necesidades de obra
    3. Xacementos posibles
    3.1. Diferenzas entre canteiras e graveras.
    3.2. Exploración de xacementos
    3.3. Selección do xacemento
    3.4. Propiedades físicas dos minerais
    3.5. Normativa aplicable aos áridos para estradas.
    4. Procesamento de áridos
    4.1 introdución
    4.2 Aspectos importantes no deseño dunha instalación
    4.3. Tipos de instalacións
    4.4. Fases do proceso
    4.5. Principios da trituración
    4.6 Calidade dos áridos procesados
    5. Trens de trituración
    5.1 Trituración primaria
    5.2 Acopio intermedio
    5.3 Clasificación intermedia
    5.4 Trituración secundaria e terciaria
    5.5 Clasificación final
    5.6 Tratamento de áridos por vía húmida
    5.7 Cintas transportadoras
    5.8. Alimentadores
    5.9 Ensilado e acopios de produto final
    6. Cálculo de produción. Custos a considerar.
    7. Diagramas de fluxo de instalacións tipo
    8. Medidas de seguridade

    TEMA 2. FABRICACIÓN, TRANSPORTE E POSTA EN OBRA DE FORMIGÓN
    1.- Introdución.-
    2.- Plantas de fabricación de formigón
    3.- Áridos
    3.1.- Almacenamento de áridos
    3.2.- Sistemas de dosificación de áridos
    4.-Cemento
    4.1. Almacenamento de cemento
    4.2.-Sistema de dosificación de cemento
    5. Auga
    5.1. Almacenamento de auga
    5.2. Dosificación de auga
    6. Aditivos
    6.1. Almacenamento de aditivos
    6.2. Dosificación de aditivos
    7.- Mesturadoras - amasadoras
    7.1 Tipo de mesturador.
    7.2 Velocidade de amasado
    7.3 Duración de amasado
    7.4 Capacidade de amasado
    7.5 Número de amasadas por hora
    7.6 Orde de carga dos compoñentes do formigón
    7.7 Dosificación de auga mínima
    8. Sistema de mando e control
    9. Diagrama de ciclos nas plantas de formigón
    10. Transporte
    11. Posta en obra do formigón
    11.1 Bombeo de formigón.
    11.2 Bombas estacionarias
    11.3 Plumas de distribución de formigón
    11.4 Guindastres
    11.5 Cintas transportadoras
    12. Compactación do formigón
    12.1. Teoría xeral sobre vibración
    12.2. Métodos de vibración
    12.3 Regras vibrantes, alisadoras rotativas.

    TEMA 3. MAQUINARIA DE ELEVACIÓN.
    1. Introdución
    2. Guindastres torre
    2.1. Definicións básicas
    2.2. Definicións de compoñentes
    2.3. Movementos
    2.4. Estabilidade.
    2.5. Ensaios. Parámetros.
    2.6. Limitadores e indicadores
    2.7. Instalación e montaxe
    2.8. Utilización (gruísta)
    2.9. Mantemento e revisións, conservadores
    2.10. Historial do guindastre. Inscricións
    2.11. Elección do guindastre Diagrama e características
    3. Montacargas
    3.1. Montacargas mixtos
    3.2. Definicións básicas
    3.3. Campos de aplicación
    4.- Guindastres móbiles autopropulsados
    4.1. Ámbito de aplicación
    4.2. Definicións
    4.3. Requisitos
    4.4. Procedemento
    4.5. Mantemento e revisións. Inspeccións oficiais
    4.6. Historial do guindastre
    4.7. Operador de guindastre móbil autopropulsado
    5. Selección do tipo de guindastre segundo o traballo a realizar

    TEMA 4. MAQUINARIA DE MOVEMENTO DE TERRAS
    1.- Principios básicos.
    1.1.-Cambios de volume.
    1.2.- Diagrama de masas.
    2.- O movemento de terras.
    2.1.- Conceptos.
    2.2.- Tipos de escavacións.
    3. Maquinas de escavación
    3.1. Clasificación e tipos de maquinaria.
    3.2. Equipos de escavación e carga. Palas cargadoras.
    3.3. Equipos de escavación. Escavadoras hidráulicas
    3.4. Escavación e empuxe. Tractores de cadeas
    4. Nivelación. A motoniveladora.
    5. Clasificación e características dos medios de transporte
    5.1. Principais medios de transporte
    5.2 Camións basculantes.
    5.3 Semirremolques basculantes
    5.4 Camións tipo dúmper.
    5.5 Dúmper articulado todo-terreo
    5.6 Dúmper extravial ríxido
    6. Carga e carrexo. Mototraíllas
    7. Estendido e compactación
    7.1 Estendido
    7.2 Compactación

