G4061224 - Electrotecnia (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaObxectivos específicos
1. Coñecemento e comprensión dos fundamentos básicos da electrotecnia e relación coas aplicacións e necesidades do emprego das instalacións eléctricas.
2. Coñecemento e comprensión das funcións dos elementos básicos dos circuítos eléctricos e a interacción entre eles.
3. Coñecemento e comprensión de circuítos de corrente alterna, monofásicos e trifásicos (equilibrados e desequilibrados).
4. Instalar aparamenta de medida de diversas magnitudes eléctricas e interpretación de resultados obtidos en función das montaxes realizadas.
5. Proxectar e dirixir a instalación de liñas de transporte e redes de distribución de enerxía eléctrica, dende un punto de vista eléctrico, tendo en conta a seguridade do subministro e a normativa vixente.
6. Seleccionar e instalar receptores para forza axeitados e óptimos económica e enerxeticamente no ámbito das súas competencias.
7. Búsqueda autónoma e manexo de materiais didácticos, informáticos, normativos e comerciais de utilidade nos proxectos de instalacións eléctricas empregando métodos tradicionais e novas ferramentas informáticas e de comunicación.
Obxectivos actitudinais
1. Sensibilizar ao alumno na importancia dos riscos das instalacións eléctricas, que son evitados con instalacións correctamente deseñadas e de acordo coa normativa vixente.
2. Sensibilizar ao alumno en relación a deseños axeitados ás necesidades e polo tanto o máis eficientes posible dende o punto de vista da eficiencia enerxética.
Contidos Corrente alterna. Circuítos simples con excitación senoidal. Potencia e enerxía no rexime estacionario senoidal. Sistemas trifásicos. Potencia en sistemas trifásicos. Cálculo de liñas eléctricas e redes de distribución. Regulamentación vixente. Representación de instalacións eléctricas.
Prácticas de electrotecnia: manobra e automatización básicas.
