G4071330 - Pascicultura e Sistemas Agroforestais (Planificación e Xestión Forestal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEnúnciase como obxectivo xeral da materia de Pascicultura e Sistemas Agroforestais o conseguir que o alumno, ao remate dos seus estudos, sexa capaz de propor unha xestión adecuada de pastizais e sotobosque despois de describir, analizar e interpretar a realidade na que se integran.
O bo manexo dos montes para a producción de pastos pódese considerar como unha das actividades máis ligadas ao uso do monte dende que se establece a masa forestal ata que se corta a masa, e que o enxeñeiro forestal debe levar a cabo, baseándose nun profundo coñecemento do medio, das técnicas para empregar e do impacto que as súas accións exerzan tanto sobre a produtividade e rendibilidade da propia explotación como sobre o medio, de tal modo que o monte poida cumprir as funcións económica, ecolóxica e social que lle son asignadas.
A Pascicultura e Sistemas Agroforestais son disciplinas científico-técnicas que englobas outras disciplinas básicas e cuxos coñecementos se utilizan como medio para unha xestión máis adecuada do monte.
Dentro do termo máis adecuado, englóbanse toda unha serie de prácticas que han ser desenvolvidas non só de forma eficiente e eficaz senón, ademais, no momento adecuado, co fin de acadar os obxectivos produtivos, ecolóxicos e sociais propostos polos países membros da Unión Europea.
No caso da Pascicultura e Sistemas Agroforestais, a sociedade demandará que os profesionais titulados Enxeñeiros Forestais e do medio natural posúan habilidades, destreza e coñecementos suficientes para manexar de forma sostible o monte en canto á implantación, aproveitamento e mellora de pastos.
Na estruturación da materia tiveronse en conta os criterios que se resumen en:
subordinación á finalidade profesionalizadora
insistencia no desenvolvemento de técnicas e nos contidos conceptuais
fidelidade ao principio construtivista de lograr unha aprendizaxe significativa e estruturada
ContidosBloque I.- Introdución
1. INTRODUCIÓN Á PASCICULTURA. A PASCICULTURA NO ÁMBITO FORESTAL
2 CARACTARÍSTICAS PASCÍCOLAS DOS SISTEMAS SILVOPASTORAIS
Bloque II.- Mellora e mantemento de pastos
3. METODOS DE CONTROL DA COMPETENCIA
4. ENMENDAS
5. FERTILIZACIÓN E FERTILIZANTES
6. FERTILIZACIÓN NITROXENADA E FOSFÓRICA
7. FERTILIZANTES ORGÁNICOS
Bloque III.- Implantación de pastos
8. AS GRAMÍNEAS
9. AS LEGUMINOSAS
10. MESTURAS PRATENSES
11. PREPARACIÓN DO TERREO
12. A SEMENTEIRA DE PRADEIRAS
13 ESTABLECEMENTO DE SISTEMAS AGROFORESTAIS
Bloque III.- Utilización de pastos
14. PASTOREO E SEGA
15. PASTOREO CONTINUO E ROTACIONAL
16. CONSERVACIÓN DE FORRAXES
Bloque IV.- Sistemas agroforestales
17. INTRODUCCIÓN AOS SISTEMAS AGROFORESTAIS EUROPEOS
18. ASPECTOS PRODUTIVOS DOS SISTEMAS AGROFORESTAIS
19. ASPECTOS ECOLÓXICOS DOS SISTEMAS AGROFORESTAIS
Programa práctico de Pascicultura:
Práctica 1. Identificación de especies pratenses
Práctica 2. Visita a sistemas silvopastorais de ovino e nogueira e/ou cerdeira
Práctica 3. Visita a sistemas agroforestais establecidos baixo Piñeiro radiata e Bido
Bibliografía básica e complementariaGarcía, L., Fernádez, C. 1991. Fundamentos sobre las malas hierbas y herbicidas. Mundi-Prensa.
González Hernández, M.P.& Silva-Pando, F.J. 1999. Nutritional attributes of understory plants known as components of deer diets. J. Range Management 52 (2): 132-138 (1999)
González-Hernández, M.P.; Starkey, E.E.; Karchesy, J.2003. Research observation: Hydrolyzable and Condensed Tannins in Plants of northwest Spain forests. Journal of Range Management, 56 (5): 461-465.
Mosquera, A., 1992. Transformación de terrenos de monte gallegos e praderas permanentes. Dosis óptimas de cal para su implantación y mantenimiento. En “100 años de Investigación Agraria!. Ed. Consellería de Agricultura. Xunta de Galicia.
Mosquera, M.R., González, A., Rigueiro A., 1999. Producción y manejo de praderas. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Mosquera, M.R., Rigueiro, A., Romero, R., Piñeiro, J., González, P., López, M.L., 2000. Plantas de los prados del Noroeste de España. US de C. Santiago de Compostela
Muslera, E., Ratera, C., 1991. Praderas y Forraje
Rigueiro, A., 2000. Sistemas silvopastorales en la iberia atlántica. Actas de la Reunión Ibérica de Pastos y Forrajes, 3:649-657.
