G4061223 - Edafoloxía (Bases de Produción Vexetal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecer os factores que inflúen na formación do solo, cales son os seus compoñentes, cómo é a súa organización, así como as principais propiedades físicas, químicas e biolóxicas do solo. Coñecer o sistema de clasificación da FAO e a súa utilidade.
ContidosPROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS
TEMA 1.- CONCEPTOS DE EDAFOLOXÍA E SOLO.
Concepto de Edafoloxía. Concepto de solo. Organización vertical dos solos: Perfil e horizontes. Nomenclatura e definición dos principais horizontes. Organización lateral: Concepto de pedon e polipedon.
TEMA 2.- FACTORES DE FORMACIÓN DO SOLO
Estudio da acción dos factores de formación e da súa influencia nas propiedades dos solos. Clima. Material de partida. Relevo. Organismos. Tempo.
TEMA 3.- O SOLO COMO SISTEMA DISPERSO.
Fases do solo. Definición de fase sólida. Textura do solo. Representación e interpretación dos resultados.
TEMA 4.- A FRACCIÓN MINERAL DO SOLO: FRACCIÓN MINERAL GROSA.
Orixe e composición da fracción inorgánica. A fracción mineral grosa: orixe, función e significado
TEMA 5.- A FRACCIÓN MINERAL FINA.
Orixe, tipos e significado da fracción mineral fina. Compoñentes cristalinos e non cristalinos da fracción fina. Importancia da fracción fina. Capacidade de intercambio iónico. Caracterización do complexo de cambio.
TEMA 6.- A FRACCIÓN ORGÁNICA DO SOLO.
Orixe, contido e composición da materia orgánica do solo. Mineralización e humificación. Tipos de humus. Funcións da materia orgánica no solo. Capacidade de intercambio iónico.
TEMA 7.- AS FASES FLUIDAS DO SOLO.
Formas de auga no solo. Estado enerxético. Aspectos dinámicos da auga no solo. A disolución del solo: orixe, composición e variabilidade. A atmosfera do solo: orixe e composición.
TEMA 8.- ORGANIZACIÓN DO SOLO.
A estrutura do solo. Mecanismos de formación de agregados. Estabilidade estrutural. Degradación estrutural.
TEMA 9.- PROPIEDADES FÍSICAS DEL SUELO
Densidade real e aparente. Porosidade e tipos de poros. Capacidade de aireación. A cor do solo. Propiedades mecánicas do solo.
TEMA 10.- PROPIEDADES QUÍMICAS DO SOLO
Acidez do solo. pH do solo: concepto, significado e métodos de determinación. Acidez natural e inducida. Poder de amortiguación do solo. Corrección da acidez. Salinidade alcalinidade. Estado redox do solo: Principais procesos de oxidación-redución nos solos. Concepto de Eh. Diagramas Eh-pH.
TEMA 11.- O SOLO E A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
Principais nutrientes. Formas e dinámica dos nutrientes no solo. Importancia relativa das reservas minerais e orgánicas.
TEMA 12.- CLASIFICACIÓN DOS SOLOS.
Importancia da clasificación dos solos. O sistema FAO-UNESCO: Principais Unidades de solos.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO, CAMPO E PIZARRA
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Práctica 1.- Determinación da textura e da materia orgánica
Práctica 2.- Determinación de pH e capacidade de intercambio catiónico
PRÁCTICAS DE CAMPO
Práctica 3.- Descrición detallada de perfiles de solo nunha catena sobre xistos nas proximidades do Campus de Lugo.
Práctica 4.- Descrición no campo de perfiles de solo formados sobre diferentes materiais de partida (granitos, xistos, lousas, serpentinitas, anfibolitas, materiais sedimentarios).
PRÁCTICAS DE PIZARRA
Práctica 5. Cálculos relacionados coas propiedades físicas do solo
Práctica 6. Cálculos relacionados coas propiedades químicas do solo
Práctica 7. Clasificación de perfiles de solo
Bibliografía básica e complementariaBRADY N. C., WEIL R. R. 1999. The Nature and properties of Soils. Ed. Prentice Hall. New Yersey.
BREEMEN, N. van. 1991. Soil Acidification and Alkalinization. In Ulrico, B., M.E. Sumner (eds): Soil Acidity. Springer-Verlag.
DOMINGUEZ VIVANCOS, A. 1997. Tratado de Fertilización. Editorial Mundi –Prensa. Madrid.
DUCHAUFOUR Ph., SOUCHIER B. 1987. Edafología.2. Constituyentes y Propiedades del Suelo. Ed. Masson SA. Barcelona.
FAO.: FAO/UNESCO. 1998. Reference Base for Soil Resources. World Soil Resources Report, N. 84, 88 pp. Roma
MUNSELL COLOR COMPANY. 1998. Munsell Soil Colour Charts. Macbeth Division of Kollomorgen Corporation. MaryLand, USA.
PORTA CASANELLAS J., LOPEZ-ACEVEDO REGUERÍN M., ROQUERO DE LABURU C. 2003. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Ed. Mundi Prensa, Madrid.
WILD, A. 1992. Condiciones del suelo y desarrollo de las plantas según Russell. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
PORTA CASANELLAS J., LOPEZ-ACEVEDO, M., POCH, R.M. 2008. Introducción a la Edafologia. Uso y Protección del suelo. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 451 pp.
World referente base for soils resources, 2006. Reports 103. FAO, Rome 128 pp.
Páginas web:
http://edafologia.ugr.es
http://www.unex.es/edafo/
CompetenciasCompetencias xenerais:
Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio agrícola e dos recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamento no ámbito agrícola. Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos na agricultura, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Competencias específicas de la materia:
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das Ciencias do medio físico: Edafoloxía.
Metodoloxía da ensinanza As actividades presenciais estruturaránse en clases expositivas teóricas, clases interactivas (seminarios e prácticas) e titorías. Como apoio ás clases teóricas e ás actividades prácticas proporcionarase ós alumnos material docente axeitado, ben impreso ou ben a través do Campus Virtual.
Nas clases expositivas de teoría o profesor presentará os conceptos teóricos que permitan ó alumno abordar o estudio e compresión da materia. Como apoio utilizaranse os medios audiovisuais adecuados. As clases interactivas son un complemento ós contidos presentados nas clases de teoría. Como complemento utilizarase material adecuado para cada tema.
As titorías en grupos moi reducidos utilizaranse para facer un seguimento dos coñecementos adquiridos polo alumno e, no seu caso, para resolver as cuestións que se formulen.
Sistema de evaluaciónA avaliación da aprendizaxe farase tendo en conta probas teóricas, probas prácticas, traballos individuais, informes de prácticas e asistencia e implicación nas diferentes actividades programadas, das que se indica a continuación os contidos e a porcentaxe sobre o total da cualificación:
TIPO DE TRABAJO PESO EN LA CALIFICACIÓN (%)
Probas escritas 60
Traballo de curso 20
Realización de prácticas + Informe 15
Asistencia e participación activa nas distintas tarefas 5
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo recomendado é de 2 horas de estudio por cada hora de teoría impartida polos profesores. Ademais, dedicaranse unhas 4 h á elaboración da memoria de prácticas, e unhas 15 h para o traballo de curso.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguimento aplicado das clases de teoría. Realización das prácticas de campo e laboratorio. Resolución das cuestións teórico-prácticas que se propoñen. Resolución das dúbidas nas titorías e un estudo continuado da materia.