Contidos teóricos
Tema 1. Correntes alternas
1.1. Concepto xeral das formas de onda
1.2. Xeración e valores asociados ás formas de ondas senoidais. Lei de Faraday-Lenz
1.3. Representación complexa dunha magnitude senoidal
1.4. Expresión simbólica da Lei de Ohm
Tema 2. Circuítos simples con excitación senoidal. Métodos de cálculo
2.1. Resolución de circuítos formados por elementos pasivos simples
2.2. Circuíto resistivo puro
2.3. Circuíto capacitivo puro
2.4. Circuíto indutivo puro
2.5. Impedancia e admitancia complexa
2.6. Análise de circuítos en serie e en paralelo
2.7. Resonancia en corrente alterna
Tema 3. Potencia e enerxía no réxime estacionario senoidal
3.1. Potencia e enerxía
3.2. Potencia e enerxía nos elementos pasivos básicos
3.3. Potencia instantánea, media e flutuante nun dipolo pasivo
3.4. Potencias aparente e reactiva
3.5. Potencia complexa. Teorema de Boucherot
3.6. Factor de potencia (f.d.p.)
3.7. Corrección do factor de potencia
3.8. Transferencia máxima de potencia
Tema 4. Sistemas polifásicos
4.1. Definicións
4.2. Sistemas polifásicos empregados na práctica
4.3. Xeración de tensións trifásicas
4.4. Conexión de fontes en estrela equilibrada
4.5. Conexión de cargas en estrela equilibrada
4.6. Conexión de cargas en estrela desequilibrada: desprazamento do neutro
4.7. Conexión de receptores monofásicos e trifásicos a un sistema trifásico de 4 fíos
4.8. Conexión de cargas en triángulo
4.9. Equivalencia estrela triángulo en sistemas equilibrados
Tema 5. Potencia en sistemas trifásicos
5.1. Potencia en cargas equilibradas conectadas en estrela
5.2. Potencia en cargas equilibradas conectadas en triángulo
5.3. Corrección do factor de potencia
5.4. Medida da potencia en sistemas trifásicos equilibrados
5.5. Medida da potencia activa en sistemas equilibrados cun vatímetro
5.6. Medida da potencia reactiva en sistemas trifásicos equilibrados
5.7. Medida da potencia activa e reactiva polo método dos dous vatímetros en sistemas trifásicos de 3 fíos. Método de Aron
Tema 6. Cálculo de liñas eléctricas
6.1. Tipos, materiais e parámetros das liñas eléctricas
6.2. Caída de tensión e diferenza de tensión
6.3. Intensidade máxima admisible por unha liña
6.5. Redes de distribución abertas non ramificadas
6.6. Redes de distribución abertas ramificadas
6.7. Redes de distribución cerradas
6.4. Especificacións regulamentarias. Instalación de enlace
Contidos prácticos
Os contidos prácticos estrutúranse en tres prácticas de 2 horas de duración:
1. Recoñecemento de material e esquemas básicos
2. Arranque directo e arranque estrela-triángulo dun motor asíncrono trifásico
3. Inversión de xiro dun motor asíncrono
Bibliografía básica e complementaria1. Bayod, A. y Sanz, M. Circuitos monofásicos y trifásicos en régimen estacionario senoidal. Ed. Prensas Universitarias de Zaragoza. Zaragoza, 1997.
2. Fernández, Mª D., González, M.A. e Rodríguez, M.R. Fundamentos de electrotecnia. Unicopia, S.L. Lugo, 2004.
3. Fraile Mora, Jesús. Electromagnetismo y Circuitos Eléctricos. Colegio de ingenieros de Caminos Canales y Puertos. Colección Escuelas. Madrid, 1993.
4. González García, M. et al. Ejercicios de electrotecnia. Unicopia. 1998
5. Luna Sánchez, Luis et al. Instalaciones eléctricas de baja tension en el sector agrario y agroalimentario. Editorial Mundi-Prensa. Madrid, 2008
6. Reglamento Electrotécnico de Baja Tensión.
7. Roger Folch , J. et al. 2000. Tecnología Eléctrica. Ed. Síntesis.
CompetenciasCompetencias xerais da materia:
• CX 2. Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministro hídrico e enerxético, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo co seu contorno social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e o seu contorno coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
• CX 7. Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornos cambiantes.
5.2 Competencias específicas da materia:
• Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de enxeñaría do medio rural: cálculo de estruturas e construción, hidráulica, motores e máquinas, electrotecnia, proxectos técnicos.
• Toma de decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares.
• Transferencia de tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
Competencias transversais
• Capacidad de análises e síntese.
• Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
• Utilización da información bibliográfica e da internet.
• Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza desenvolverase mediante a aplicación das seguintes metodoloxías da ensinanza.
Clases expositivas
Empregará o modelo de lección maxistral, onde se incidirá nos aspectos más importantes de cada tema. Empregaranse pizarra e canón de vídeo. Para estudiar cada tema, el estudante disporá do seguinte material ubicado na Aula Virtual da asignatura:
1. Diapositivas das clases teóricas
2. Desenvolvemento do temario teórico
3. Cuestionarios de autoavaliación
4. Outra información de interese
Promoverase a lectura previa á exposición dos temas, preparación e estudo dos mesmos e posterior realización dos cuestionarios de autoavaliación. Requerirase a participación dos alumnos para aclarar dúbidas durante as clases.
Clases interactivas
Fomentarase a participación e traballo do alumno a través da aplicación práctica dos conceptos aprendidos a exercicios e problemas. Empregaranse pizarra e canón de vídeo. Para estudar cada tema, o estudante disporá do seguinte material ubicado na Aula Virtual da asignatura:
1. Boletíns de exercicios resoltos
2. Boletíns de exercicios propostos
3. Outra información de interese
Preténdese que interactúen profesor e alumn@s la resolución dos exercicios e problemas propostos. Este traballo complementarase como traballo persoal coa resolución de exercicios e problemas de forma autónoma.