Rigueiro, A., Silva-Pando, J., Rodríguez, J., Castillón, P., Alvarez, P., Mosquera, M.R., Romero, R., González, M.P., 1998. Manual de sistemas silvopastorales. Universidad de Santiago de Compostela.
Rigueiro A., McAdam J, Mosquera MR, 2009. Agroforestry in Europe. Springer
Sineiro, F., 1978. Establecimiento del pasto por los métodos de mínimo laboreo y no laboreo tras corta o quema del material.
Competencias1.- Planificar unha explotación, utilizando o sistema de pastoreo máis adecuado para os seus fins.
2.- Realizar planificacións anuais, do que deriva ter coñecemento de técnicas de conservación de forraxes en función das condicións climáticas da zona e baseándose nas curvas de produción de pastos.
3.- Ser capaces de indicarlle ao propietario as mellores guías ou recomendacións no manexo diario da súa explotación (cándo ensilar e por qué, cándo cambiar o gando das parcelas, cándo introducilo...), axustes de carga derivados das variacións interanuais das condicións climáticas, de tal forma que non prexudique o pasto, nin ocasione perdas non asumibles pola propia explotación.
4.- Cómo mellorar, recuperar e conservar os pastos.
5.- Realizar planificacións de fertilización indicando non só a dose en función da produtividade requirida e o coidado do medio, senón tamén o momento da súa aplicación.
6.- Cómo crear pastos, incluíndo dentro destas operacións a preparación do terreo, elección de especies e mesturas (o que implica un coñecemento morfolóxico, ecolóxico e biopascícola delas), o cálculo das cantidades de semente, inocular, sementar...
7.- Compatibilización dos pastos e o arboredo.
Metodoloxía da ensinanza Fundamentalmente, a docencia expositiva será de tipo maxistral, tendo en conta os seguintes aspectos de tipo metodolóxico:
Nas actividades docentes utilizaranse as técnicas de:
Introducir organizadores previos, guións das operacións complexas como estruturadores da información. (Ao principio de cada clase realizarase unha contextualización do tema, recordando se fose necesario parte da anterior; os títulos dos distintos apartados dos temas estarán estruturados numérica, secuencial e subsecuencialmente)
Uso de exemplos que conecten a información máis xenérica con outra máis experiencial. (Por exemplo: “a razón pola que se realizan pequenas achegas de Nitróxeno ao longo do ano, en lugar dunha a principios da estación de crecemento como se fai co resto dos elementos fertilizantes estriba no risco de lavado de nitróxeno”.)
Utilización de analoxías que, mantendo o mesmo esquema organizativo, cambien os contidos. (“Aplicaremos ao estudo das masas forestais do xénero Pinus a mesma estrutura que ás do xénero Quercus”.)
Con finalidade motivadora, empregaranse estratexias como:
Organizar os contidos contemplando un arranque motivacional, ben por contraste (por exemplo, explicar os caracteres culturais e autoecoloxía das principais especies pascícolas atendendo á súa diferente distribución xeográfica na península) ou resaltando a súa funcionalidade (“Isto necesitaredes sabelo para realizar un bo fertilizado”).
Propor problemas próximos ao contexto profesional.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación da aprendizaxe será o seguinte:
As prácticas e traballos avaliaranse de forma continua (grupos reducidos) durante o curso, a súa función é orientadora-motivadora. Realizaranse tres exames parciais da parte teórica (80%), unha práctica de identificación de especies pratenses (5% da nota) e recollerase un informe de prácticas ao que corresponderá o 10% da nota; o 5% restante terá en conta o grado de participación do alumno nas clases.
Para superar a materia é imprecindible que o alumnado supere un exame de identificación das principais especies pratenses galegas.
Tempo de estudo e traballo persoalO traballo persoal dedicado á materia por parte do estudante dependerá dos seus coñecementos previos e da súa capacidade para comprender e asumir os conceptos aprendidos. Por termo medio, corresponderá ao indicado no número de créditos ECTS da materia.
Recomendacións para o estudo da materiaEn xeral, e como o enfoque da materia é eminentemente técnico, recoméndaselle ao alumno a asistencia ás clases teóricas e prácticas de forma continuada, que contribuirá a unha formación integral do alumno na materia, potenciando de forma activa non só a adquisición dos coñecementos senón, a través dunha participación activa na clase, poténciase a capacidade de interpretación, asimilación e finalmente de resolver problemas prácticos.
Recoméndase a lectura da bibliografía recomendada e a utilización dos coñecementos adquiridos na clase na avaliación da adecuación da xestión ao medio ambiente actual.
Recoméndase ademais a asistencia a titorías para resolver as dúbidas que lle poidan xurdir.
Recoméndase a lectura dos casos prácticos propostos na documentación entregada a principios de curso para mellorar a fluidez das clases.
ObservaciónsManexo adecuado das TIC e de diferentes tipos de software (excel, word, power point...). Coñecemento en inglés e sobre todo que posúan un gran interese e vontade para desenvolver axeitadamente os contidos da materia. E moi recomendable que o alumnado faga preguntas e que tente resolver as cuestións que se lles plantexen de forma autónoma inicialmente, pasándose a discutir en clase co profesor .