Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041421 - Servizos Urbanos (Enxeñaría Hidráulica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 36.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 76.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes, Enxeñaría Hidráulica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SUAREZ REY, RAFAEL JOAQUIN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo/CLIL_02HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A continuación relaciónanse os obxectivos específicos da materia, vinculados aos novos coñecementos ou habilidades a adquirir coa mesma:nuevos conocimientos o habilidades a adquirir con la misma:

    • Formar aos alumnos nas distintas tipoloxías de espazos urbanos, explicando as súas características en relación coa súa época de xestación e a súa evolución posterior.

    • Familiarizarse cos conceptos básicos do deseño urbano e os estándares urbanísticos.

    • Adquirir os coñecementos básicos para a realización de proxectos de ordenación urbana, nos que se actuei tanto sobre o espazo público viario e non viario, así como sobre os distintos servizos urbanos.

    • Traballar igualmente cos distintos servizos urbanos dende o punto de vista da conservación e explotación.

    • Identificar o proceso construtivo dun proxecto de urbanización.

    • En definitiva que o alumno se identifique totalmente coa importancia que ten a ordenación e servizos urbanos para o bo funcionamento dunha cidade considerando en todo momento a sensibilidade cara ao medio urbano, a accesibilidade e eliminación de barreiras urbanísticas.

    A materia de Servizos Urbanos, entendida como a que ten como un dos seus obxectivos principais capacitar o alumno para o deseño e que construción de obras de urbanización, está intimamente ligada con dous grupos de materias:

    - Por un lado está relacionada con todas aquelas que proporcionan as capacidades técnicas para resolver o deseño do viario, as redes de servizos urbanos ou a planificación do tráfico.

    - Por outra parte, relaciónase coas materias relativas á planificación territorial e urbana posto que os proxectos de urbanización son o último chanzo de calquera desenvolvemento urbanístico.

    Contidos
    O programa teórico da materia de "Servizos Urbanos" dividirase en 3 grandes bloques que comprenden 10 temas.

    BLOQUE I. O ESPAZO PÚBLICO URBANO

    1. ANÁLISE DA ESTRUTURA URBANA
    2. O ESPAZO PÚBLICO VIARIO
    3. O ESPAZO PÚBLICO NON VIARIO

    BLOQUE II. A XESTIÓN DOS SERVIZOS URBANOS

    4. MODELOS DE XESTIÓN DE SERVIZOS URBANOS
    5. TÉCNICAS AVANZADAS PARA A XESTIÓN DE REDES DE SERVIZOS URBANOS

    BLOQUE III. OBRAS DE URBANIZACIÓN

    6. REDES DE ABASTECEMENTO, REGO E PROTECCIÓN CONTRAINCENDIOS
    7. REDES DE SANEAMENTO E PLUVIAIS
    8. OUTRAS REDES E SERVIZOS E A SÚA COORDINACIÓN
    9. MOBILIARIO URBANO E XARDINARÍA
    10. O PROXECTO DE URBANIZACIÓN


    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA

    • SANTAMERA, JUAN A. (2001). Introducción al planeamiento urbano. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. Madrid.
    • MANCHÓN, L. FELIPE, SANTAMERA, JUAN A. (2003). Recomendaciones para el proyecto y diseño del viario urbano. Ministerio de Fomento.
    • MARTÍNEZ SARANDESES, JOSÉ; HERRERO MOLINA, MARÍA AGUSTINA; MEDINA MURO, MARÍA (2003). Guía de diseño urbano. Ministerio de Fomento.
    • ARIZMENDI BARNES, LUIS JESÚS (1991). Instalaciones Urbanas. Infraestructura y Planeamiento. Tomo II: Infraestructura hidráulica y de evacuación de residuos. Ed. Bellisco.
    • ARIZMENDI BARNES, LUIS JESÚS (1995). Instalaciones Urbanas. Infraestructura y Planeamiento. Tomo III 2ª Parte: Infraestructura energética y de comunicaciones. Ed. Bellisco.

