G4061221 - Xenética e Mellora (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xenética
- Áreas: Xenética
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecemento e comprensión dos principios da herdanza cara a súa aplicación na mellora productiva e conservación da diversidade biolóxica.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO
Tema 1. Introducción.
Relación da xenética con outras ciencias. Importancia da xenética para as ciencias agrarias.
Tema 2. Material hereditario.
Xenomas de eucariotas, procariotas e virus. Cromosomas. Cariotipo. Propiedades biolóxicas: Replicación. Mitose. Meiose. Expresión xénica. Mutación xénica. Control da expresión xénica.
Tema 3. Xenética mendeliana.
Os experimentos de Mendel. Ley da segregación. Cruzamento proba. Transmisión independente. Teoría cromosómica da herdanza. Xenealoxías.
Tema 4. Ampliacións da xenética mendeliana.
Variacións nas relacións de dominancia. Alelismo múltiple. Xenes letais. Interacción xénica. Complementación. Penetración, expresividade e pleiotropía. Determinación do sexo e herdanza ligada ao sexo. Herencia limitada e influida polo sexo. Herdanza extranuclear.
Tema 5. Ligamento e recombinación.
Segregación de xenes localizados no mesmo cromosoma. Grupo de ligamento. Entrecruzamento xenético. Mapa xenético. Distancia de mapa e frecuencia de recombinación. Mapas de tres puntos. Coincidencia e interferencia.
Tema 6. Mutación cromosómica.
Variacións numéricas e estructurais. Aneuploidías. Euploidías. Duplicacións. Delecións. Inversións. Translocacións. Aplicacións na mellora xenética.
Tema 7. Enxeñería xenética.
Tecnoloxía do DNA recombinante. Xenómica. Tipos de secuencias. Marcadores moleculares. Transxénesis. Aplicacións biotecnolóxicas para a mellora xenética.
Tema 8. Xenética de poboacións.
Frecuencias xénicas e xenotípicas. Diversidade xenética. A lei de Hardy-Weinberg. Consanguinidade. Forzas evolutivas: Migración .Mutación. Selección. Deriva. Xenética da conservación.
Tema 9. Xenética cuantitativa
Variación continua. Varianza fenotípica. Herdanza polixénica. Componentes da varianza xenética. Herdabilidade amplia e estricta. Resposta á selección. Aplicacións na mellora xenética.
PROGRAMA PRÁCTICO
PRÁCTICA I Detección molecular de cromosomas sexuais en vacuno.
PRÁCTICA II Estudio xenético da herdanza de caracteres cualitativos no millo (Zea mays).
PRÁCTICA III Análisis xenético de caracteres cuantitativos en poboacións de lentella (Lens culinaris).
Bibliografía básica e complementaria-ALLENDORF, FW; LUIKART, G. 2008. Conservation and Genetics of Populations. Blackwell Publishing.
-CUBERO JL.2003. Introducción a la Mejora Vegetal. 2ª Ed. Mundi Prensa Libros, Madrid.
-BENITO JIMÉNEZ, C. 2002. 360 problemas de Genética: resueltos paso a paso. Síntesis.
-FITA FERNÁNDEZ, AM. 2008. Genética y Mejora Vegetal. Universidad Politécnica Valencia.
-FALCONER, D.S. 1996. Introduction to Quantitative Genetics. Longmans Green, Harlow.
-FONTDEVILA, A., MOYA, A. 1999. Introducción a la genética de poblaciones. Síntesis.
-GJEDREM T. (Ed) 2005. Selection and breeding programs in aquaculture. Springer, Dordrecht.
-GRIFFITHS, AJF; WESSLER, SR; LEWONTIN, RC; CARROLL, SB. 2008. Genética. McGraw-Hill Interamericana.
-HARTL, D.L. Y JONES, E.W. 2011. Essential Genetics: A Genomic Perspective. (5ª Ed.). Jones and Bartlett Publishers. Sudbury, Massachusetts.
-IZQUIERDO M. 1999. Ingeniería Genética y Transferencia Génica. Ed. Pirámide, Madrid.
-KLUG, WS; CUMMINGS, MR; SPENCER, CA. 2008. Conceptos de Genética. Pearson-Prentice Hall, D.L.
-PIERCE, B.A. 2009. Genética. Un enfoque conceptual. Médica Panamericana.
-PIERCE, B.A. 2011. Fundamentos de Genética: Conceptos y relaciones. Médica Panamericana.
-MENSUA FERNÁNDEZ JL. 2003. Genética: problemas y ejercicios resueltos. Síntesis.
-MARTÍNEZ Y SOLIS. 2010. Mejora vegetal para ingeniería agronómica. Universidad de Sevilla.
