G4041343 - Presas (Intensificación en Hidroloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Hidráulica
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDando continuidade aos coñecementos adquiridos nas materias de Enxeñaría Hidráulica, nesta materia preténdese mostrar ao alumno unha serie de coñecementos técnicos sobre presas e a súa aplicación a casos prácticos. Os obxectivos da materia son concibir e estudar a viabilidade, proxectar e dirixir a construción de presas. Tamén se inclúe a auscultación e control da seguridade das presas.
ContidosAccións a considerar. Estudo de avenidas. Recoñecemento do terreo.
Tipoloxías de presas. Deseño de presas.
Presas de formigón: presas de gravidade, presas alixeiradas e presas arco.
Presas de materiais soltos.
Vertedoiros e Desaugadoiros.
Construción de presas.
Vixilancia e auscultación de presas
Bibliografía básica e complementaria- Vallarino, E., (2004); Tratado Básico de Presas, Volúmenes I y II; Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos; Madrid.
- CNEG (2003); Guías técnicas de seguridad de presas, Comité Español de Grandes Presas y Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Madrid.
- USBR (1987); Design of Small Dams, U.S.Bureau of Reclamation, Denver
- Reglamento técnico sobre Seguridad de Presas y Embalses.
CompetenciasCoñecemento e capacidade para proxectar e dimensionar obras e instalacións hidráulicas, sistemas enerxéticos, aproveitamentos hidroeléctricos e planificación e xestión de recursos hidráulicos superficiais e subterráneos.
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas, seminarios interactivos, ademais de titorías individuais e en grupos reducidos.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. Os alumnos deberán dedicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán en clase, así como ao seu estudo posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumno, dentro de cada Unidade prográmase un control tipo test dos conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, de modo que ao mesmo tempo se asegure que o alumno dispón dos coñecementos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos seminarios interactivos.
En canto aos seminarios interactivos, estes concíbense como un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento os alumnos resolverán exercicios e problemas, fundamentalmente en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. Do mesmo modo, tamén se formularán cuestións de difícil comprensión que deberán ser resoltas polo alumnado.
Sistema de evaluaciónRecorrerase a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, a nota final da materia, ademais do exame final, terá en conta os seguintes aspectos:
- Asistencia e aproveitamentos das clases expositivas (probas escritas de control á finalización das diferentes unidades). (Ata un 15% sobre a nota final).
- Asistencia e aproveitamento dos seminarios interactivos. (Ata un 10% da nota final)
- Traballos / exercicios entregados e/ou presentados. (Ata un 10% da nota final)
As porcentaxes anteriores poderán axustarse lixeiramente en función da evolución do curso. Os alumnos serán informados desta posible modificación coa debida antelación.
Os criterios a seguir na oportunidade extraordinaria de recuperación e para alumnos repetidores serán análogos aos expresados anteriormente.
Recomendacións para o estudo da materiaTer cursadas Hidráulica I, Hidráulica II e Obras Hidráulicas.
Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
Estudio diario da materia.
Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización na clase.
Asistencia a titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.