    TEMA 5. PROCEDEMENTOS CONSTRUTIVOS DE MOVEMENTO DE TERRAS
    1.- Introdución.
    1.1 Cubicacións.
    1.2 Estudo xeológico-xeotécnico.
    1.3 Diagrama de masas. Distancia de transporte. Préstamos e vertedoiros. Rede viaria local.
    2.- Traballos previos.
    2.1 Traballos topográficos.
    2.2 Inspección visual.
    2.3 Diagrama de masas.
    3.- Roce. Demolicións. Escarificación e compactación
    4.- Escavación dun desmonte.
    4.1 Escavabilidade dun terreo.
    4.2 Maquinaria e equipos
    4.3 Execución das obras
    5.- Execución de rellenos.
    5.1 Rellenos tipo terraplén e todo - un.
    5.2 Rellenos tipo pedraplén.
    5.3 Terminación e refino da explanada.
    5.4 Refino de noiros.

    PARTE 2. ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DE OBRA.

    TEMA 6. INTRODUCIÓN Á ORGANIZACIÓN DAS OBRAS. PLANIFICACIÓN TÉCNICA E ECONÓMICA
    1 – Organización de obra
    1.1. Obxecto da organización de obra
    1.2. Actuacións previas ao comezo da obra
    1.3. Estudo previo ao comezo da produción
    1.4. Previsión de recursos para o inicio da obra
    1.5. Organización e funcións
    2 – Planificación integrada da obra
    2.1. Planificación inicial
    2.2. Seguimento e revisión da planificación
    2.3. Planificación técnica
    2.3.1. Obxecto
    2.3.2. Sistemas de programación de obras
    2.4. Plan de calidade
    2.5. Prevención de riscos laborais
    2.6. Planificación medioambiental
    2.6.1. Identificación dos aspectos medioambientais
    2.6.2. Requisitos legais
    2.6.3. Actuacións medioambientais
    2.6.4. Coordinador medioambiental
    2.7. Planificación económica
    2.7.1. Introdución
    2.7.2. Fases da planificación económica
    2.7.2.1. Análise do proxecto e da oferta
    2.7.2.2. Planificación económica inicial
    3. Instalacións xerais e específicas
    3.1. Instalacións xerais
    3.1.1. Oficinas
    3.1.2. Almacéns e provisións
    3.1.3. Dependencias de persoal
    3.1.4. Acometidas de saneamento, auga e enerxía eléctrica
    3.1.5. Instalación eléctrica de obra
    3.1.6. Camiños e accesos de obra
    3.2. Instalacións específicas
    3.2.1. Planta de formigón
    3.2.2. Taller de ferralla
    3.2.3. Tratamento de áridos
    3.2.4. Planta asfáltica
    4. Seguimento administrativo da obra
    4.1 Acta de comprobación do replanteo
    4.2. Programa de traballo
    4.3. Relación valorada mensual. Certificacións
    4.3.1. Abonos ao contratista
    4.3.2. Expedición e pago de certificacións
    4.3.3. Prazos. Prórroga e aceleración do prazo
    4.3.5. A revisión de prezos
    4.3.6. Modificacións nos proxectos de obra
    4.3.7. Recepción de obras
    4.3.8. Liquidación das obras

    TEMA 7. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
    1. Introdución
    2. Disposicións legais no sector
    3. Sistema de xestión de prevención de riscos laborais
    4. Diagrama de actuacións
    5. As responsabilidades xurídicas derivadas de infraccións en materia de seguridade e saúde
    5.1. Obrigas do empresario (empresa ou o seu representante)
    5.2. Responsabilidade administrativa
    5.3. Responsabilidade civil
    5.4. Responsabilidade penal

    TEMA 8. MEDICIÓNS E ORZAMENTOS.
    1. Introdución e definicións.
    2. Medicións.
    2.1 Unidades de obra
    2.
    Contidos
    2. Medicións. Criterios de medición
    2.2.1 Medicións Movemento de terras
    2.2.2 Medicións Estruturas
    2.2.3 Medicións firmes e pavimentos
    3. Prezos.
    3.1 Prezos unitarios
    3.2 Prezos auxiliares
    3.3 Prezos descompostos
    3.4 Cadros de prezos.
    4. Orzamentos.
    5. Formatos de medicións e orzamentos. Software

