Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071341 - Industrias dos Produtos Forestais non Madereiros (Intensificación en Industrias Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANCHEZ ROCHA, JESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer a importancia doutras industrias forestais non dependentes da madeira
    - Identificación dos produtos forestais non madeireiros máis importantes
    - Coñecer a estrutura industrial de diversos aproveitamentos non madeireiros
    - Coñecer o proceso de produción, extracción e aproveitamento de diversos produtos forestais non madeireiros: a fisioloxía da formación da resina e da cortiza y as súas características
    - Coñecer a produción de produtos non madeireiros en España

    Contidos
    1. Definición de produto forestal non madeireiro
    2. Identificación do volume empresarial de diversos aproveitamentos non madeireiros
    3. Los procesos de produción, extracción e aproveitamento de diversos produtos forestais non madeireiros
    4. Fisioloxía da formación da resina
    - Canais resiníferos
    - Características da resina
    5. A produción de resina e a súa importancia económica
    - A produción de resina no mundo
    - A produción de resina en España
    6. Proceso de fabricación de derivados da resina
    - Fase preparatoria da miera
    - Fase de destilación da miera
    - Obtención de augarrás e colofonia
    - Características dos produtos
    - Influencia da materia prima na calidade final do produto
    7. Formación da cortiza
    - O felóxeno
    - Estrutura da cortiza
    - Características físico-químicas
    - Defectos da cortiza
    - A produción de cortiza e a súa importancia económica
    8. Proceso de elaboración da cortiza
    - A industria de manufactura da cortiza natural: Industria taponeira
    - A industria de fabricación de aglomerados compostos de cortiza

    Bibliografía básica e complementaria
    1. APUNTES DE TECNOLOGIA DE LA MADERA. Santiago Vignote. MAPA

    2. TECNOLOGIA DEL CORCHO. Andres remacha Gete. Visión Libros.

    3. APUNTES DE RESINA Y CORCHO. M. Gaviña. Sin editar.

    4. ANALISIS ESTRATEGICO DEL SECTOR DEL CORCHO. Manuel Lopez Quero. MAPA.

    Competencias
    Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de:
    - Materias primas forestais non madeireiras
    - Procesos industriais de produtos non madeireiros
    - Coñecer as características da cortiza e a resina
    - Identificar os procesos e maquinaria da industria da cortiza e da resina
    - Coñecer a produción mundial de cortiza e resina
    - Recoñecer a calidade da cortiza en función do calibre

    Metodoloxía da ensinanza
    É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na asignatura, así como a amplitude e diversidade de obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.

    Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.

    Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia débese por a disposición do alumno toda a información necesaria, auxiliándose nunha serie de técnicas que lle axuden a desempeñar con eficacia as súas funcións docentes, como: as clases teóricas (maxistrais e seminarios), as clases prácticas, as titorías (en grupos e persoais), as viaxes de prácticas e os traballos individuais.

    Ademais, a asignatura integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Grado.

    Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse unha serie de recursos ou medios didácticos que serven para estimular a atención do alumno e facilitarlle a comprensión, asimilación e aplicación dos coñecementos. Dentro destes medios pódense citar os seguintes: bibliografía, apuntes manuscritos, encerado, medios audiovisuais, visitas a instalacións de produción e visita de persoal profesional alleo á universidade.

    Sistema de evaluación
    - Méritos básicos non imputables na avaliación numérica
    Asistencia a lo menos, ó 80% das clases presenciais (teóricas, titorías e visitas guiadas)

    - Méritos imputables en la avaliación numérica
    Preguntas breves 40 % da nota final
    Preguntas tema 40 % da nota final
    Traballo de documentación 20 % da nota final

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 3,5 horas de dedicación á asignatura, o cal supón un total de, aproximadamente 63 horas. A isto sería necesario engadirlle un complemento de 10 horas para o traballo de documentación.

    É dicir, son necesarias un total de 70/75 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia continuada a clase para tomar nota das explicacións puntuais e aclaracións que o profesor fai sobre la materia

    Recoller información para os traballos individuais de forma progresiva, elaborando estes en contacto continuado co profesor, quen ten que actuar de guía para solucionar dúbidas de contido, forma e presentación dos manuscritos

    Lectura diaria da materia explicada, para, se ben non lograr a súa total comprensión, si para fixar contidos básicos

    Comezar a fase final de estudio da materia con unha antelación suficiente que impida problemas de última hora

    Completar as explicacións de clase coa bibliografía recomendada