    COMPLEMENTARIA

    • ESTEVEZ GOYTRE, R. (2006). Manual práctico de planeamiento urbanístico. Ed. Comares. Granada.
    • LAMÍQUIZ DAUDÉN, FRANCISCO JOSÉ; POZUETA ECHAVARRI, JULIO; SANCHEZ-FAYOS CALABUIG, TERESA; VILLACAÑAS BEADES, SILVIA. (2000). Instrucción para el diseño de la vía pública. Ayuntamiento de Madrid.
    • ESTEBAN NOGUERA, JULI. (1998). Elementos de Ordenación Urbana. Universidad Politécnica de Cataluña.
    • ÁREA DE GOBIERNO DE OBRAS Y ESPACIOS PÚBLICOS. (2009). Normalización de elementos constructivos para obras de urbanización. Ayuntamiento de Madrid.
    • SOBREVIELA VIÑUELAS, MANUEL. (1995). La geometría en el proyecto de aparcamientos. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. Colección Seinor.

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS

    • Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.

    • Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se suscitan na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.

    • Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos medioambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA ASIGNATURA

    • Coñecemento da influencia das infraestruturas na ordenación do territorio e para participar na urbanización do espazo público urbano, tales como distribución de auga, saneamento, xestión de residuos, sistema se transporte, tráfico, iluminación, etc.

    • Coñecemento dos proxectos de servizos urbanos relacionados coa distribución de auga e o saneamento.

    • Coñecemento do marco de regulación da xestión urbanística.

    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES EXPOSITIVAS

    Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos. Durante as sesións animarase ao alumno a participar activamente nas mesmas, suscitando dúbidas ou a necesidade de profundar en determinadas cuestións.

    Nestas clases utilizarase unha presentación en Power Point que servirá tanto para seguir as explicacións como de posterior guía de estudo e complemento á bibliografía básica.

    CLASES INTERACTIVAS EN GRUPO REDUCIDO (SEMINARIOS)

    Resolución de prácticas en grupos reducidos relacionadas co temario práctico da materia, co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas. Estas prácticas considéranse unha parte esencial da materia, posto que están adaptadas ao fin último da materia que non é outro que acadar a competencia para o deseño e construción de proxectos de urbanización.

    PRÁCTICAS DE CAMPO

    Realizaranse visitas a obra durante o curso académico. Antes de cada visita, o profesor presentará a obra en cuestión en clase co dobre fin de espertar o interese dos alumnos e comunicar as cuestións prácticas de organización do traslado.

    TITORÍAS EN GRUPO MOI REDUCIDO

    As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para resolver dúbidas relacionadas coas tarefas propostas noutras actividades da materia (clases teóricas, seminarios interactivos, etc.).

    Sistema de evaluación
    Seguirase o sistema de avaliación continua que inclúe as consideracións seguintes, indicando a súa ponderación e os criterios de avaliación:

    1) Asistencia e participación do alumnado nas actividades da aula: 10%
    2) Proba ou probas, orais e/ou escritas: 40%
    3) Aproveitamento das prácticas: 20%
    4) Traballos entregados e/ou presentados: 30%



    Para aprobar a materia o alumno deberá cumprir as seguintes condicións:

    • Considérase necesaria a asistencia e participación nas clases, nas que se fará un seguimento personalizado do alumno. O alumno non será avaliado se non asiste polo menos ao 75% do conxunto das clases presenciais (expositivas, interactivas e prácticas). Realizaranse controis de asistencia a esas clases.

    • É necesario a realización dos traballos de curso que se propoñan, a entrega dos exercicios que se propoñan nas clases e a realización dos posibles controis breves que se formulen nestas.

    • Obter unha cualificación mínima en cada aspecto de avaliación. A obtención dunha cualificación de non apto nalgunha deles implica a imposibilidade de aprobar a materia nesa convocatoria, conservando a cualificación en cada parte aprobada ao longo do curso académico.

    • Obter unha cualificación global superior a un determinado valor mínimo.

    No caso de que un alumno non supere a materia na primeira matrícula, estará eximido da obriga de asistencia e participación nas clases na porcentaxe anteriormente indicada, sempre e cando na primeira matrícula si cumprise o requisito indicado. Do mesmo modo, estará eximido da entrega das prácticas e traballos que se propoñan no caso de que na primeira matrícula obtivese a cualificación de apto nestes

    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS:

    Traballo presencial na aula:

    • Clases teóricas: 36 horas
    • Prácticas: 36 horas
    • Titoría en grupo: 4 horas
    • Actividades de avaliación: 8 horas

    • Total: 84 horas

    Traballo persoal do alumnado:

    • Lectura y preparación de temas: 61 horas
    • Realización de exercicios: 15 horas
    • Prácticas: 20 horas
    • Elaboración de traballosde curso: 25 horas
    • Preparación de probas de avaliación: 20 horas

    • Total: 141 horas