Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071329 - Repoboacións Forestais (Planificación e Xestión Forestal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Produción Vexetal
  • Áreas: Produción Vexetal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ LORENZO, JUAN LUIS.SI
Lamosa Quinteiro, Santiago.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo/CLIL_01 HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Achegar coñecementos das técnicas utilizadas nas repoboacións, no manexo de sementes e na produción de planta forestal.

    Conseguir que o alumno escolla e xustifique as técnicas máis apropiadas ante diversos supostos prácticos, realice cálculos de custos de traballo en repoboacións e avalíe económicamente as actuacións.

    Achegar coñecementos dos impactos ambientais asociados á execución dunha repoboación e como avalialos.

    Achegar coñecementos sobre a elaboración de diagramas bioclimáticos e o seu uso en repoboacións forestais.

    Achegar coñecementos básicos da estrutura dun proxecto de repoboación.

    Contidos
    Calidade de planta e material de reprodución forestal.

    Procedementos de desbroza e xestión da vexetación acompañante.

    Procedementos de preparación da estación: mecánicos, herbicidas, queimas.

    Técnicas de sementeira e plantación.

    Casos prácticos de repoboación e restauración forestais.
    Bibliografía básica e complementaria
    Aldhous, JR y Mason, WL (eds.) (1994). Forest Nursery Practice. Forestry Commission Bulletin 111, HMSO, Londres. 268 p.
    Catalán Bachiller, G (1977). Semillas de árboles y arbustos forestales. Monografía Nº 17. ICONA. MAPA. Madrid. 391 p.
    García Salmerón, J (1991). Manual de repoblaciones I. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes. Fundación Conde del Valle de Salazar. Madrid. 794 p.
    García Salmerón, J (1995). Manual de repoblaciones II. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes. Fundación Conde del Valle de Salazar. Madrid. 918 p.
    Molina JL, Navarro M, Montero de Burgos JL y Herranz JL (coord.) (1989). Técnicas de forestación en países mediterráneos. ICONA. Madrid. 663 p.
    Navarro Garnica, M (1980). El catón de los viveros forestales del ICONA. ICONA. Madrid. 104 p.
    Navarro Garnica, M (coord.) (1977). Técnicas de forestación 1975. Ministerio de Agricultura. ICONA. Monografías 9. Madrid. 2ª edición. 211 p.
    Pemán García J, Navarro Cerrillo R (1998). Repoblaciones forestales. Universidad de Córdoba y Universitat de Lleida. 400 p.
    Ramos Figueras, JL (1981). Repoblaciones. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes. Madrid. 315 p.
    Rigueiro Rodríguez y Rodríguez Soalleiro (coordinadores) (1997-2000). Manuales de selvicultura: pino pinaster, eucalipto, pino de Oregón, pino radiata en Galicia, castaño en Galicia, frondosas caducifolias. EPS de Lugo. Proxecto Columella. Área Forestal. Serie Manuales Técnicos. Programa Adapt.
    Ruano Martínez, JR (2003). Viveros forestales. Ediciones Mundi-Prensa. 281 p.
    Serrada Hierro R (2000). Apuntes de repoblaciones forestales. Fundación Conde del Valle de Salazar. Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica Forestal. Madrid. 435 p.

    Competencias
    Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos
    sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades,
    incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do
    medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da
    biodiversidade.

    Coñecemento das bases da mellora forestal e capacidade para o a sua
    aplicación práctica á produción de planta e a biotecnoloxía. (CG 5)

    Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais,
    aplicar e desenvolver as técnicas selvícolas e de manexo de todo tipo de
    sistemas forestais, parques e áreas recreativas, así como as técnicas de
    aproveitamento de produtos forestais maderables e non maderables.
    (CG 6)

    Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar
    proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de
    recoñecemento, valoracións, peritaxes e tasacións. (CG 13)

    Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de:
    Repoboacións Forestais.
    Capacidade para deseñar actuacións de restauración forestal,
    seleccionar procedementos operativos de tratamento da vexetación
    preexistente, preparación do terreo e introdución do material de
    reprodución.
    Capacidade de elaborar propostas de actuación e presupostos de
    traballos.
    Metodoloxía da ensinanza
    Fundamentalmente, método dialéctico. O profesor entrega previamente documentación de referencia ao alumnado ao inicio do curso, establecendo a programación dos diversos temas. Os alumnos preparan os temas e estes son discutidos na clase.
    As clases teóricas refórzanse con clases prácticas de casos prácticos, seminarios de avaliación de impacto ambiental, elaboración de diagramas bioclimáticos, etc, e prácticas de pizarra para resolución de problemas prácticos.
    Apoio de aula virtual.

    Sistema de evaluación
    Avaliación continua: participación nas clases, preparación dos temas, avaliacións periódicas, traballos voluntarios, asistencia a prácticas, resolución de casos prácticos, resolución de problemas da aula virtual.
    Exame final para os alumnos que non superen a avaliación continua.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Calcúlase unha media de 1,75 horas de traballo persoal por hora de traballo presencial


    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir á docencia expositiva
    Acudir a tutorías frecuentemente
    Consultar proxectos de repoboación presentados na escola
    Utilizar bibliografía
    Visitar repoboacións e viveiros