    Bibliografía básica e complementaria
    - Alberto Víader. Manual del contratista de Obras. Colegio de Ingenieros de Caminos, canales y Puertos
    - Manuel Díaz del Río. Manual de Maquinaria de construcción. 2ª Edición Ed. McGraw-Hill.
    - Francisco Ballester. Maquinas de Movimiento de Tierras. Servicio de publicaciones de la Universidad Politécnica de Valencia.
    - Francisco Ballester y Jorge A. Capote. Maquinas de Movimiento de Tierra. Criterios de selección. Universidad de Cantabria.
    - Francisco Ballester Procedimientos generales de construcción. Servicio de publicaciones de la Universidad Politécnica de Valencia.
    - Ignacio Morilla Abad. Plantas de machaqueo y clasificación de áridos.
    - Ignacio Morilla Abad. Plantas de Fabricación de Hormigón y Grava-Cemento. Ministerio de Fomento
    o Pliego de prescripciones técnicas generales para obras de carreteras y
    o puentes, PG-3
    o Instrucción de hormigón estructural (EHE-08).
    - Notas Técnicas de Prevención (INSHT)
    - Fernández Marcos, L., (1996) Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, Editorial DYKINSON , S.L. Madrid
    - Cortés, J. M., Ley de Prevención de Riesgos Laborales y reglamentación de desarrollo Ed. Tébar
    - Simonet Pérez, R.; Mateos Beato, A.; Fernández Perdido. F., PREVENCION DE RIESGOS LABORALES EN LA CONSTRUCCION, Edita Lex Nova S.A.
    - Fernando Valderrama. Mediciones y presupuestos para arquitectos e ingenieros de edificación 2ª Ed. Reverté, 2010
    - Fuentes Bescós, Gonzalo de. Valoración de obras en ingeniería civil. Madrid. Fundación General de la Universidad Politécnica de Madrid, Servicio de Publicaciones de la Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica de Obras Públicas, 2002.

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS:

    Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.

    Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se suscitan na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.

    Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito.

    Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos medioambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito.

    Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valorar as obras públicas en particular e a construción en xeral.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:

    Coñecemento dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de organización, medición e valoración de obras.

    Capacidade de análise da problemática da seguridade e saúde nas obras de construción.

    Metodoloxía da ensinanza
    1 INTRODUCIÓN
    A metodoloxía de ensino que se propón para a materia axústase ás pautas propias do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), que computa as horas totais de traballo do alumno como a suma das horas presenciais e as horas non presenciais. O tempo de traballo non presencial inclúe toda unha serie de tarefas que os alumnos realizan fóra das aulas e que teñen como finalidade a preparación e o estudo posterior das actividades realizadas nas sesións presenciais. As actividades a realizar nesta materia enuméranse e coméntanse a continuación.

    2 CLASES EXPOSITIVAS
    Esta actividade consiste na presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos. Durante as sesións animarase ao alumno a participar activamente nas mesmas, suscitando dúbidas ou a necesidade de profundar en determinadas cuestións. Ademais de asistir e atender ás explicacións, o alumno deberá dedicar un determinado tempo á lectura e preparación previa de cada un dos temas, e ao seu estudo posterior para poder realizar adecuadamente as demais actividades contempladas na materia.

    3 SEMINARIOS INTERACTIVOS
    Durante os seminarios os alumnos resolverán exercicios e casos prácticos relacionados co temario práctico da materia, co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas. Os alumnos traballarán en grupos reducidos, baixo a supervisión do profesor, sendo fundamental unha participación activa por parte de todos os membros do grupo. Ao finalizar a sesión, cada grupo expoñerá os seus exercicios resoltos ao resto de grupos para a súa corrección.

    4 TRABALLOS PRÁCTICOS EN GRUPO
    Durante o curso académico, os alumnos deberán realizar 2 traballos prácticos que consistirán na execución en grupos reducidos dun Estudo de Seguridade e Saúde dun tipo de obra a elixir e un Orzamento completo dun proxecto a seleccionar. Estas prácticas servirán de complemento aos contidos teóricos relacionados co exposto no tema 7, A seguridade e saúde nas obras e no tema 8, Medicións e Orzamentos.
    Os grupos deberán entregar os seus traballos ao profesor para a súa corrección. Trala mesma entregarase a versión definitiva do informe coas correccións e suxestións realizadas polo profesor.

    5 TITORÍAS EN GRUPO REDUCIDO
    As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para planificar cos grupos os traballos prácticos en grupo, aclarar as posibles dúbidas que poidan xurdir durante a súa realización e emendar os posibles erros antes da entrega final. Tamén poden servir para resolver dúbidas relacionadas coas tarefas propostas noutras actividades da materia (seminarios interactivos, clases expositivas, etc.). Constitúen un instrumento fundamental para que o profesor poida verificar o correcto funcionamento dos grupos. Ademais, son un medio de comunicación entre o profesor e os alumnos de gran importancia para o seu proceso de aprendizaxe xa que permite que estes teñan información sobre a súa evolución durante o desenvolvemento do proceso e non ao finalizar o mesmo.

    6 TITORÍAS INDIVIDUAIS
    Durante as titorías individuais os alumnos terán a posibilidade de discutir, comentar, aclarar e resolver dúbidas en relación ás súas tarefas dentro da materia.