Prácticas
Realizaránse 3 prácticas de 2 horas de duración, todas elas no laboratorio de electrotecnia. Para o desenvolvemento das mesmas os alumn@s disporán de guións de prácticas a través da aula virtual. As prácticas realiaranse en grupo seguindo as instruccións dos guións de prácticas e as indicacións da profesora. Será necesario a entrega das cuestións planteadas nos guións de prácticas.
Titorías en grupo
Realizaranse dúas titorías en grupo en sesións dunha hora para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia así como o seguimento do traballo realizado polos alumn@s.
Titorías individuais
Os alumn@s poden acudir a titorías individuais a demanda no horario da profesora para calquera cuestión relacionada coa asignatura.
Actividades de avaliación
As actividades de avaliación contemplan:
1. Exame final
2. Exames parciais
3. Traballos e outras actividades desenvolvidas durante o curso
4. Memoria de prácticas
Sistema de evaluaciónEfectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante a realización de 1 exame parcial ao longo do curso, un exame final, traballos ou resolución de problemas de forma individual e/ou por grupos e a memoria de prácticas, que terán o seguinte peso sobre o conxunto da materia.
DISTRIBUCIÓN DA CUALIFICACIÓN
Exames 70%
Traballos e outras actividades desenvolvidas 15%
Asistencia e memoria de prácticas 15%
A porcentaxe dedicada a exames (70%) pódese obter na súa totalidade no exame final. Este exame estará composto por catro partes: c.a. monofásica (30%), c.a. trifásica (40%), liñas (30%). O exame parcial a realizar ao longo do curso dedicarase ás partes de c.a. monofásica e/ou c.a. trifásica e permitirá aos estudantes eliminar esa materia de cara ao exame do primeiro período de avaliación, sempre que a nota obtida sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10. Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases e a memoria de prácticas deberán ser entregadas nos prazos establecidos, que serán como máximo a data do exame de primeiro período de avaliación. Os estudantes que xa cursaran a materia e que entregaran a memoria de prácticas en cursos anteriores non terán que repetilas conservando a nota do curso anterior. Os traballos só terán validez durante o curso académico.
Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos:
• obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación (exames, traballos, memoria de prácticas).
• a nota global obtida como ponderación segundo a táboa dos exames, traballos e memoria de prácticas sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
En caso de que o estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final no segundo período de avaliación examinándose do total da materia, xa que neste non se conservarán as notas do exame parcial realizado durante o curso.
A cualificación de non presentado estará reservada para aqueles alumnos que non posúan cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación.
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS
Clases expositivas: 24.0
Clases interactivas: 6.0
Prácticas: 6.0
Titorías grupo: 2.0
Subtotal: 38.0
Examen e revisión: 4.0
Total : 42.5
HORAS TRABALLO ALUMNO:
Clases expositivas: 39.5
Clases interactivas: 14.0
Prácticas: 1.5
Titorías grupo: 5.5
Subtotal: 60.0
Examen e revisión: 10
Total : 70
HORAS TOTAIS: 112.5
Recomendacións para o estudo da materiaÉ necesario que os estudantes teñan cursado e superada a materia de Física. Asimesmo, recoméndase o dominio do cálculo vectorial, diferencial e integral e as operacións con números complexos. Para o estudo da materia é moi importante o estudo continuado da mesma o cal precisa:
1. Lectura previa dos temas teóricos antes da súa explicación en clase.
2. Atención nas clases teóricas e resolución das dúbidas que xurdan.
3. Estudo dos temas teóricos y resolución dos cuestionarios.
4. Aplicación dos conceptos adquiridos a exercicios e problemas con seguimento da profesora.
5. Resolución de exercicios e problemas de forma autónoma.
6. Realización do traballo de curso.
7. Realización e comprensión das prácticas.
8. Resolución de dúbidas en canto xurdan.
ObservaciónsAs titorías serán mércores de 16:00 a 19:00 h e xoves de 10:00 a 13:00 h no despacho número 14 do pavillón 2, planta 2ª superior. Os estudantes matriculados na materia contarán con atención continuada a través do Campus Virtual. O correo electrónico da profesora é: mdolores.fernandez@usc.es
O idioma empregado será o galego.
A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web (ww.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).