G4041344 - Prefabricación (Intensificación en Construcións Civís) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría da Construción
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer os sistemas de prefabricación que se usan para a construción de estruturas, en edificación, obra civil e industrial
Contidos• Conceptos fundamentais. Evolución da prefabricación. Aplicación, procedementos e normalización. Modulación.
• Materiais:
Formigón.
Aceiro.
• Teoría xeral da prefabricación.
• Prefabricación na edificación.
Forxados
Trabes e pilares.
Cerramentos.
• Prefabricación en obra civil.
Pontes: estribos, pilas e taboleiros.
Obras de contención de terras
Estruturas enterradas, pasos inferiores e túneles: marcos, cajones y bóvedas.
• Prefabricación en estructuras industriais.
• Outros usos da prefabricación.
Bibliografía básica e complementaria• Asociación Científico Técnica del Hormigón Estructural: “Recomendaciones para el Proyecto, Ejecución y Montaje de Elementos Prefabricados de Hormigón Armado”.
• Código Técnico de la Edificación. Real Decreto 314/2006 de 17 de marzo, por el que se aprueba el Código Técnico de la Edificación. (BOE 28-marzo-2006).
• EHE Instrucción de Hormigón Estructural EHE-08. Real Decreto 1247/2008, de 18 de julio.
• Obras de paso de nueva construcción. Ministerio de Fomento 2000.
• Prontuario de estructuras metálicas, 3ª edición, CEDEX, 1994.
• Torroja, E. “Razón y ser de los tipos estructurales” Instituto Eduardo Torroja para la Construcción y el Cemento, 1976.
Competencias• COMPETENCIAS XERAIS: Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das función de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
• COMPETENCIAS ESPECÍFICAS: Coñecemento da tipoloxía e as bases de cálculo dos elementos prefabricados e a súa aplicación nos procesos de fabricación.
Metodoloxía da ensinanza Utilizaranse as metodoloxías docentes xerais recollidas na Memoria do Título de Grao:
• Clases teóricas: desenrolo teórico de conformidade co sinalado na Programación Docente.
• Prácticas: formulación e realización de actividades de carácter práctico.
• Seminarios: preparación en pequenos grupos dun tema e exposición oral.
• Titorías: actividades interactivas de seguimento e resolución dos temas propios da materia.
Sistema de evaluaciónAVALUACIÓN CONTINUA
• Asistencia obrigatoria (a conservar en cursos posteriores no caso de repetidores).
• Probas de avaliación continua (AC), que inclúen actividades, problemas e resolución de exercicios prácticos. Os alumnos deberán resolver correctamente as actividades propostas aplicando os contidos teóricos e prácticos da materia. Ata 10 puntos.
• Realización e exposición de traballo de curso (TC). Ata 10 puntos.
• Exame final (EF) consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia (segundo calendario oficial de la EPS). Ata 10 puntos.
• Os requisitos para aprobar a materia en avaliación continua son:
- Cumprir a totalidade da asistencia.
- Cualificación na exame final maior ou igual a 3.50 puntos.
- Cualificación media (0.20·AC+0.20·TC+0.60·EF) non menor de 5 puntos.
CONVOCATORIA XULLO
• Cumprir polo menos o 50% de la asistencia (non se conservará en cursos posteriores no caso de repetidores).
• Traballos de recuperación no caso de non ter o 100% da asistencia.
• Exame final (EF) consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia (segundo calendario oficial de la EPS). Ata 10 puntos.
• Os requisitos para aprobar a materia en avaliación continua son:
- Cumprir polo menos o 50% de la asistencia.
- Entrega de Traballos de recuperación correctamente resoltos
- Cualificación na Exame final non menor de 5 puntos.
CONVOCATORIA EN CASO DE REPETIDORES
• Os alumnos sen a totalidade de asistencia anterior realizada en curso, seguirán o mesmo sistema de avaliación que no caso de alumnos non repetidores.
• No caso de repetidores coa totalidade da asistencia realizada, poderán seguir o mesmo sistema de avaliación continua que os alumnos non repetidores (sen ser obrigatoria a asistencia), ou presentarse directamente ao exame final ordinario e/ou de xullo, e nese caso deberán obter polo menos 5 puntos para aprobar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Clases teóricas 18
Clases interactivas_Prácticas 9
Clases interactivas_Seminarios 9
Titorías en grupos reducidos 2
Exame 4
TRABALLO PERSONAL:
Lectura e preparación de temas 22.5
Realización de exercicios 15
Preparación previa das prácticas e
traballo posterior sobre as mesmas 9
Traballos de curso 9
Preparación probas avaliación 15
Recomendacións para o estudo da materia• Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
• Estudo diario de la materia.
• Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.