    7 VISITAS A OBRA
    Durante o curso académico realizarase unha visita a unha obra ou instalación onde se estean levando a cabo actividades ou procesos relacionados co temario. Antes da visita, o profesor presentará a obra ou instalación a visitar co dobre fin de identificar os aspectos relacionados coa materia que imos poder ver e organizar o traslado e desenvolvemento da mesma. Intentarase coordinar a visita con outras materias de contidos afines.
    Deste xeito, daríase ao alumno unha visión conxunta dos diferentes aspectos da organización e execución dunha obra.

    8 ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
    Os alumnos deberán realizar unha proba de avaliación individual, un exame parcial cunha duración aproximada de 2 horas. No Campus Virtual ao final da exposición de cada tema suscitaranse preguntas e cuestións breves que servirán para autoavaliar os coñecementos teóricos adquiridos. Os alumnos que o desexen poden entregar ditas cuestións resoltas para a súa corrección. Transcorridas dúas semanas resolveranse ditas cuestións no Campus Virtual. O exame parcial será teórico-práctico, e servirán para avaliar a capacidade do alumno para aplicar os seus coñecementos teóricos á formulación e resolución de problemas concretos.

    Sistema de evaluación
    A aprendizaxe a través dos créditos ECTS e a adquisición das competencias asociadas axustarase a unha avaliación continuada, que debe contribuír de forma decisiva a estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.

    Para alcanzar este obxectivo prémiase a regularidade e continuidade no traballo, e avalíanse diferentes aspectos relacionados co proceso de aprendizaxe e os coñecementos adquiridos polo alumno. Os aspectos a valorar son os seguintes:

    1) Asistencia. Contrólase a asistencia a clase pasando unha folla de sinaturas. A asistencia valorase segúndo o seguinte:
    *Asistencia 100%: +0,5 puntos á Cualificación Final;
    *Asistencia inferior ó 75% 0 puntos.
    *Asistencia entre 100% e 75% proporcionalmente á mesma súmanse entre 0,5 e 0 puntos á Cualificación Final.

    2) Proba escrita final. Para a valoración dos coñecementos adquiridos farase un examen teórico- práctico final. Para superar a materia obterase unha cualificación mínima de 5. A ponderación deste aspecto na cualificación final é do 85%.
    3) Traballos prácticos. Proporase a realización de traballos prácticos en grupo sobre Seguridade e Saúde e/ou Medicións e Presupostos. Valoraráse a Capacidade de traballo en equipo, Desenvolvemento de Titorías en grupo e a Presentación do traballo do grupo. Para superar a asignatura débese obter unha cualificación mínima de 5. A ponderación deste aspecto na cualificación final é do 15%.
    4)Participación do alumno nas actividades do aula. Este aspecto valora a Participación na clase e nos traballos en equipo. A Entrega de exercicios propostos de cada tema e a Participación activa en clase por parte do alumnado. A criterio do profesor poderanse sumar ata un máximo de 0,5 puntos segundo a participación .

    Para superar a asignatura a cualificación final debe ser maior ou igual a 5.

    Nota final: Examen escrito x 0,85+Traballo en grupox0.15+Máx. 0,5 (según Asistencia)+Máx. 0,5( segundo participación do alumno)

    REPETIDORES: Mantenranse para o seguinte curso a nota de asistencia e a do Traballo en grupo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia ten unha carga de traballo para o alumno de 6 créditos ECTS. Segúndo o Sistema de Transferencia do Crédito Europeo (1 crédito ECTS = 25 horas de traballo) esta carga tradúcese en 150 horas de traballo totais: 58 horas presenciais e 92 horas non presenciais. O número de horas de traballo non presencial estimáronse aplicando uns factores de contabilización das horas de traballo presenciais asociadas a cada unha das actividades contempladas na materia (Tabla adxunta).

    Traballo presencial na aula Horas

    Clases teóricas................................24
    Seminarios Interactivos....................12
    Traballos prácticos en grupo................6
    Casos prácticos.................................5
    Tutorías en grupo..............................3
    Tutorías individuais
    Visita a obra.....................................5
    Actividades de avaliación...................3
    TOTAL............................................58

    Traballo personal do alumno Horas
    Lectura e preparación de temas..........60
    Realización de exercicios...................24
    Elaboración de traballos.....................16
    Preparación casos prácticos................13
    Presentación traballos en grupo...........9
    Preparación de probas avaliación........20
    Visita a obra......................................5
    Actividades de avaliación.....................3
    TOTAL...........................................150
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir ás Clases expositivas. Realización das cuestións e problemas propostos ao final de cada tema. Realizar o estudo en paralelo ás clases expositivas con un decalaxe máximo de dúas semanas.