Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041341 - Xestión de Recursos Hidráulicos en Enxeñaría Civil (Intensificación en Hidroloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Hidráulica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
REIGOSA CASTRO, MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer a problemática e os fins da xestión de recursos hídricos e a súa tradución en termos de criterios de planificación, deseño e operación do sistema
    - Coñecer o marco institucional e legal básico en que se desenvolve a xestión de recursos hídricos
    - Comprender a importancia e casuística dos datos hidrolóxicos e o seu papel na avaliación e xestión dos recursos hídricos
    - Coñecer as variables socioeconómicas e ambientais involucradas na xestión de sistemas de recursos hídricos
    - Capacidade para avaliar os recursos hídricos dun territorio
    - Capacidade para dimensionar infraestrutura de regulación e definir regras de operación de sistemas de recursos hídricos
    - Capacidade para analizar o rendemento de sistemas de recursos hídricos baixo distintos escenarios hidrolóxicos

    Contidos
    Recursos hidráulicos
    Avaliación de recursos hídricos
    Estudo de recursos subterráneos
    Estudo de recursos superficiais
    Demanda de auga
    Sistemas de recursos hidráulicos
    Uso conxunto
    Calidade e contaminación
    Recursos e planificación hídrica en España

    Bibliografía básica e complementaria
    - DMA (2000). Directiva 2000/60/CE del Parlamento Europeo y del Consejo de 23 de Octubre de 2000, por la que se establece un marco comunitario de actuación en el ámbito de la política de aguas (DO L 327 de 22.12.2000), 2000.
    - Real Decreto 907/2007, de 6 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de la Planificación Hidrológica.
    - Orden ARM/2656/2008, de 10 de septiembre, por la que se aprueba la Instrucción de Planificación Hidrológica, y su modificación por la Orden ARM/1195/2011, de 11 de mayo.
    - Custodio, Emilio; Llamas, Manuel. Hidrología Subterránea; Omega 2001.
    - Martínez Marín, Eduardo. Hidrología Práctica; Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, 2005
    Competencias
    Coñecemento e capacidade para proxectar e dimensionar obras e instalacións hidráulicas, sistemas enerxéticos, aproveitamentos hidroeléctricos, e planificación e xestión de recursos hidráulicos superficiais e subterráneos

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas, seminarios interactivos, ademais de titorías individuais e en grupos reducidos.
    As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. Os alumnos deberán adicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudo posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumno, dentro de cada unidade programase un control tipo test dos conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, de modo que ó mesmo tempo se asegure que o alumno dispón dos coñecementos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos seminarios interactivos.
    En canto ós seminarios interactivos, estos concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento os alumnos resolverán exercicios e problemas, fundamentalmente en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. Do mesmo xeito, tamén se formularán cuestións de difícil comprensión que deberán ser resoltas polo alumnado.

    Sistema de evaluación
    Recurrirase a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, a nota final da materia, ademáis do exame final, terá en conta os siguientes aspectos:
    - Asistencia e aproveitamento das clases expositivas (probas escritas de control á finalización das diferentes unidades). (Ata un 15% sobre a nota final).
    - Asistencia e aproveitamento dos seminarios interactivos. (Ata un 10% sobre a nota final).
    - Traballos / exercicios entregados e/ou presentados. (Ata un 10% sobre a nota final).

    As porcentaxes anteriores poderán axustarse lixeiramente en función da evolución do curso. Os alumnos serán informados desta posible modificación coa debida antelación.
    Os criterios a seguir na oportunidade extraordinaria de recuperación e para alumnos repetidores serán análogos ós expresados anteriormente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS:
    Traballo presencial no aula:
    - Clases teóricas: 18 horas
    - Prácticas: 18 horas
    - Titoría en grupos: 2 horas
    - Actividades de avaliación: 4 horas
    - Total: 42 horas

    Traballo persoal do alumnado:
    - Lectura e preparación de temas: 30 horas
    - Realización de exercicios: 10 horas
    - Prácticas: 20 horas
    - Elaboración de traballos de curso: 5 horas
    - Preparación de probas de avaliación: 5 horas
    - Total: 70 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter cursadas as materias Hidráulica I e Hidráulica II.
    Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
    Estudio diario da materia.
    Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización na clase.
    Asistencia a titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.