G4061222 - Fisioloxía Vexetal (Bases de Produción Vexetal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía Vexetal
- Áreas: Fisioloxía Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaTras cursala, os alumnos deben ter a capacidade de:
1) Entender os procesos básicos do funcionamento vexetal -centrándose no metabolismo do carbono como base do crecemento primario da planta- e a súa regulación e integración espacial e temporal.
2) Usar os coñecementos adquiridos como base para o estudio doutras materias relacionadas.
3) Analizar criticamente a información que se lles da, baixo distintos enfoques.
4) Aplicar o método científico, de forma que poda resolver problemas novos, manexar a grande cantidade de información a que hoxe ten acceso e facer un análise en profundidade dos distintos fenómenos fisiolóxicos.
ContidosRelacións hídricas, nutrición e transporte nas plantas.
A economía do carbono. Control do rendemento biolóxico e económico das plantas.
Fisioloxía del desenvolvemento. Regulación endóxena e esóxena.
Fisioloxía en condiciones de estres. Fitorremediación.
Introdución a biotecnoloxía vexetal.
Bibliografía básica e complementariaAzcón-Bieito, J. y Talón, M. (eds). 2008 (2ª ed.). "Fundamentos de Fisiología vegetal". McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
Barceló, J., Nicolás, G., Sabater, B., Sánchez-Tamés, R. 2000 (7ª ed.). "Fisiología Vegetal". Ed. Pirámide, Madrid. ISBN 84-368-1521-4
Beltrán, J. P., García Olmedo, F. y Puigdoménech, P. 2003. “Plantas transgénicas”. Ediciones Universidad de Salamanca, Salamanca. ISBN 84-7800-718-0
Buchanan, R.B., Gruissem, W. y Jones, R.L. 2000. “Biochemistry and molecular biology of plants”. American Society of Plant Physiologists, Waldorf. ISBN 0-943088-39-9.
DeVere Burton, L. 2000. “Agrociencia y tecnología”. Paraninfo, Madrid. ISBN 84-283-2647-9. Epstein, E. y Bloom, A. J. 2005 (2ª ed.). “Mineral nutrition of plants: principles and perspectives”. Sinauer, Sunderland (MA). ISBN 0-87893-172-4.
García Breijo, F.J., Roselló Caselles, J. y Santamarina Siurana, M.P. 2006. Introducción al funcionamiento de las plantas. Ed. Univerisdad Politécnica de Valencia, Valencia ISBN 84-9705-944-1.
Hopkins, W.G. y Hüner, N.P.A. 2009 (4ª ed.). Introduction to plant physiology. Wiley, Nueva York. ISBN 978-0-470-24766-2.
Liñan, C. de. 2006 (22ª ed.). "Vademecum de productos fitosanitarios y nutricionales". Ed. Agrotécnicas, S.L., Madrid. ISBN 84-87480-37-3.
Nabors, M.W. 2006. “Introducción a la botánica”. Pearsons-Addison Wesley, Madrid. ISBN84-7829-073-7.
Pallardy S.G. 2008 (3ª ed.). Physiology of woody plants. Elsevier Inc. Amsterdam 978-0-12-088765-1.
Parker, R. 2000. “La ciencia de las plantas”. Paraninfo, Madrid. ISBN84-283-2654-1.
Ridge, I. (ed.) 2002. “Plants”. Oxford University Press, Oxford. ISBN 0-19-925548-2.
Salisbury, F. B., Ross, C. W. 2000. “Fisiología Vegetal”. Paraninfo, Madrid. ISBN 84-283-2718-1.
Taiz, L. y Zeiger, E. 2006 (5ª ed.). "Plant physiology". Sinauer Associates Inc., Sunderland. ISBN 0-87893-831-1. http://5e.plantphys.net/
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS
Coñecemento de materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como una capacidade de adaptación a novas situacións o contornos cambiantes.
Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía y razoamento crítico.
Capacidade para desenvolver as súas actividades asumindo un compromiso social, ético y ambiental, en sintonía coa realidade do contorno humano e natural.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA ASIGNATURA
Comprensión do funcionamento do contínuum solo-planta-atmosfera como un todo enfocado a captación de enerxía e transformación desta en produtos útiles.
Capacidade para coñecer e comprender as bases da produción vexetal e utilizar os sistemas de produción e protección.
Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos de biotecnoloxía vexetal á enxeñaría agrícola (transferencia de tecnoloxía).
Capacidade de decidir, usando os recursos dispoñibles, para resolver problemas traballando en grupos multidisciplinares.
Metodoloxía da ensinanza Explicaranse as leccións sucesivamente, en clase maxistral. Ao final de cada tema debateranse as bases fisiolóxicas das prácticas agrícolas. Requirirase a participación dos alumnos en todo momento, pero máis intensamente nesta parte de aplicación do aprendido no tema.
Como “a experiencia é a madre da Ciencia” as clases prácticas iranse realizando simultaneamente coas teóricas, de forma que o aprendido nas prácticas sirva de anticipo e complemento das clases teóricas.
Sistema de evaluaciónAvaliación teórica: Exame final sobre o contido da materia (40%). Valoración do traballo bibliográfico (20%).
Avaliación de prácticas: Para ser cualificado neste apartado é condición sine qua non i) a asistencia a todas as sesións prácticas programadas (10%), e ii) entregar unha memoria conxunta de todas as prácticas (20%).
Titorías: (10%) Valorarase a evolución do alumno no aprendizaxe pola formulación e a resolución de cuestións nas sesións de titoría.
Cualificación final da materia: Será a suma das notas obtidas na avaliación teórica, práctica e de titorías, segundo o peso establecido en porcentaxe nos parágrafos precedentes.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais
Clases expositivas: 20 horas
Clases interactivas: 20 horas distribuídas en 18 h de prácticas de laboratorio e 2 horas de seminarios
Titorías: 3 horas
Exames: 2 horas
Total horas presenciais: 45 horas
Traballo persoal do alumno
Horas de estudio clases expositivas: 30 horas
Horas de traballo clases interactivas: 5 horas para a preparación dos seminarios
Horas de traballo clases interactivas : 20 horas para a preparación das prácticas
12,5 horas para preparación de exames
Total horas non presenciais: 67,5 horas
Total Horas de Traballo do alumno = 112,5 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Recomendase que o alumno consulte cada tema previamente as sesións, independentemente do carácter das mesmas.
- Para o estudio aconsellase facer táboas ou resumes que relacionen as diferentes partes da materia.
- Un estudio diario facilitará o seguimento das clases e a superación das probas de avaliación.
- Implicación e participación activa n as discusións que se susciten nos diferentes tipos des sesións.
- Manexar a bibliografía recomendada como complemento as clases.
ObservaciónsREQUISITOS PREVIOS RECOMENDADOS
Haber cursado Bioloxía.