-NICHOLAS, F.W. 1998. Introducción a la genética veterinaria. Editorial Acribia, S.A.
-NICHOLAS, FW. 2010. Introduction to veterinary genetics. Wiley-Blackwell.
-NUEZ F Y CARRILLO JM. 2000. Los marcadores genéticos en la mejora vegetal. Universidad Politécnica de Valencia.
- TAMARIN, RH. 1996. Principios de Genética. Reverté.
-VAN VLECK, LD; POLLAK, EJ; OLTENACU, EA. 1987. Genetics for the animal sciences. W.H. Freeman and Company.
ENLACES WEB
•Animacións-videos Xenética http://bcs.whfreeman.com/mga2e/pages/bcs/welcome_10.html
•Recursos Mendelismo/Problemas
http://www.biologia.arizona.edu/mendel/mendel.html
-Herencia mendeliana en animais:
http://omia.angis.org.au/
•Bases de datos de gxenomas e secuencias nucleotídicas (GenBank)
http://www.ncbi.nlm.nih.gov
CompetenciasCompetencias Xerais
• Coñeceiento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes. (CX 7)
• Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamiento crítico. (CX 8)
• Capacidade de liderazgo, comunicación e transmisión de coñecimientos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación. (CX 9)
• Capacidade para desenvolver as suas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humano e natural. (CX 11)
Competencias específicas da materia
Capacidade para coñecer, comprender e empregar principios esenciais para diferentes áreas específicas de:
• Tecnoloxías de Explotacións Agropecuarias: Área de Producción Animal. Xenética e Mellora Animal.
• Tecnoloxías de Hortofruticultura e Xardinería: Área de xenética e Mellora Vexetal
• Tecnoloxías de Mecanización e construccións rurais: Áreas de Producción Animal e Producción Vexetal. Biotecnoloxía e Mellora Animal.
Metodoloxía da ensinanza Utilizarase a Aula da Materia no Campus Virtual-USC para a presentación da programación, contidos e recursos de apoio. Tamén como vía de comunicación cos estudantes en relación á docencia expositiva e interactiva desenvolvida ao longo do curso.
DOCENCIA EXPOSITIVA
-Clases maxistrais: Desenvolvemento dos contidos específicos do programa, con axuda de presentacións PowerPoint específicas por tema, xunto con lousa, animacións, e calquera outro material que axude e facilite a comprensión dos conceptos a estudar.
-Prácticas de laboratorio: Realizaranse tres prácticas cun guión específico que o profesor encargado presentará ao grupo de estudantes. Para cada práctica os estudantes completarán un cuestionario específico a entregar para a súa avaliación.
-Seminarios prácticos: Resolución de casos prácticos e problemas propostos relacionados cos contidos do programa.
-Traballo temático: A desenvolver sobre un tema proposto/noticias en medios informativos relacionados coa materia. Os estudantes presentarán unha memoria do traballo realizado para a súa avaliación.
-Titorías en grupo: Prestarase orientación no desenvolvemento do traballo temático; así como apoio na resolución e discusión de problemas propostos polo profesor.
Sistema de evaluaciónAvaliarase a comprensión dos conceptos fundamentais da materia e a súa aplicación á resolución de problemas:
-Exame final escrito en convocatoria oficial: 70%
-Actividades de docencia interactiva: Elaboración dun traballo temático e resolución de problemas propostos ao longo do curso: 20%.
-Participación activa nas actividades interactivas de laboratorio e resolución dos cuestionarios propostos: 10%.
A cualificación obtida na avaliación continua manterase durante o curso 2013-14. Os alumnos repetidores poderán opcionalmente estar exentos de realizar as prácticas de laboratorio se as superaron no curso anterior.
Tempo de estudo e traballo persoalPresenciais: 50 horas (h)
24 h Expositivas: 24 Interactivas (16 h Seminarios: 8 h Laboratorio): Titorías en grupo: 2 h
Non presenciais: 100 h (factor medio estimado de 2 horas non presenciais por clase). Inclúe o traballo do estudante na preparación continua das clases expositivas e interactivas, a resolución de boletíns, estudo para o exame e elaboración do traballo temático.
Total volume de traballo: 150 horas equivalentes a 6 créditos ECTS
Recomendacións para o estudo da materiaPara mellorar a eficacia na consecución dos obxectivos da materia recoméndase ao alumno:
Asistir ás clases expositivas e interactivas.
Seguimento regular da Aula Virtual da materia.
Consultar polo menos parte da bibliografía proposta.
Estudar regularmente e resolver problemas relacionados con cada tema da materia.
Participar nas clases e titorías: formulación de dúbidas e consultas, seguimento do traballo continuo.